- Datos Coronavirus
- Acontece
Todos os indicadores da COVID en Galicia rexistran os mellores datos do último mes
A melloría nas cifras asenta nesta fin de semana, cun descenso en número de novos positivos, incidencia acumulada, positividade das PCR e hospitalizacións.
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
O descenso no número de contaxios de COVID alivia un chisco a situación dos hospitais en Galicia
Sanidade informa este sábado de 355 casos novos de coronavirus, consolidándose o descenso aos poucos dos últimos días e relaxando a presión hospitalaria, pero con doce novas mortes máis no cómputo oficial.
Feijóo súmase á sucesión de propostas para os límites ás xuntanzas do Nadal mentres os expertos piden "protexer os vulnerables"
O presidente da Xunta avoga por non contabilizar os e as menores de 10 anos e propón que as limitacións teñan en conta o número de fogares ou de unidades de convivintes que se xuntan e non o número de persoas que os integran. Dende o ámbito sanitario reclámase prudencia no relaxamento das restricións e recoméndase evitar os encontros en espazos interiores con persoas coas que non se convive.
O trámite da creación da primeira universidade privada retorna a Galicia co apoio garantido da Xunta
O Goberno galego e o Parlamento deben agora dar o seu visto bo á creación da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), que tamén deberá adaptar as súas estruturas e funcionamento ao novo decreto do Ministerio, que endurece os requisitos. A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública subliña que “en Galicia non é necesaria unha universidade privada”.
A RAG e o Concello de Sada celebran a protección da biblioteca de Pardo Bazán, pero discrepan sobre o destino dos libros
As dúas institucións discrepan sobre o destino que deben ter eses tres mil libros, avogando a Academia por reunilos cos oito mil volumes que custodia na súa Biblioteca. En cambio, Sada defende que eses libros deben permanecer nas Torres de Meirás
A Fegamp reclama máis financiamento para os Centros de Información á Muller, que atenden 17 mil galegas cada ano
A Fegamp publica o primeiro estudo que analiza a acción destes centros. Destaca a súa intensa actividade, pero tamén as eivas existentes: só o 5% conta con persoal administrativo que alivie o traballo burocrático e hai cinco comarcas moi desatendidas. A entidade reclama maior financiamento da Xunta e garantir por lei un reforzo do seu persoal.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia reduce o número de novos positivos detectados nun dos días con menos PCR no último mes
O Sergas notifica 327 novos contaxios diagosticados por PCR. A incidencia da enfermidade segue a reducirse, aínda que se mantén a porcentaxe de probas positivas. O número de mortes ascende a 1.161, pero diminúe o número de camas ocupadas nos hospitais
O feminismo galego quere seguir nas rúas este 25N, a pesar da pandemia, para visibilizar a violencia machista
En cidades e vilas galegas terán lugar este mércores concentracións e manifestacións que lembran que o a violencia de xénero continúa no contexto da pandemia, que en moitos casos volveu agochar estas situacións no ámbito privado e, ademais, engadiu obstáculos para os mecanismos de denuncia ou apoio ás vítimas
- Datos Coronavirus
- Acontece
A fin de semana axuda a reducir a incidencia da COVID en Galicia, coa cifra máis baixa de novos positivos no último mes
Nas últimas 24 horas notificáronse unicamente 323 infeccións de Covid-19 diagnosticadas por PCR, o número máis reducido dende o pasado 14 de outubro. Baixa tamén a taxa de positividade e o número de camas ocupadas nos hospitais.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A mellora da pandemia de coronavirus estáncase en Galicia, que detecta o mesmo número de casos que hai unha semana
O número de positivos de coronavirus diagnosticados dos últimos sete días (3.701) en Galicia foi superior ao rexistrado nos sete días anteriores (3.543).
O enésimo plan da Xunta para o sector leiteiro choca coas críticas polos baixos prezos e o peche de explotacións
Esta semana presentouse a "nova estratexia do sector lácteo". O SLG denuncia o "triunfalismo inxustificado do Goberno", que se "esforzou en bosquexar unha imaxe idílica do sector lácteo galego que pouco ou nada ten que ver coa realidade".
- Mapa interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta accede finalmente a publicar os casos de coronavirus por concellos e suprime o seu 'semáforo' de alertas
As localidades cunha maior incidencia nos últimos 14 días son Beariz, Cabana de Bergantiños, Mos, Vilalba, Coristanco e Malpica de Bergantiños, todas por riba dos mil casos por cada 100.000 habitantes. Vigo (con 365) é a urbe cunha maior incidencia. 54 concellos non tiveron ningún positivo nas últimas dúas semanas