- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia comeza a aplanar a curva de novos casos de coronavirus, ingresos en UCI e hospitalizacións
Despois de tres semanas de confinamento, os números comezan a ser máis positivos nos indicadores hospitalarios, e o esperable é que tamén o sexan nos vindeiros días nas cifras de mortes. Non será a fin da enfermidade nin das restricións, advirten os expertos, que alertan do risco de rebrotes
Cada universidade decidirá se o estudantado volve ás aulas e sobre a fórmula dos exames finais
A Conferencia Xeral de Política Universitaria asegura que ningún estudante "vai perder o curso" pero deixa abertas as fórmulas que cada centro e autonomía pode escoller. Unha nova xuntanza, o vindeiro 15 de abril, concretará máis decisións en función da situación existente nese momento.
O descenso do tráfico por mor do coronavirus reduce á metade a contaminación nas cidades galegas
Na segunda quincena de marzo os niveis de dióxido de nitróxeno caeron un 56% na Coruña e un 60% en Vigo con respecto á media dos últimos dez anos, e os datos das estacións da Xunta no resto de cidades galegas e en varias vilas amosan resultados semellantes, visibles de forma inmediata a partir da declaración do estado de alarma.
#liberadeawifi: a loita contra a fenda dixital axigantada polo confinamento
Está a difundirse nas redes sociais unha iniciativa para deixar abertas (permitindo o acceso a elas sen contrasinal) as redes wifi dos nosos fogares durante algunhas horas ao día, para así facilitar que se conecten a elas os veciños que o necesiten, especialmente os e as escolares
Os datos dos nosos móbiles serven dende hai unha semana para analizar os movementos da poboación durante a epidemia
O Ministerio de Asuntos Económicos e o INE están a estudar os datos de posicionamento de 40 millóns de teléfonos, que as grandes operadoras comezaron a enviar hai unha semana. O obxectivo é axudar a predicir desprazamentos, evitar aglomeracións e valorar os resultados do confinamento
- Entrevista | Nina Villasuso (farmacéutica) Coronavirus
- Acontece
"Hai un gran número de bulos sobre o coronavirus e nas Farmacias aféctanos moito"
As boticas incrementaron as súas medidas de seguridade para evitar os contaxios, que xa afectaron a 276 traballadores en todo o Estado, seis deles en Galicia. "Temos que ter moito coidado, sobre todo nas localidades nas que só hai unha farmacia. Sería terrible que tivésemos que pechar", destaca esta profesional, vogal do Colexio Oficial da Coruña
O Goberno portugués descarta illar a cidade do Porto, a zona do país con máis casos de coronavirus
O luns a directora xeral de Saúde apuntou a posibilidade de impoñer un "cerco sanitario" ao redor da urbe, unha medida que xerou grandes críticas na área metropolitana portuense e que foi desmentida ao día seguinte.
- Entrevista | Marcos Saavedra Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
O mundo 'maker', mobilizado para fabricar proteccións contra o virus: "Atopamos unha demanda e pensamos como solucionala"
Hai dúas semanas botou a andar en Galicia Cooperavirus, unha plataforma que pon en contacto as demandas de materiais de hospitais e administracións coas persoas que poden fabricalas, nas súas casas ou en pequenas industrias. Distribuíron xa 10.000 máscaras, 17.000 batas ou 100 válvulas para respiradores.
Feijóo responde ás criticas pola situación nas residencias de maiores cun aumento das probas de coronavirus nestes centros
O número de persoas infectadas supera as 500, entre residentes e persoal. A oposición reclama a comparecencia do Goberno galego no Parlamento e colectivos de usuarios e traballadores denuncian a falta de control por parte da Xunta nos centros privados
- Obituario | Xosé Luís Franco Grande
- Acontece
Morre Xosé Luís Franco Grande aos 84 anos de idade
Nacido en Tebra (Tomiño) en 1936, este escritor e avogado formaba parte da xeración de galeguistas que viviu os anos escuros do Franquismo e que serviu de ponte entre a Xeración Nós e os grupos que viñeron despois. Publicou ensaio, poesía e mesmo teatro e en 1968 foi autor dun Diccionario Galego-Castelán que tivo unha grande importancia durante anos
- Entrevista | Vellez Digna Coronavirus
- Acontece
"Cando deixas o benestar dos maiores en mans de empresas ás que só lles importa gañar cartos, pasa o que pasa"
Hai máis de 400 casos activos de coronavirus nas residencias de maiores galegas, nas que xa se rexistraron 17 falecementos. Usuarios e traballadores alertan da que a falta de medios e persoal facilitou os contaxios, denuncian que as carencias se manteñen e critican a falta de control por parte da Xunta, que este luns decidiu intervir dous centros da empresa DomusVi en Vigo e Cangas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
9 gráficos para coñecer a evolución da epidemia e a situación dos hospitais en Galicia
O número de casos activos segue incrementándose en Galicia, a diferenza do que sucede, aparentemente, no conxunto do Estado. Porén, o número de novos ingresos hospitalarios reduciuse nos últimos días. Ademais, o noso país é polo momento o territorio cunha menor taxa de mortalidade, falecementos sobre o total de positivos