A contaminación nas cidades galegas redúcese tamén na segunda onda da pandemia, pero menos que na primeira
Nos meses de setembro e outubro os niveis de dióxido de nitróxeno caeron un 42% na Coruña e un 31% en Vigo, fronte aos descensos próximos ao 60% que se produciran en marzo e abril. Ecoloxistas en Acción chama a repensar a mobilidade nas cidades e pide investimentos no transporte público e unha aposta polas peonalizacións e o uso da bicicleta.
A RAG quere "afondar no legado" de Carvalho Calero no 2021 "sen renunciar a homenaxear outro autor ou autora"
O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas serviu como colofón a un atípico ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero marcado pola pandemia de coronavirus. A Academia subliña que o ferrolán representa "o mellor da cultura galega do século XX" e cualifícao como “un referente no que podemos e debemos seguir traballando alén do ano da homenaxe”
Rebelión polo Clima protesta ante empresas en Galicia polo "lavado verde" co que agochan a súa "inacción climática"
Activistas da plataforma, que agrupa a Amigos da Terra, Ecoar, Ecoloxistas en Acción, Enxeñería Sen Fronteiras, Extinction Rebellion, Greenpeace, Nais polo Clima, Verdegaia ou Xuventude polo Clima, levaron a cabo accións en Vigo, Pontevedra ou Compostela contra a Xunta, Repsol, Endesa, Naturgy, Coren ou os bancos Santander e BBVA.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a reducir de vagar o número de contaxios da Covid, con Boiro e As Pontes como principais focos
Este venres detectáronse 301 novos positivos por PCR, unha cifra semellante á dos últimos días e que amosa un freo na recuperación das últimas semanas. Con todo, a porcentaxe de probas positivas mantense por debaixo do 5% e segue a descender o número de camas hospitalarias ocupadas
O Museo de Pontevedra devolve a Polonia “con orgullo e por reparación histórica” dous cadros espoliados polos nazis
As dúas pezas, atribuídas ao pintor holandés Dieric Bouts, foron adquiridas "de boa fe" polo Museo a través da colección Fernández López e unha investigación recente descubriu a súa orixe. As obras estaban na sala de reserva e serán expostas ao público no mes de xaneiro para “darlles unha despedida con todas as honras”
- Mapa interactivo Coronavirus
- Acontece
As restricións reláxanse nas cidades de Lugo e Pontevedra ante a redución do número de casos de COVID
A Xunta alivia tamén as medidas de prevención en vilas como Marín, Poio, Narón, O Porriño, Ribadavia, Xinzo de Limia e, pola contra, enduréceas en Sarreaus, A Rúa, Camariñas, Zas, Tomiño e O Rosal. A cidade da Coruña mantén as actuais limitacións á mobilidade.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia reduce o número de camas hospitalarias ocupadas por pacientes COVID e mantén a positividade por debaixo do 5%
A maior parte dos indicadores da pandemia melloran cando estamos a menos de dúas semanas das festas de Nadal. Con todo, seguen a rexistrarse case 300 novos positivos cada día. As camas de UCI ocupadas baixan de 62 a 51 na última semana, especialmente nas áreas sanitarias da Coruña, Ourense e Ferrol
Sindicatos alertan de que a nova Lei de Educación "condena á precariedade" a un gran grupo de docentes de FP
STEG e CIG-Ensino piden a modificación da norma, que supón a extinción do profesorado técnico de Formación Profesional e que podería levar á extición ou á "mingua de dereitos" daqueles mestres e mestras que non conten coa titulación esixida para as súas especialidades
- Datos Coronavirus
- Acontece
O INE apunta que a COVID puido causar na primeira onda en Galicia cen mortes máis que as rexistradas oficialmente
A estatística recolle 719 falecementos de persoas ás que se lles detectou a presenza do coronavirus ou das que se sospeita que morreron despois de contraer esta enfermidade. As cifras achegadas ata agora polo SERGAS e o Ministerio de Sanidade limitaban a 616 as defuncións ligadas ao virus en Galicia.
Dez consellos para evitar contaxios nun Nadal no que a clave será a "responsabilidade individual"
Xunta de Galicia e Ministerio de Sanidade apelan á "corresponsabilidade" de toda a poboación para limitar dentro do posible os riscos de propagación da Covid-19 nos encontros familiares, para os que as voces expertas levan semanas facendo unha serie de recomendacións
Radiografía da páxina máis negra da COVID: 1.257 mortes en Galicia, con máis falecementos na segunda onda da pandemia
As áreas sanitarias de Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol rexistran moitas máis defuncións na segunda onda que na primeira. Dende o verán, 4 de 10 falecementos corresponderon a persoas usuarias das residencias de maiores.
Lugo é a única provincia peninsular no nivel baixo de alerta por COVID
O Ministerio de Sanidade publica unha actualización dos indicadores que determinan o 'semáforo' de alertas, no que Galicia se atopa no nivel medio, igual que Navarra e só por riba das Illas Canarias.