- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra 285 novos casos de coronavirus, o maior aumento dende o 5 de abril
Os positivos detectados sitúanse ao nivel da primeira semana de abril pero, iso si, realizando o dobre de probas PCR. Os datos empeoran sobre todo na Coruña, Santiago e Lugo, onde na residencia da terceira idade do Incio apareceron outros 31 contaxios entre as persoas usuarias do centro, sumando xa 87 infeccións.
Así preparan os outros territorios do Estado o regreso ás aulas: protocolos e medidas para esquivar o coronavirus
A poucos días da volta ao cole aínda son moitas as dúbidas e preguntas entre o profesorado e as familias ante a difiicultade de conxugar presencialidade e seguridade e as críticas á organización e deseño levados a cabo pola Consellaría de Educación. Esta é a situación nas restantes comunidades autónomas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Santiago e Lugo pasan a ser as áreas nas que máis aumentan os casos de coronavirus nos últimos días
Na área sanitaria con centro en Compostela o número de casos activos medra en 55 este martes. No conxunto de Galicia os novos positivos seguen a crecer a un ritmo de 200 diagnósticos ao día.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia, entre as comunidades que fai menos probas PCR e nas que máis aumenta a incidencia do coronavirus
No inicio do mes de agosto Galicia era o segundo territorio con menos casos de coronavirus por habitante, pero hoxe é o sétimo. Nas últimas dúas semanas o noso país foi a terceira comunidade autónoma que menos probas realizou para localizar positivos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra máis de 200 novos positivos de coronavirus por quinto día consecutivo
Dende o venres duplicouse a cifra de pacientes de covid-19 nas UCI dos hospitais galegos. Na última semana rexistráronse 1.408 novos casos de coronavirus en Galicia, case 1 de cada 10 do total rexistrado dende o inicio da pandemia. A Coruña acumula a metade dos casos activos, pero a área de Santiago é a que máis rapidamente incrementa as infeccións este luns
- Entrevista Coronavirus
- Acontece
Oito preguntas e respostas sobre a Covid-19 na 'nova normalidade': aprender a vivir coa pandemia
Neste novo tempo xorden novas preguntas e dúbidas sobre a pandemia, os riscos actuais e as posibles medidas que se deben adoptar, cuestións ás que tentamos dar resposta falando con dous dos expertos galegos máis recoñecidos na materia, Juan Gestal e Francisco Caamaño.
O aumento de positivos na Coruña obriga a prohibir festas, ocio nocturno e reunións de máis de 10 persoas
A Xunta ditou as novas medidas, que entran en vigor na medianoite deste venres na comarca coruñesa, polo incremento "notable" de casos nas últimas horas e o "risco de transmisión comunitaria". Pechan en toda a área sanitaria os centros de día e prohíbense as visitas ás residencias de maiores.
O mes de xullo foi o máis seco en Galicia nos últimos 34 anos, sen precipitación ningunha na maior parte do país
En Compostela había 39 anos que non se rexistraba un mes de xullo sen días de chuvia. Foi ademais un mes especialmente caloroso, coa segunda media máis elevada das últimas décadas, confirmando as tendencias á alza dos últimos anos. Dende Meteogalicia pídese non confundir un fenómeno puntual co proceso de cambio climático, medible ao longo de períodos máis longos.
As praias de Redondela, mellor con algas
O concello tomou a decisión de reducir a retirada de algas nas praias, seguindo as recomendacións científicas e de entidades como Ecoloxistas en Acción, que alertan do dano á biodiversidade e da perda de area que provoca a recollida continua destes elementos. "A xente ten que pensar que as praias non son espazos artificiais, son espazos naturais", din
O persoal técnico forestal en folga: un conflito laboral que tamén pelexa por un novo modelo de loita contra o lume
Dende o 1 de agosto os técnicos do Servizo de Prevención de Incendios está en folga indefinida. Reclaman un reforzo do persoal pero as súas demandas pasan por un novo modelo de prevención e extinción do lume en Galicia. E lembran que os incendios actuais son moito máis perigosos que os de hai dúas décadas, o que esixe novas respostas. Falamos con Xabier Bruña (CIG) e Ramón Rozadillas (UGT)
Galicia inicia as probas dunha app móbil que dende setembro axudará a rastrexar contactos de casos de Covid19
A aplicación ofrecerá información xeral e personalizada sobre o coronavirus, servirá para facilitar o traballo das persoas que procuran os posibles novos positivos e coordinarase coa app lanzada polo Estado central, que comezará a operar xa este mes nas zonas que sofren rebrotes máis graves
As instrucións da Consellaría de Educación: máis tarefas para o profesorado e pouco tempo para organizar o novo curso
CIG-Ensino e Profesorado en Pé critican a publicación do documento nos últimos días de xullo e o seu contido, que deita nos equipos directivos dos centros máis responsabilidades sen novos apoios ou reforzos de persoal