A Comisión lembra que foron os gobernos da UE os que ampliaron o veto a toda a pesca de fondo e considera "ínfimas" as áreas afectadas
Recorda que foi unha "decisión deliberada do Consello e da Eurocámara" incluír todas as artes de fondo e que só aplica o regulamento de 2016. Agarda máis datos científicos en decembro pero advirte de que non haberá unha revisión "automática" nin inmediata da normativa.
- Análise
- Economía
Respostas ao veto á pesca de fondo: prohibición coñecida que chega catro anos tarde e sen análise económica
A medida xorde dun regulamento comunitario de 2016, que se empezou a negociar en 2012 e que debeu ser aplicado en 2018, e onde xa se especificaba que se aplicaría só "a máis de 400 metros de profundidade". A normativa baséase en informes insuficientes máis aló do arrastre e sen avaliación do impacto socioeconómico.
A saudade do chanceler Scholz polo seu verán no Grove leva o alcalde da vila á cimeira hispano-alemá
O rexedor foi convidado ao cumio na Coruña logo da insistencia de Scholz lembrando o seu paso pola localidade hai 40 anos para estudar español. Regaloulle varios obsequios, convidouno a volver e proporá que sexa declarado fillo adoptivo.
Da gabanza dos recortes ás demandas de "cooperación": Galicia acolle un cumio hispano-aleman oito anos despois
Os gobernos de España e Alemaña insistiron na Coruña na alianza para impulsar o gasoduto Midcat e apremar a Francia, que se opón á iniciativa. "Estudarémolo", dixo Sánchez sobre o convite alemán a unirse ao seu escudo antimísiles nunha tarde de forte despregamento policial no centro da cidade na que a alcaldesa Inés Rey aproveitou para formular diversas peticións ao Estado en clave local
- Datos
- Economía
Setembro ten as mellores cifras de emprego desde 2008 malia subir o paro e destruírse 6.000 postos de traballo
O número de persoas paradas aumenta en Galicia en 2.200, un incremento do 1,5%, case o dobre que no Estado. Máis do 35% dos contratos asinados no pasado mes foron indefinidos.
A falta de persoal e as deficiencias na atención sanitaria reactivan e espallan as protestas por toda Galicia
Mobilizacións cada vez máis concorridas sucédense en numerosas comarcas onde son habituais as ringleiras para apoiar a ILP de SOS Sanidade Pública: "A xente está farta e o malestar é cada vez maior".
Por tras do Foro La Toja: revolta veciñal no Grove por falta de médicos e pediatra
A poucos metros do evento que reuniu persoeiros do ámbito político e económico, centos de persoas manifestáronse dous días seguidos entre fortes medidas de seguridade para esixir "atención sanitaria digna" na vila e alertar da falta de recursos na Atención Primaria e nas urxencias.
Menos impostos aos soldos baixos fronte a rebaixas con extra para ricos: colisión tributaria entre Estado e Xunta
As medidas fiscais aprobadas polos gobernos de España e Galicia difiren nos seus obxectivos: mentres o Executivo estatal crea un novo imposto ás fortunas e rebaixa o IRPF a quen menos gaña, a Administración galega aplica reducións mínimas que atinxen todos os contribuíntes e aumenta as vantaxes para os que máis teñen
A CRTVG responde ás críticas acusando a BNG e PSdeG de "atacar e censurar a liberdade de expresión"
O director xeral carga contra a oposición tras as súas denuncias por contidos que "alimentan o machismo", sentenzas contra a Corporación por vulnerar dereitos fundamentais ou pezas que "dan voz á extrema dereita".
O inicio de curso confirma o "caos" no transporte escolar en múltiples comarcas tras a renovación das liñas
Centos de escolares e unha ducia de centros sofren as deficiencias na área de Compostela, o que provocou a mobilización das familias entre queixas noutros moitos concellos como Ribadeo, Betanzos, A Baña, Arteixo ou Negreira, que piden solucións á Xunta ante os atrasos, problemas de seguridade, paradas desatendidas ou falta de prazas. O Goberno galego atribúe os problemas a un "período de axuste"
Feijóo denuncia "control férreo" en TVE tras anos de 'venres negros' e unha condena por represalias na CRTVG
Sinala a "utilización" de TVE logo de que a CRTVG fose condenada por represaliar un traballador crítico durante a súa etapa á fronte da Xunta, caracterizada polas protestas, dimisións e folgas do persoal contra a manipulación.
A aposta pola nova mobilidade volve impulsar a idea dun transporte marítimo entre A Coruña e Oleiros
Ambos Concellos estudan a posta en marcha dunha liña por barco que uniría a urbe coruñesa con ata tres localidades oleirenses co obxectivo de "reducir a saturación de vehículos" nos accesos por estrada a ambos municipios.