- Radar 10N Xerais 10N
- Política
Día 1 | A arma arreboladiza do AVE confírmase como protagonista da campaña en Galicia
A ex-ministra Pastor, número 2 do PP por Madrid, apúntase ao discurso de Feijóo e promete traballar para que chegue axiña a alta velocidade, cuxo investimento defende a ministra socialista Calviño en Lugo. O BNG denuncia o precario servizo ferroviario en Ourense e En Común chama a mobilizar a quen queira evitar un pacto PP-PSOE.
O orzamento do Sergas para Atención Primaria segue 142 millóns por baixo do bipartito tras cinco anos á alza
Sanidade gábase dos 1.300 millóns, aínda un 10% menos que en 2009, que supón un 32% do presuposto sanitario segundo a Consellería, unha porcentaxe que a a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública reduce ao 13%
A CRTVG volve defender a fichaxe da ex-Valedora para a Radio Galega polo seu "prestixio social indubidable"
Sánchez Izquierdo alude á "valía incuestionable" de Milagros Otero para xustificar a súa incorporación aos debates dos medios públicos ao pouco de dimitir por facilitar un cargo á sobriña de Fraga e advirte de que seguirá participando
As inundacións polo cambio climático ameazan múltiples poboacións e áreas costeiras de Galicia
Un novo estudo aumenta de 80 a 300 millóns as persoas en risco de sufrir importantes enchentes anuais en 30 anos. A Pobra, Betanzos, Viveiro, a Illa de Arousa ou O Grove aparecen en vermello no mapa que alerta dos perigos do incremento do nivel do mar
O mal tempo evita a festa de Samaín na Illa de San Simón que indignara as asociacións de memoria histórica
A navieira suspende o evento previsto para este xoves "por mor das malas condicións climatolóxicas"
A Fiscalía pon xa o foco no polémico proxecto da canteira da Casalonga, onde comezan as voaduras
O Ministerio fiscal pide información á Xunta sobre as múltiples irregularidades denunciadas pola veciñanza sobre unha iniciativa de restauración na que ven un "vertedoiro encuberto" e "moitos intereses económicos"
As probas de Endesa queimando lodos nas Pontes buscan atrasar uns anos a fin da térmica
A empresa, coa supervisión de Transición Ecolóxica, proba a substitución do 40% do carbón por residuos de depuradora ou vexetais, unha alternativa que permitiría alongar uns anos a actividade e reducir custos á compañía
A Atención Primaria no conflito sanitario: entre a mobilización e a negociación
Tras as novas concentracións ante os centros de saúde a Asemblea Galega de Áreas Sanitarias (AAS) manifestouse este 26 de outubro en Santiago. Mentres, persoal do Sergas que traballa nas comisións impulsadas por Sanidade non cre que "sexa o momento" de mobilizacións por estaren "en plena negociación coa Xunta"
- Entrevista | Xosé Antonio Touriñán
- Cultura
"Non hai nomes propios, a protagonista de 'Fariña' é Galicia, a nosa forma de ser"
O actor, canda a produtora Ainé e Nacho Carretero, autor do exitoso libro no que se basea a obra, producen Fariña, peza teatral que se estrea esta fin de semana na Coruña coas entradas xa esgotadas. Conversamos con el sobre deste espectáculo e moito máis: desde o teatro ata a súa marcha da TVG, pasando por Land Rober ou por Mucha e Nucha.
- Vídeos Memoria antifranquista
- Política
A exhumación de Franco acaba con 44 anos de permitida exaltación do ditador no seu mausoleo
Os restos do xeneral fascista saen do Valle de los Caídos entre berros de "viva Franco" por parte dos seus familiares e máis de catro décadas despois da súa morte
"Unha máquina comecartos non ten nada que ver cunha de apostas"
Serafín Portas é presidente da patronal que agrupa as empresas das máquinas comecartos e salóns recreativos. A entidade celebrou este mércores en Santiago o "cumio" clausurado polo vicepresidente da Xunta, no que minimizan os problemas económicos e de adicción que provocan estas actividades
Persoal de R intensifica a protesta e pide á Xunta que se "implique" para deter a "deslocalización"
Centos de persoas saen á rúa na Coruña convocados por UGT, CCOO, CIG e CGT, que advirten ao Goberno galego de que "non pode inhibirse" ante as decisións dunha empresa que cobrou millóns en subvencións públicas