A patronal do xogo celebra o seu "cumio" no Gaiás e nega que exista un "problema real" en Galicia
Ageo, que agrupa os empresarios de máquinas comecartos e de salóns de xogo, pide que se diferencie entre o seu sector e o das apostas deportivas e que "non se meta todo no mesmo saco"
O bombeiro galego agredido por ultradereitistas en Madrid: "Peor que os golpes foi a apatía da xente"
Miguel Uclés, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, foi golpeado ao ser confundido por un militante independentista en pleno centro da capital do Estado tras participar nunha mobilización
A Xunta comeza a sancionar os pazos que celebran vodas sen licenza
O verán destapou moreas de espazos que celebran eventos de maneira irregular e sen licenza en Galicia. Varios concellos precintaron predios e agora é a Axencia de Turismo quen abre expedientes por "infraccións graves"
As Pontes paralízase pola folga xeral e leva a Madrid a súa demanda dunha "transición enerxética xusta"
A vila pontesa secunda ao completo o paro en protesta polo peche sen alternativa da central térmica de Endesa e unhas 2.000 persoas reclaman ante o Congreso dos Deputados "futuro" para a localidade e toda a comarca
Valdeorras non quere honras para o alcalde franquista da Coruña que liderou a represión na comarca
O pleno municipal do Barco aproba por unanimidade informar ao Concello coruñés da inconveniencia de manter unha rúa e un retrato no pazo municipal homenaxeando a Peñamaría de Llano, destacado represor
O conflito na sanidade non calma e afronta máis mobilizacións e outra folga na Atención Primaria
A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca unha gran manifestación para o vindeiro 26 de outubro e paros totais nos centros de saúde a finais de novembro mentres continúan as protestas en varias comarcas ou das enfermeiras eventuais
Feijóo insiste en reactivar a térmica das Pontes e Transición Ecolóxica advírteo de que pide cousas inviables
O presidente da Xunta reúnese con Endesa sen propor alternativas á central nin diversificación. A ministra Ribera lembra que as vantaxes fiscais que pide non arranxan o problema, van contra o marcado pola UE e "só favorecen os máis privilexiados"
Os datos da enfermería volven desmentir a Xunta: máis dun terzo do persoal é eventual
Un estudo realizado por Eventuais en Loita conclúe que o 36% das enfermeiras do Sergas son eventuais, fronte aos datos que achega Sanidade, que fala de case un 90% de estabilidade entre o persoal sanitario
"A Xunta debe impulsar unha transición sustentable e non a reconversión encuberta de Endesa"
Rodríguez Añón é coordinador do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable da USC, desde onde se analizan alternativas sostibles ao peche das térmicas e advirten da "oportunidade única" que afronta Galicia
A Xunta pecha a aula de Infantil en Trabada mentres o Concello tenta atraer familias con fillos para evitalo
Educación suprime a unidade malia a iniciativa municipal que cedeu de balde vivendas ás que finalmente só chegou unha parella con dous pequenos. A alcaldesa mantén o proxecto e pide "colaboración e empatía" contra o despoboamento no rural
Preconcurso de acredores no emblema das promesas de Feijóo sobre Pemex
Os acordos solemnizados por Feijóo con Pemex no ano electoral de 2012 chegaron a roldar a vintena de barcos; finalmente a encarga de dous buques e a entrada no accionariado de Barreras foron as consecuencias máis tanxibles
- Entrevista | Xosé Veiras A fin do carbón
- Economía
"O negacionismo e actitudes ilusas leváronnos a situacións como a das Pontes"
Advirte de "responsabilidades repartidas" dunha transición, tras o peche da central térmica, que será "brusca e acelerada". "Durante vinte anos, partidos, sindicatos e administracións negaron a necesidade de que cerrase", di