O fiscal do Tribunal de Cuentas cuestiona miles de euros en dietas a cargos de Valga, Trazo, Catoira e Vilasantar
Un informe advirte da posible "responsabilidade contable" nos casos que xa denunciara o Consello de Contas e pon en dúbida a xustificación de máis de 200.000 euros en pagos a alcaldes e funcionarios nos catro concellos.
Bombeiros forestais volverán en quince días ao traballo tras esixir empezar xa ante a "perigosa e adiantada" campaña de incendios
Reclaman "a incorporación inmediata do conxunto dos efectivos de reforzo aos labores preventivos para evitar o acontecido no pasado 2022 ou situacións de emerxencia aínda peores".
O exceso de temporalidade pon a proba o Sergas pola ausencia masiva de enfermeiras o día dunha oposición
Eventuais en Loita advirte do "risco" que corre a atención hospitalaria en Galicia o 25 de xuño ante a presenza nas oposicións en Silleda de milleiros de profesionais temporais que, segundo os seus datos, supoñen dous terzos do total do persoal.
Colexios que segregan por sexo permiten agora aulas mixtas para non quedar sen subvención da Xunta
A nova orde de concertos educativos do Goberno galego asume, tras a entrada en vigor da nova lei educativa estatal, a imposibilidade de subvencionar como ata agora os centros segregacionistas, que xa acceden a escolarizar nenos e nenas para o vindeiro curso 23-24, aínda que só en primeiro de Primaria.
Dez anos da quebra de Pescanova: a empresa en mans canadenses e o ex-presidente no cárcere
Unha década despois da caída da vella multinacional galega, o Supremo condena a De Sousa a seis anos de cadea e Abanca confirma a venda de Nueva Pescanova ao grupo Cooke.
O conflito na CRTVG olla ao 28M: persoal irá á folga no inicio da campaña e o día das eleccións
O comité intercentros convoca tres novas xornadas de paro e unha acción en Madrid para "amplificar a denuncia da manipulación informativa e da represión" nos medios públicos.
Preguntas e respostas sobre os 16 voos en avión privado detectados entre A Coruña e Santiago en 2022
Greenpeace asegura que a ruta Santiago - A Coruña é a máis curta no Estado que supera os dez voos anuais e cifra en 16 os desprazamentos en 'jet' privado en 2022. "É improbable, practicamente imposible", din fontes do sector aéreo sobre a posibilidade de que estes voos se deban a viaxes de negocio ou de empresarios. Voos de calibración, de escolas de pilotos ou mesmo médicos, entre as posibles explicacións
A folga do persoal médico rompe os marcos e obriga a cancelar 800 operacións
Os facultativos manteñen o pulso co Sergas na terceira xornada dun paro indefinido que serve para canalizar o seu fastío ante a "degradación" das condicións laborais e a "sobrecarga asistencial insostible".
O PP blinda o director xeral da CRTVG e gaba a súa "independencia" tras calcar o seu discurso contra as protestas
Os populares rexeitan as propostas de BNG e PSdeG para iniciar a remuda de Sánchez Izquierdo e denuncian "acoso" aos medios públicos "ao máis puro estilo Trump".
Folga indefinida de persoal médico no Sergas
O sindicato CESM convoca un paro desde este martes e reclama unha xornada de 35 horas semanais, axendas de 30 pacientes como máximo en Atención Primaria ou que o plus salarial para quen só traballa na pública se estenda a quen o fai tamén na privada. A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública cualifica de "oportunista" a convocatoria.
O pago a pacientes do Sergas que deben viaxar para tratarse deixa as pesetas: 30 euros diarios para aloxamento e comida
Unha nova normativa sobre as compensacións por tratamentos fóra da casa substitúe ás de hai máis de 20 anos, eleva o abono por quilómetro a 15 céntimos e inclúe a posibilidade de sufragar os gastos dun acompañante do doente.
O abuso das bebidas enerxéticas entre a mocidade: un problema crecente e con impacto na saúde
O auxe destes produtos estimulantes e con altas doses de cafeína alerta as autoridades sanitarias polas consecuencias entre a xente nova. Arredor de 16.000 rapaces en Galicia consomen polo menos unha vez á semana e 2.500 fano diariamente, ante a preocupación en centros escolares e a propia Xunta, que prepara unha lei para restrinxir o seu uso entre a rapazada.