A iniciativa por unha "televisión en galego para crianzas e mocidade" bota a andar con grandes apoios
As principais asociacións da cultura galega, editoriais, sindicatos do ensino, entidades culturais e artistas de referencia para os máis pequenos e pequenas súmanse á Mesa no grupo impulsor dunha proposta que busca levar ao Parlamento a demanda cunha canle 24 horas de programación infantil e xuvenil, seguindo o espírito do Xabarín Club.
Un instituto coruñés traslada clases ao patio ante a falta de espazo nas súas instalacións
Un dos ciclos formativos do IES Ramón Menéndez Pidal pasou toda a mañá sen poder ter unha clase con normalidade pola ausencia de aulas nas que poder cumprir coas distancias mínimas de seguridade ante a Covid. Finalmente, optouse por levar as explicacións ao patio do instituto.
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
"As persoas maiores deberían autoprotexerse do coronavirus e evitar os sitios pechados e concorridos no inverno"
Falamos con Francisco Caamaño e Agustín Montes, profesores de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, sobre a actual situación da pandemia, nun momento no que imos pasar máis tempo en espazos pechados, o que favorece os contaxios.
- Datos Que turismo?
- Economía
As zonas turísticas galegas resistiron mellor que o resto do Estado a crise do coronavirus, especialmente a Costa da Morte
A Costa da Morte recibiu o mes pasado máis visitantes do resto do Estado que no mesmo mes de 2019 e na Mariña, despois dun mal mes de xullo, o número de pernoctacións baixou tan só un 20% en agosto. Galicia foi o quinto territorio no que menos descendeu o turismo ese mes.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Ourense e Pontevedra manteñen a maior incidencia da Covid en Galicia nun día de datos á baixa polo efecto da fin de semana
O efecto da fin de semana reduce as cifras de novas infeccións este luns, pero a tendencia en todo o mes de setembro é a unha redución do número de casos en Galicia. As áreas sanitarias da Coruña e Lugo seguen a reducir o seu número de casos activos
Impulsan un modelo de contrato eólico para fortalecer os propietarios rurais e comunidades de montes
O Observatorio Eólico de Galicia promove un modelo de boas prácticas que busca incrementar as rendas derivadas da actividade eólica que reciben os axentes rurais e mellorar a súa posición nas negociacións coas empresas impulsoras dos parques eólicos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia foi o territorio con menos detencións e o segundo con menos sancións por infrinxir as normas do estado de alarma
Galicia sumou 252 detencións e 45.503 propostas de sanción nos tres meses de vixencia do estado de alarma. Números importantes que, con todo, se sitúan moi por debaixo da media española. Tan só Euskadi iniciou menos procesos sancionadores que Galicia
Conta atrás para os empregos da planta de Alcoa en San Cibrao: o domingo remata o prazo
A prórroga de seis semanas iniciada en agosto para tentar chegar a un acordo de venda da factoría a Liberty House non supuxo avances. Traballadores e sindicatos veñen acusando a Alcoa de non estar interesada en negociar, buscando o fracaso das conversas e mesmo rexeitando a mediación institucional
Os centros de ensino rexistran 20 novos positivos entre demandas de maior "transparencia" e "criterios únicos" á Xunta
Hai un total de 199 casos e 53 aulas pechadas. As infeccións afectan a un total de 153 colexios en toda Galicia, correspondentes a 61 concellos. "As decisións adoptadas están a provocar dúbidas e confusión nalgúns dos centros educativos afectados", denuncia CIG-Ensino
- Datos Escola pública
- Acontece
O número de aulas pechadas polo coronavirus en Galicia medra de 35 a 50, con 179 positivos
Os casos detectados afectan a un total de 139 centros en toda Galicia, correspondentes a 58 concellos. Consulta no interior a información detallada, centro a centro.
A Xunta muda o protocolo para a Covid no ensino tras dúas semanas de clases en Primaria e coincidindo coa volta dos institutos
O texto incorpora as recomendacións pactadas co Estado a finais de agosto, hai 25 días. Nunha nova xornadas de folga convocada polos sindicatos educativos, cidades e vilas galegas acolleron concentracións de protesta para demandar da Consellaría de Educación máis recursos e profesorado para unha volta segura ás aulas
Prohibida a navegación de veleiros entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares polas "insólitas" interaccións das candorcas
Os expertos e expertas que participaron nunha conferencia organizada por CEMMA destacan que non hai precedentes para o comportamento que están amosando estes animais, pero pediron tranquilidade a navegantes e cautela aos medios. Dende agosto houbo 29 contactos con candorcas en Galicia: 13 foron avistamentos e 16 interaccións. O 20% tivo como consecuencia que o veleiro deixase de navegar