- Entrevista | F.Caamaño e J.Gestal Coronavirus
- Acontece
Epidemiólogos cren necesario un confinamento para evitar a saturación dos hospitais e garantir o éxito da vacinación
Preguntámoslles aos profesores de Saúde Pública da USC Francisco Caamaño Isorna e Juan Gestal sobre a gravidade da actual situación, a eficacia das medidas adoptadas ata o momento por Xunta e Goberno central e sobre as consecuencias da terceira onda da pandemia no sistema sanitario e no proceso de vacinación
55 concellos máis pasan ao nivel máximo de restricións, entre eles Vigo e Pontevedra
Un total de 115 localidades, nas que vive o 72% das poboación galega, terá así as medidas máis duras, que implican limitacións de mobilidade, coa prohibición de entrar e saír do termo municipal, e o peche de toda a actividade interior da hostalaría.
Os colectivos de persoal investigador piden que a Xunta rectifique os recortes que aplicou na nova convocatoria de contratos
Investigal e a Asemblea de Investigadoras de Compostela denuncian que o Goberno galego limita o número de prazas, a contía dos salarios e o número de horas de docencia e reaccionan á resposta da Consellaría de Educación, que defende que a convocatoria "é a maior da historia"
'Unión Libre' publica as cartas enviadas durante 30 anos por Luz Pozo Garza, "sempre rebordantes de luz"
A revista dedica o seu número 25 a recoller a correspondencia que dende 1989 mantivo a poeta con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, misivas que inclúen poemas inéditos e debuxos, un fermoso "conxunto artístico e poético cheo de sorpresas", que "tan ben define a personalidade" da autora finada o pasado mes de abril
15 preguntas e respostas sobre a vacinación contra a Covid-19
A vacinación iniciouse en Galicia o pasado 27 de decembro e continuará durante todo o ano 2021, buscando limitar ao máximo a circulación e efectos do virus e acadar unha inmunidade de grupo. Hai moitas preguntas sobre as vacinas e a información é sempre o mellor instrumento contra os bulos, fake news e alburgadas. Velaquí algunhas delas
O 2020 marcado pola COVID incrementou en dúas mil as mortes de persoas maiores de 75 anos
No conxunto do ano morreron en Galicia 33.118 persoas, case dúas mil máis que as falecidas no ano 2019 (31.189). O incremento da mortalidade concentrouse nas persoas maiores de 75 anos
O encarecemento dos alugueiros en Galicia continuou ao mesmo ritmo no 2020 a pesar da crise do coronavirus
O pasado ano rexistráronse subas do 5% ou 6% na Coruña, Vigo, Compostela e Pontevedra e do 4% no conxunto do país, cifras moi semellantes ás dos tres anos anteriores. Dende o 2015 os prezos medios en Galicia subiron máis de 100 euros e máis aínda nas grandes cidades
O Sergas apraza cirurxías non urxentes para liberar camas de UCI ante a terceira onda da pandemia
Dende o luns, a Consellaría de Sanidade está a reprogramar operación non urxentes nas áreas sanitarias da Coruña, Santiago e Ferrol. O número de camas de UCI ocupadas por pacientes Covid é de 82 e o número achégase xa ao máximo acadado na segunda onda
As universidades galegas manteñen os exames presenciais e defenden a "seguridade" ante a COVID
Nas últimas semanas, grupos de estudantes impulsaran iniciativas na rede reclamando que os exames de xaneiro se puidesen realizar de forma online. Porén, manterase a presencialidade co obxectivo de asegurar a igualdade de oportunidades, incrementando as medidas para evitar contaxios
Un estudo publicado na revista Nature reflicte a baixa calidade das masas forestais en Galicia
A investigación analizou a degradación provocada pola acción humana sobre as zonas arbóreas. No teritorio galego unicamente algunhas áreas nas serras dos Ancares, Courel, Enciña da Lastra, O Invernadoiro, Candán, manteñen unha maior "integridade", libres de repoboacións con eucaliptos e piñeiros
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra máis de mil casos da COVID en 24 horas por primeira vez dende o comezo da pandemia
A incidencia acumulada achégase aos máximos da segunda onda, nun crecemento que continuará. Todas as cidades empeoran os seus datos e A Coruña, Santiago, Ourense e Ferrol duplican os seus casos dende Noiteboa. Nos últimos dous días houbo 24 mortes. A ocupación de camas nos hospitais aumenta un 25% en catro días.
Isaac Díaz Pardo dá nome a unha rúa na cidade arxentina de Magdalena, onde creou unha fábrica de cerámica en 1957
A proposta, nacida dunha iniciativa da escritora Loli Beloso, foi aprobada por unanimidade e serve para lembrar este proxecto, que estivo activo máis dunha década e que puxo as bases do Laboratorio de Formas e Sargadelos. Outra rúa toma o nome de Santos Casado e Manuel López de Ben, dous dos seus máis estreitos colaboradores