A militancia do PSOE vota masivamente a prol do pacto con Podemos, cun 94% de apoio no PSdeG
As bases socialistas apoian o pacto coa formación morada para a formación dun goberno cun 92% dos votos e unha participación do 63%.
O 'Blue Star' permanece encallado na costa de Ares e a "prioridade" agora é baleiralo de combustible
O quimiqueiro continúa embarrancado logo de que o intento por desencallalo da madrugada deste domingo fose tamén infrutuoso. A empresa SMIT asume o mando das operacións e presentará axiña un plan de rescate que deberá priorizar evitar a contaminación.
A xustiza condena o sindicalista López Pintos a medio ano de cadea e absolve o policía denunciado
A Audiencia Provincial da Coruña considera o membro da CIG culpable dun delito de atentado contra axente da autoridade con agravante de reincidencia e absolve o policía acusado de tortura e lesións.
A loita dos mariñeiros galegos en Noruega chega ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
A asociación Long Hope demanda a Noruega en Estrasburgo logo de esgotar a vía xudicial naquel país. Reclama o pagamento das pensións de milleiros de persoas que traballaron durante anos na mariña mercante norueguesa.
O Sergas acumula xa tres plans para mellorar a Atención Primaria e o persoal pide que actúe de vez
Sanidade presenta un documento de expertos mentres 200 profesionais traballan no Consello Técnico e logo de que Feijóo impulsase outro plan meses antes. Os profesionais piden medidas e ameazan con mobilizacións.
- Bruxelas | Enviado especial Memoria antifranquista
- Política
Testemuños galegos apelan en Bruxelas á UE para acabar coa "impunidade" do franquismo e a "excepcionalidade española"
Vítimas galegas relatan a represión, o espolio e a dor provocada pola ditadura convidados polo Grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, que chama a “europeizar as políticas españolas memorialísticas” e advirte de que Europa terá “algo que dicir”
Franco legou o Pazo de Meirás á súa filla como se fose seu
El Mundo revela o testamento do ditador, que legou uns 28,5 millóns de pesetas, onde as Torres eran a peza de maior valor, máis da metade do patrimonio total 'oficial', moito menor á fortuna que lle atribúen varias investigacións.
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece
A odisea de ser nai como enfermeira eventual do Sergas
Aos problemas de precariedade e eventualidade de milleiros de profesionais únense aos atrancos na maternidade, que obriga a maioría a pedir a suspensión de chamamento, sen cobrar, nin cotizar e perdendo puntos nas listas de contratación.
PP e PSdeG empatan tamén no voto exterior, que mantén a escasa participación dos últimos anos
Populares e socialistas roldan cadanseu 30% de votos na emigración, onde En Común aumenta en case oito puntos o seu apoio respecto do voto interior. Vox supera o BNG en todas as circunscricións e é cuarta forza.
Vox sobe pero non prende en Galicia, unha das poucas autonomías onde a esquerda é maioritaria
Tan só en Catalunya, Navarra e Euskadi a extrema dereita obtivo menos apoio que en Galicia, un dos seis territorios do Estado onde o bloque progresista supera o da dereita.
- Documento Angrois: traxedia en Compostela
- Política
A Audiencia decide que se investigue a denuncia de borrado de datos do Alvia lanzada por un mecánico de Talgo
O tribunal tiña pendente pronunciarse sobre a proposta do instrutor de xulgar o maquinista e un cargo de Adif, punto ao que di que volverá se nas novas pescudas non se atopa nada relevante.
A esquerda logra en Galicia a súa maior vantaxe histórica sobre a dereita en eleccións xerais
O bloque progresista nunca alcanzara os 13 escanos nuns comicios estatais, como si fixo neste 10N, no que mantivo a súa distancia co espazo conservador en case 10 puntos.