"Ninguén preguntou nunca quen coida as crianzas, porque ese traballo era das mulleres. Por iso os seus problemas non importan"
A pasada semana Maternidades Feministas presentou o seu Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan á maternidade, un estudo sobre as distintos obstáculos e agresións que sofren embarazadas e nais, con exemplos de violencias institucionais, económicas, psicolóxicas ou culturais, ademais da propia violencia obstétrica. Falamos coa súa coordinadora.
Investigal denuncia que a Xunta "desmantela" o principal programa de contratación postdoutoral do sistema galego de ciencia
O colectivo advirte de que a última convocatoria de contratos posdoutorais "precariza aínda máis a investigación en Galicia, diminuíndo as posibilidades de progresión e limitando o atractivo de Galicia para iniciar a carreira investigadora", cunha redución no número de axudas e na súa remuneración económica
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os casos de COVID medran con forza na Coruña, Santiago, Ourense e Ferrol e esténdense por Galicia
A incidencia duplicouse na cidade herculina nos últimos dez días. Ademais, cada vez son menos os concellos libres de coronavirus, pois a mobilidade que se produciu durante o Nadal contribuíu a levar a pandemia a zonas que ata entón estaban libres de infeccións
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
As vacacións de nadal elevan de 846 a 1033 os casos de COVID nos colexios e obrigan ao peche de seis centros
Este venres detectáronse 187 casos activos máis dos que había o pasado 22 de decembro. Hai seis escolas infantís pechadas na súa totalidade e 19 aulas sen actividade por mor dos contaxios de coronavirus.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os contaxios de COVID dispáranse en Galicia con 800 novos positivos nun só día, no seu máximo dende o inicio da pandemia
A taxa de positividade supera o 8% e tamén está no seu valor máis elevado dende marzo. Os datos comezan a recoller os contaxios que se produciron na Noiteboa e no día de Nadal
- Datos
- Acontece
71 concellos galegos perderon máis de 1 de cada 5 habitantes na última década
Dozón, cuxa poboación diminuíu nun 40%, encabeza os descensos. Con todo, Ferrol, Ourense e Marín foron as localidades que máis persoas empadroadas perderon en termos absolutos. En cambio, Ames, Compostela a área metropolitana da Coruña foron as zonas que máis medraron.
A Xunta endurece as restricións en Santiago, A Coruña e Ourense, limitando ás 18 horas a apertura da hostalaría
As novas medidas afectan tamén a varios concellos da contorna das tres cidades: Ames e Teo, Arteixo, Culleredo e Cambre, e mais Barbadás. Ourense pasa a ter peche perimetral. A Consellaría de Sanidade non impón novas medidas no resto do país, pero recomenda realizar un "autoconfinamento preventivo", limitanto ao máximo a mobilidade e as interaccións sociais.
A taxa de positividade continúa a medrar e supera o 8%, cun aumento no número de contaxios na Coruña e Compostela
O número de camas de UCI ocupadas por pacientes COVID nos hospitais galegos acada o seu máximo dende o pasado 5 de decembro. A pesar de que a sucesión de festivos está a invisibilizar o empeoramento da situación, a incidencia acumulada medrou un 23% nos últimos cinco días
- Datos Coronavirus
- Acontece
A pandemia de COVID segue a agravarse en Galicia, con 639 novos casos á espera do efecto do Nadal
Dende o pasado 19 de novembro non se notificaban tantos contaxios en Galicia. A taxa de positividade rolda o 8% e o número de pacientes hospitalizados continúa a medrar. A Coruña convértese na cidade con peores datos, á espera do endurecemento das restricións que se decidirá este venres
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de casos de COVID medra nas cidades galegas, encabezadas por Santiago, A Coruña e Ferrol
A taxa de positividade segue a subir en Galicia, nunha nova xornada con poucas probas PCR (4.209) e 300 novos positivos. A ocupación hospitalaria tamén aumenta, á espera das consecuencias do relaxamento das medidas de prevención nas festas de Nadal
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
32 concellos teñen incidencias da COVID por riba dos 400 casos que duplican a media galega
Xove, Lobeira, A Illa de Arousa e Vimianzo, unha localidade de cada provincia, son os concellos galegos con máis casos por habitante. Con todo, preocupa máis a situación en vilas como Verín, Boiro, Bueu, Tomiño ou Rianxo e tamén nas cidades da Coruña e Santiago. A Consellaría de Sanidade decidirá este venres se endurece as restricións.
A Xunta autoriza a mobilidade no día de Reis por motivos familiares en toda Galicia
A Consellaría de Sanidade non endurece as restricións a pesar do aumento de casos e agardará a este venres para adoptar novas medidas, avaliando nese momento a evolución epidemiolóxica. Carnota e As Pontes pasan ao nivel básico de restricións, suprimindo o peche perimetral, e Narón ao nivel medio. As comarcas da Coruña e Santiago pasan a estar baixo "vixilancia especial "