O Supremo equipara os contratos de investigación predoutorais con "contratos de prácticas" e réstalles dereitos
A Asemblea de Investigadoras de Compostela critica que o ditame, que invalida a decisión contraria adoptada polo TSXG o pasado ano, "condena o persoal investigador a volver a un pasado máis precario". O colectivo cualifica a sentenza de "anacrónica" e un paso atrás na dignificación das súas carreiras.
- Entrevista | María Xosé Porteiro
- Movementos sociais Vigo
"Teño a cabeza chea de cicatrices de tanto petar contra os teitos de cristal"
María Xosé Porteiro foi galardoada polo Consello Municipal da Muller de Vigo co Premio Ernestina Otero, cuxo acto de entrega foi aprazado polo coronavirus. Falamos con ela sobre a súa traxectoria, na que foi moitas veces pioneira no mundo do xornalismo ou da política, e sobre os retos actuais do movemento feminista.
O Xulgado obriga a Xunta a reabrir Primaria nunha escola rural tras suprimir a unidade co prazo de matrícula finalizado
A sentenza, que recoñece o dereito de Educación de inhabilitar este ciclo, sinala que a Consellería nunca comunicou de forma expresa a súa decisión ás familias, que se presentaron coas súas fillas o primeiro día de curso na Escola de Verducido (Pontevedra) coa intención de comezar as clases e que nese momento descubriron que xa non había mestre.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a incrementar as mortes e ingresos en UCI pola COVID, pero reduce os novos casos e porcentaxe de probas positivas
As restricións adoptadas nas últimas semanas están a producir un descenso no número de novos casos, que se sitúan lixeiramente por riba dos 500 positivos diarios. Porén, os casos máis graves continúan en ascenso, sumando 1.046 mortes dende o inicio da pandemia, cun aumento de 7 nas últimas 24 horas. Son 157 falecementos nos últimos 15 días, máis de dez por día
A Xunta defende a súa xestión nas residencias de maiores, a pesar das críticas de familias e traballadoras
Política Social afirma que "a día de hoxe as residencias de Galicia están máis preparadas para facer fronte a unha enfermidade infectocontaxiosa". Porén, dende agosto 174 usuarios e usuarias das residencias morreron despois de contaxiarse da Covid-19, o 42% de todos os falecementos relacionados coa enfermidade
A Galicia post-Prestige chega á maioría de idade: 18 anos da catástrofe
O 13 de novembro do ano 2002 o Prestige comezou a escorar, dando inicio a unha traxedia medioambiental que provocou tamén a máis importante mobilización social da historia de Galicia. Pasaron xa 18 anos pero algunha das consecuencias daqueles feitos aínda manteñen a súa pegada na sociedade galega
A residencia de Celanova abre a porta á incorporación das familias e do persoal na súa xestión tras un acordo co Concello
A asociación de usuarios de residencias REDE celebra o pioneiro movemento, que facilita que "por vez primeira en Galicia familiares tomen parte de forma directa na xestión dun centro sociosanitario de titularidade público-privada"
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
"Tiveron tempo dende marzo para reforzar as residencias con persoal e non fixeron nada. Isto non tería que estar pasando"
Nos últimos días a asociación de traballadoras de residencias Trega denunciou as malas condicións nas que viven os usuarios e usuarias dun xeriátrico de Salvaterra do Miño intervido pola Xunta, pero a falta de persoal e de medios afectan a moitos outros centros. Falamos con Sonia Jalda, que sinala a responsabilidade do Goberno galego
O límite de 30 km/h en todas as vías urbanas: a medida que naceu en Pontevedra e outras cidades galegas comezaran xa a aplicar
Este martes o Goberno central aprobou a medida, que será obrigatoria no prazo máximo de seis meses. Varias cidades galegas xa comezaran a aprobar actuacións que ían nesta dirección. Pontevedra converteuse no ano 2011 na primeira cidade de todo o Estado que fixou o límite de '30' en todo o espazo urbano, adoptado tamén pola Coruña esta primavera
Atrasos no rastrexo levan a que docentes acudan a clase varios días sabendo que son contactos estreitos dun positivo de COVID
Falamos con Begoña, mestra no IES Menéndez Pidal da Coruña, que non foi autorizada a gardar corentena tras confirmarse un positivo doutra profesora, da que era contacto estreito. Só puido facelo cinco días despois, cando recibiu a chamada dos rastrexadores, que lle indicaron que debería telo feito dende o primeiro momento.
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
Do verde ao vermello: a Galicia urbana entrou nun mes na máxima alerta por COVID dos cuestionados mapas da Xunta
Na actualidade hai 45 concellos en nivel vermello, 28 en nivel laranxa e 42 en nivel amarelo. Porén, o sistema empregado polo Goberno galego non é un bo indicador da situación real en cada concello e corre o risco, ademais, de ser confundido cos niveis de restricións aplicados en cada localidade
Apenas seis de cada cen persoas en risco de pobreza en Galicia reciben rendas mínimas de inclusión
A Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais vén de difundir o seu informe anual, que revela que o alcance e contía da RISGA e outras axudas están por debaixo da media estatal. A entidade reclama ao Goberno central que integre de maneira automática as persoas perceptoras destas rendas no Ingreso Mínimo Vital