"A aula virtual non funciona": familias dun instituto compostelán piden reforzos de profesorado para garantir a presencialidade
Nais e pais do alumnado de 1º de Bacharelato do IES Antonio Fraguas envían unha carta ao conselleiro de Educación para reclamar os seis docentes que a Xunta denegou no verán. Denuncian que as eivas no funcionamento da semipresencialidade supoñen un agravio comparativo para os seus fillos e fillas con respecto ao resto de estudantes
O 12,5% das persoas con emprego en Galicia viven na pobreza
O emprego a tempo parcial, a precariedade e a temporalidade impiden que 130.000 traballadores e traballadoras galegas saian da pobreza, denuncia un informe de Cáritas, que alerta de que 380.000 fogares viven con grandes dificultades en Galicia
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
A taxa de positividade das PCR en Ourense continúa a medrar e supera o 10%
Na última semana, a porcentaxe de probas positivas de coronavirus en Ourense creceu do 9,5% ao 11,16%, pero tamén o fixo no resto de áreas sanitarias galegas, sobre todo en Santiago.
O Concello de Verín e os hostaleiros da localidade acordan pechar bares e terrazas durante 10 días para conter o coronavirus
A vila suma 74 casos, o que equivale a unha incidencia acumulada de 540 casos por cada 100.000 habitantes. O Goberno municipal e os locais chegaron a esta decisión "cun amplo consenso" ante o incremento dos contaxios nos últimos días.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A pandemia de coronavirus segue a agravarse en Ourense, que suma máis dun terzo dos pacientes hospitalizados en Galicia
Cun 10% da poboación galega, a área sanitaria ourensá acumula 79 dos 237 positivos de covid ingresados. O efecto da fin de semana leva a unha redución dos novos positivos detectados nas últimas 24 horas, pero o número de casos activos medra na maior parte de Galicia.
A prensa dixital foi o primeiro medio para informarse das eleccións do 12X entre a poboación menor de 45 anos
No conxunto da poboación a televisión foi o soporte máis empregado, por diante dos xornais online, segundo o estudo postelectoral do CIS. A moita distancia apareceron a prensa impresa, as redes sociais e a radio.
Os datos do coronavirus que outras autonomías publican e a Xunta, non: Galicia segue na opacidade
A nova web de datos da Covid presentada este venres polo Sergas mellora moito a situación anterior, na que o Goberno galego case non proporcionaba información pública. Porén, a falta de formatos abertos e a ausencia de datos por concellos, ademais doutros indicadores que outras comunidades si ofrecen afastan a Galicia da necesaria transparencia
Alcoa anuncia o peche da planta de aluminio de San Cibrao e o despedimento de 524 traballadores
A multinacional estadounidense, que tamén levará a cabo a hibernación das cubas de electrólise, defende que nos últimos meses "negociou de boa fe", a pesar de que persoal, sindicatos e administracións acusan a empresa de ter bloqueado unha posible venda da factoría ao grupo Liberty
- Mapa Coronavirus
- Acontece Ourense
A incidencia do coronavirus na cidade de Ourense supera os 500 casos e Sanidade alerta da "irradiación" a outros concellos
O Concello de Ourense "presenta unha incidencia 5 veces superior á de Galicia", sinalou a Xunta este mércores, destacando que no Barco de Valdeorras é mesmo superior, por riba dos 600 casos por cada 100.000 habitantes. A Consellaría advirtía ademais do risco engadido que supón o envellecemento destas zonas
O 45% dos votos ao BNG decidíronse na campaña electoral, segundo o CIS, que sitúa Ana Pontón como líder máis valorada
A voceira nacionalista supera en valoración a Núñez Feijóo en todas as franxas de idade agás nas persoas de máis de 65 anos. O estudo postelectoral do CIS subliña o impacto do coronavirus nos comicios do 12X e a diversidade dos apoios ao Bloque, cunha maioría de votantes que din sentirse "tan galegos/as como españois ou españolas".
Os delitos contra a liberdade sexual duplicáronse en Galicia nos últimos tres anos
O delito de abusos sexuais é o que máis aumenta dende o ano 2016 (pasou de 302 casos a 794), pero tamén o fan de forma moi importante as agresións sexuais (de 287 a 590). Con todo, o número de sentenzas no 2019 foi inferior ao de 2017.
A Xunta confina os concellos de Ourense e Barbadás para frear os contaxios de coronavirus
En Verín, O Barco de Valdeorras e a comarca do Carballiño prohíbense as xuntanzas de persoas non convivintes, tamén restrinxidas en Ourense e Barbadás. 54 concellos da provincia ourensá incrementan as súas restricións. A área sanitaria duplica a incidencia media da covid no conxunto de Galicia