A dixitalización nas aulas da ESO reduce aínda máis a presenza do galego, alerta un informe da Mesa
Un total de 178 centros galegos contan co programa para libros dixitais, onde só as materias que deben ser impartidas en lingua galega contan con todos os materiais neste idioma.
"Non se poden asaltar os medios públicos e facer con eles o que se queira; a CRTVG é de todos os galegos"
Mayte Cabezas foi trasladada á radio logo de 30 anos como presentadora na TVG e aos poucos días de criticar a Núñez Feijóo en redes sociais por non preocuparse de vítimas do terrorismo coma ela. A profesional di que non recibiu explicacións e a CRTVG asegura que a mudanza "responde a unha estratexia e planificación global, nunca individual".
- Análise
- Economía
O temor a unha nova crise bancaria regresa dez anos despois da caída das caixas en Galicia
A caída do Silicon Valley, o rescate doutros dous bancos nos EUA e o colapso do Credit Suisse disparan o medo ao cumprirse unha década da desaparición de Novagalicia tras a fracasada fusión das caixas, símbolo negro da anterior tormenta financeira en Galicia. Expertos consideran que a crise actual ten "pouco en común" coa de 2008.
O prezo dos alimentos repunta en Galicia en febreiro: un 16,6% máis alto que hai un ano malia a rebaixa do IVE
A inflación mantense estancada, cun incremento dos prezos do 6,4% a respecto de hai doce meses, catro décimas máis que no conxunto do Estado (6%). O incremento do importe dos produtos frescos, sobre todo legumes, hortalizas e froita, deixa en nada a rebaixa de impostos do Goberno central.
Á CRTVG non lle "preocupa" a folga nin vai "mudar o rumbo" mentres o persoal convoca dous novos paros
O director xeral nega as acusacións de cambios de posto de traballadores como "castigo" por negarse á manipulación e advirte de que "haberá máis".
- Datos
- Acontece
Galicia depende durante máis de nove meses ao ano de enerxía fósil importada
Un informe do Observatorio Galego da Acción Climática sitúa este 14 de marzo como o 'Día da Depredación Enerxética', xornada a partir da cal o país tería esgotados os seus recursos enerxéticos propios, a maioría de orixe renovable.
O impacto psicolóxico persiste aos tres anos da pandemia, que fixo medrar a concienciación sobre a saúde mental
A COVID aumentou nun 25% a prevalencia da ansiedade e a depresión, sobre todo entre a xente nova, tendencia que confirman os profesionais, que advirten da "parte positiva" que supón a maior atención á problemática. "Estamos tratando e seguiremos tratando o dano que supuxo a chegada do coronavirus", din sobre un "impacto" para o que seguen reclamando máis recursos.
A CRTVG prohibe a celebración de asembleas do persoal nas súas instalacións dous días despois da folga
A dirección de Recursos Humanos alude a un artigo do Estatuto dos Traballadores que, segundo o comité, nunca fora utilizado para restrinxir as xuntanzas. Os traballadores pretendían fixar as datas para novos paros.
O persoal mobilizado na CRTVG, satisfeito cunha folga "histórica" malia á "presión abafante" da dirección
O comité destaca o éxito dunha convocatoria que provocou que "por primeira vez na historia" a radio pública non retransmitise un partido dun equipo galego de Primeira División e acusa a Corporación de "falsear" os datos de participación, que rebaixa ao 28%.
A folga na CRTVG contra a "represión" e a "manipulación" obriga a suspender varios programas
O persoal protesta contra "un clima laboral insostible" e a "marxinación laboral e trato degradante aos traballadores críticos".
Dous terzos das enfermeiras en Galicia din afrontar comentarios ou condutas sexistas e "tópicos arcaicos"
Unha enquisa do sindicato SATSE revela que o 95% das profesionais denuncia a existencia de estereotipos sexistas e retrógrados e a falta de recoñecemento e visibilidade social do seu labor.
A eólica mariña pon os marcos sen expectativa de participación pública galega
A aprobación dos Plans de Ordenación dos Espazos Marítimos (POEM) e das cinco áreas para a eólica mariña fronte a Galicia esperta o receo da Xunta, que obvia o debate sobre a súa implicación directa na produción enerxética.