O PP volve ser primeiro en Galicia empatando co PSdeG e o BNG volve ao Congreso
Os populares recuperan o primeiro posto ao aproveitarse do esborralle de Ciudadanos ante un PSdeG que mantén case inalterable o seu apoio do 28A nunha esquerda que aumenta a súa forza en escanos, coa entrada do Bloque no Congreso e o mantemento de En Común-Podemos
A empresa do comedor das escolas infantís di que retirou os alimentos sospeitosos aos 25 minutos da alerta
Freire Chico pide desculpas, "lamenta profundamente" o ocorrido e aclara que os menús sinalados foron “substituídos" en menos de media hora e que leva a cabo investigacións internas á marxe das da Xunta
Endesa expón aos accionistas as razóns para pechar nas Pontes e desmente a Feijóo
A empresa cita o abaratamento do gas, o aumento da produción renovable, a menor demanda e o elevado prezo dos dereitos de emisión como causas do peche, mentres o presidente da Xunta insiste en responsabilizar o Goberno central
O Colexio de Enfermería de Lugo únese ás críticas ao Sergas por responder con ataques persoais ás denuncias pola precariedade
A entidade cualifica de "inaceptable" a resposta de Sanidade en televisión ás queixas dunha profesional por "menoscabar o seu dereito á intimidade" e "ratifica" todas as súas críticas sobre a contratación precaria e fraudulenta.
- Con vídeo Pola sanidade pública
- Acontece
O Sergas indigna as enfermeiras eventuais tras "expoñer datos persoais" dunha delas en televisión
Sanidade responde con acusacións persoais a unha traballadora que denunciou nun programa a precariedade do seu colectivo. Eventuais en Loita considera "lamentable atacar persoalmente a quen se atreve a dar a cara".
- Entrevista | Marina Ortega Xerais 10N
- Política
"A participación electoral vai ser importante, a xente decatouse de que o perigo da extrema dereita é real"
Marina Ortega repite como cabeza de lista do PSdeG por Ourense para as xerais. Prefire non falar aínda de posibles acordos tras uns comicios nos que ve o PSOE como única opción para garantir "un goberno estable e de sentido común" e advirte dun novo ciclo político en Galicia tras o 28A
- Documento
- Acontece
A Xunta esixe tras a reacción alérxica alimentos de proximidade nas escolas infantís que non pediu ao contratar o comedor
O Consorcio Galego de Benestar obriga a empresa que subministrou os menús a que os alimentos e o enxoval deixen de estar subministrados por provedores centralizados e que pasen a ser da contorna dos centros.
Unha nova intoxicación alimentaria en escolas infantís da Xunta aumenta a incerteza sobre os menús
Alumnado de entre 15 e 20 centros da Galiña Azul sufriu unha reacción alérxica tras un episodio semellante ao do mes pasado. A Xunta investiga o ocorrido, que considera "intolerable", e volve investigar a firma que leva o servizo de cátering de 80 instalacións
- Entrevista | Antón Gómez-Reino Xerais 10N
- Política
"A mellor forma de demostrar que podemos derrotar a Feijóo é formar un goberno de esquerdas no Estado"
"Se despois do 10N conseguimos un goberno de esquerdas e con Galicia dentro, será a mellor mensaxe que lle deamos aos galegos de que en setembro ou outubro de 2020 seremos capaces non só de acabar co tempo de Núñez Feijóo, senón de facer un goberno de coalición e progresista que remate con tantos anos de políticas neoliberais", di Gómez-Reino
O paro sobe en Galicia en máis de 7.000 persoas co maior incremento porcentual en outubro desde 2008
O mes de outono destrúe máis de 2.000 empregos no país malia asinarse 106.000 contratos. Os datos de afiliacións e de desemprego confirman a desaceleración no mercado laboral galego.
Naturgy deslocaliza de vez o servizo de atención telefónica que prestaba desde Galicia
A eléctrica prescinde do seu provedor en Ourense, Unitono, e pon en risco 130 empregos logo de rescindir xa o contrato cunha empresa na Coruña. Os usuarios galegos serán agora atendidos desde Reus ou Colombia.
Persoal da CRTVG denuncia o "apagón informativo" da campaña electoral nos medios públicos
Profesionais mobilizados dos medios públicos critican que se "volva programar o único debate electoral ás 10 da mañá" no 76º venres negro