A CRTVG prohibe a celebración de asembleas do persoal nas súas instalacións dous días despois da folga
A dirección de Recursos Humanos alude a un artigo do Estatuto dos Traballadores que, segundo o comité, nunca fora utilizado para restrinxir as xuntanzas. Os traballadores pretendían fixar as datas para novos paros.
O persoal mobilizado na CRTVG, satisfeito cunha folga "histórica" malia á "presión abafante" da dirección
O comité destaca o éxito dunha convocatoria que provocou que "por primeira vez na historia" a radio pública non retransmitise un partido dun equipo galego de Primeira División e acusa a Corporación de "falsear" os datos de participación, que rebaixa ao 28%.
A folga na CRTVG contra a "represión" e a "manipulación" obriga a suspender varios programas
O persoal protesta contra "un clima laboral insostible" e a "marxinación laboral e trato degradante aos traballadores críticos".
Dous terzos das enfermeiras en Galicia din afrontar comentarios ou condutas sexistas e "tópicos arcaicos"
Unha enquisa do sindicato SATSE revela que o 95% das profesionais denuncia a existencia de estereotipos sexistas e retrógrados e a falta de recoñecemento e visibilidade social do seu labor.
A eólica mariña pon os marcos sen expectativa de participación pública galega
A aprobación dos Plans de Ordenación dos Espazos Marítimos (POEM) e das cinco áreas para a eólica mariña fronte a Galicia esperta o receo da Xunta, que obvia o debate sobre a súa implicación directa na produción enerxética.
Ence dispara as súas ganancias ata un récord de 248 millóns en 2022
A compañía destaca o efecto da sentenza do Supremo que avalou a súa continuidade en Pontevedra, o que lle permitiu reverter os 169 millóns que prevía de impacto.
A Xunta elixe A Coruña como candidata á sede da Axencia de Intelixencia Artificial entre duras críticas de Santiago e Ourense
Goberno galego, universidades e Eurorrexión escollen a urbe coruñesa como opción galega, decisión que desata as queixas do alcalde ourensán, que o ve como unha "declaración de guerra", e do compostelán, que medita presentar alegacións ao veredicto.
Especialistas sen especialidade: a enfermería familiar alerta do "éxodo" de persoal por falta de prazas na atención primaria
Profesionais especialistas en enfermería familiar e comunitaria denuncian que o Sergas "frea" a súa contratación tras anos de formación en Galicia, mantén boa parte delas en hospitais ou en precario e provoca que moitas emigren a comunidades onde se ofrecen postos no seu ámbito e contratos de longa duración.
Gandería e transportes xa son os maiores emisores de gases de efecto invernadoiro en Galicia
O sector agrogandeiro liderou por primeira vez o impacto climático en 2020, influenciado polos efectos da COVID, pero adiantando unha situación que asentará axiña pola redución do uso de combustibles fósiles. A dixestión do gando supón o 11% das emisións capaces de xerar quecemento global no país.
A Comisión ratifica o veto á pesca de fondo e pide a España que aclare cal é o impacto na súa frota
Reclama datos exactos ao Goberno español sobre as consecuencias socieconómicas da prohibición nun tenso pleno na Eurocámara na que PP, PSOE e BNG volveron unirse para pedir a suspensión da normativa fronte a defensa da medida por parte dos Verdes e algún deputado da esquerda e a dura crítica da extrema dereita.
Os cobros a familias en escolas concertadas malia ao veto legal: "Ninguén me dá opción a non pagar"
Un informe asegura que máis do 80% deste tipo de centros en Galicia esixe cotas malia estar prohibidas. As ANPA do ensino público denuncian "unha fórmula disfrazada de legalidade coa que a Administración entrega cartos á empresa privada" e testemuños de pais e nais din que moitos dos pagos denominados voluntarios non o son.
Cinco anos da vaga na que Galicia bateu cos novos incendios: incontrolables e máis perigosos
Naquela fin de semana de outubro de 2017, as lapas queimaran case 50.000 hectáreas, máis das que arderon neste verán, o peor desde 2006. Desde aquela, os avisos sobre a virulencia e as graves consecuencias dos novos fogos, impulsados polo efecto do cambio climático e o abandono rural, son constantes.