Fiscalía e afectados recorren o arquivo da causa sobre a hepatite C: "Estamos na instrución e hai indicios dabondo"
O Ministerio Fiscal e a plataforma entenden que o xuíz pechou a causa malia haber "indicios suficientes" de posibles delitos, que é o que se busca na fase de instrución, e tras cometer "erros técnicos" no auto.
A área do hospital de Verín nunca acadou nin un terzo dos partos que agora esgrime a Xunta para pechar o paridoiro
Sanidade alude para xustificar o peche da sala de partos á recomendación de "non dotar de maternidade" hospitais con menos de 600 partos anuais, cifra que non cumpre ningún comarcal de Galicia. A guía na que se apoia tamén di que ese limiar non é aplicable "se hai razóns de tempos de desprazamento ou accesibilidade".
O sector do telemárketing sofre xa en Galicia os despidos por baixa médica que avalou o Constitucional
Extel botou tres persoas na Coruña a pasada semana aludindo ao artigo 52 do Estatuto dos Traballadores que permite despedir por baixas aínda que estean xustificadas. Representantes do persoal advirten dunha "estratexia" para "adelgazar" o cadro de persoal a través da posibilidade que facilitou o aval do Constitucional.
O paro sobe por cuarto mes consecutivo en Galicia, que destrúe case 4.000 empregos en novembro
O desemprego rexistrado aumenta en 1.352 persoas e o número de afiliadas á Seguridade Social descende en 3.860.
En Verín xa non se nace: guía para non perderse no último gran conflito sanitario
A Xunta xustifica o peche da sala de partos aludindo a unha guía que recomenda non ter maternidade nos hospitais con menos de 600 partos anuais, cifra que non cumpre ningún centro comarcal. Persoal do centro apunta a criterios de "comodidade" e "económicos" e recea do alto número de bebés derivados a Ourense nos últimos tempos
O peche no hospital de Verín aumenta a presión á Xunta para que non suprima a atención aos partos
Persoal e veciñanza encérranse no centro sanitario contra a decisión do Sergas de suprimir o paridoiro, contestada por toda a oposición, os colexios de Enfermería e mesmo o Eixo Atlántico, que cargan con dureza contra Sanidade
"O narcosubmarino evidencia que o narcotráfico en Galicia ten un presente moi vivo"
O somerxible apreixado en Aldán con 3.000 quilos de cocaína "marca un antes e un despois" , segundo o Estado. Asociacións contra a droga advirten do poder dos clans galegos, máis discretos pero "moi activos e con moita forza".
A área de Vigo lidera o seguimento da folga na Atención Primaria, que o Sergas reduce ao mínimo
A Asemblea de Áreas Sanitarias advirte dun seguimento do 90% na área de Vigo e de máis do 50% no conxunto de Galicia; a Consellería de Sanidade redúceo a un 12%.
Persoal médico da Atención Primaria volve á folga dous días ante a "ausencia de medidas" do Sergas
A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca un paro este mércores e xoves nos centros de saúde tras "non ser escoitadas" as súas demandas logo doutra folga o pasado xuño.
As matronas advirten de que a falta de pediatras polos recortes é a causa "real" do peche do paridoiro en Verín
As profesionais do hospital da comarca de Monterrei rexeitan a decisión do Sergas de suprimir a atención ao parto e denuncian que Sanidade sinala o seu labor para non asumir a falta de persoal pediátrico pola súa "mala xestión".
Adeus a Nonito Pereira, referente e figura clave da historia musical en Galicia
O crítico musical, xornalista, promotor, comentarista ou picadiscos coruñés faleceu este martes aos 76 anos.
A supresión da atención aos partos en Verín volve desencadear a indignación contra o Sergas
A perda do paridoiro e da praza de pediatría no hospital comarcal provoca protestas que obrigaron o xerente da área a abandonar un acto entre peticións de "dimisión". A oposición únese contra a decisión e pide a comparecencia do conselleiro Vázquez Almuiña.