O Estado é condenado a pagar íntegros 15,6 millóns a Audasa pola rebaixa ilegal de Rajoy e non ao 50% coa Xunta
O TSXG exime a Administración galega de pagar tras rexeitar a reclamación do Ministerio de Transportes para que se fixese cargo tamén da indemnización á AP-9 polas cantidades que deixou de percibir por esas peaxes en sombra entre 2017 e 2019.
A "maquillaxe" do paro que si apuntou a Feijóo e á Xunta: varias acusacións de inflar a baixada do desemprego
O líder do PP acusou o Goberno central de "maquillar" as cifras ao non contar os fixos discontinuos como parados, algo que está regulado así desde hai décadas. Durante a súa etapa na Xunta, sindicatos e oposición sinalaron a "manipulación" ou os "trucos" cos datos para inchar o descenso no número de persoas paradas en Galicia.
Traballar máis horas e mellor pagadas: a receita do Sergas para un verán que prevé "moi complexo" na sanidade
A Consellería aposta por retribuír máis o exceso de xornada e a aqueles profesionais que atendan pacientes dun compañeiro ou dean servizo no rural para "compensar" o "esforzo" dos sanitarios ante a falta de persoal.
A presión dunha canteira logra que un xulgado ordene 'borrar' e descatalogar un castro protexido pola Xunta
A xuíza aceptou o recurso dunha canteira para que retire o xacemento do PXOM de Mondoñedo argumentando que non é un ben catalogado pola Xunta, cando si o é. A compañía leva anos instando a desprotexer o espazo para evitar atrancos aos seus labores, denunciados en numerosas ocasións e que tamén afectan o Camiño de Santiago.
- Datos Crise de prezos
- Economía
A alza no prezo dos combustibles mantén a inflación disparada en Galicia, ata roldar o 10% en maio
O importe medio dos principais carburantes supera os 2 euros por litro e é o máis alto desde a bonificación. A inflación na electricidade, gas e outros combustibles é do 41,5% con respecto a hai un ano, cinco puntos superior á media estatal.
A Medicina Interna denuncia os "erros flagrantes" do Sergas ante a "saturación" e a falta de persoal
A Sociedade Galega de Medicina Interna apoia as protestas do persoal e propón varias medidas a Sanidade, á que acusa de non responder ante a "sobrecarga asistencial" e permitir que os máis novos marchen buscando mellores condicións.
"Inclusivo dende o galego" e cunha visión menos instrumental: o novo modelo da RAG para o plurilingüismo
A Academia edita unha guía para o profesorado a partir do Mapa Sociolingüístico escolar de Ames na que aposta por poñer en valor a diversidade lingüística, facer unha "axeitada avaliación" sobre o impacto do Decreto 79/2010 na percepción dos idiomas e implicar todo o profesorado na actitude respectuosa cara a todos eles.
Ampliado o permiso para a explotación da mina de coltán de Viana do Bolo
A empresa que xestiona a única explotación mineira deste cobizado material en Europa obtén o visto e prace da Xunta para a extracción de recursos da zona, da que ata agora só aproveitaba os restos da antiga explotación.
A falta de ambulancias volve pór o foco nun modelo de transporte sanitario "perverso"
O traslado dun home grave en padiola e pola rúa ata un helicóptero por falta de vehículo sanitario no Rosal volveu situar no foco un sistema criticado pola oposición, que pide a súa xestión pública, e polo seu persoal.
Rueda secunda a Feijóo acusando o Estado de "maquillar" os datos do paro pero atribúe a súa baixada á Xunta
O presidente da Xunta coincide co líder do PP en acusar o Goberno central de "maquillaxe" ao non contar os fixos discontinuos como parados, algo que sempre figurou así nas estatísticas, tamén cos executivos populares.
A condena por represalias que nin inmuta a CRTVG: "Hai unha impunidade total"
Olalla Rodil (BNG) e Noelia Otero (PSdeG), xornalistas e membros da comisión de control dos medios públicos, reflexionan sobre a falta de medidas e o "silencio" ante a "manipulación perversa" ou a sentenza do TSXG que confirma que un traballador foi sancionado por se mobilizar contra a Corporación.
- Datos
- Economía
Galicia chega ao verán con menos paro que antes da crise de 2008 e máis emprego que antes da COVID
O 38% dos contratos asinados foron indefinidos en maio, mes no que o paro rexistrado caeu en 4.482 persoas e no que a afiliación media á Seguridade Social incrementouse en 6.751.