O coche eléctrico non arranca malia aumentar as vendas en Galicia: poucos puntos de recarga e moitos avariados
As matriculacións deste tipo de vehículos medrou máis dun 30% no que vai de ano malia os problemas cos espazos para a súa carga, con máis dun terzo fóra de servizo, e os datos que sitúan o país entre as comunidades con peor contexto para a electromobilidade.
- Entrevista | Alfonso Gómez
- Política
"A miña chegada á alcaldía de Xenebra é unha dobre reivindicación: da emigración e da integración"
Alfonso Gómez é fillo de emigrantes, criouse entre a Costa da Morte, Suíza e A Coruña ata que con 14 anos marchou definitivamente a Suíza. Defínese como suízo e galego e volverá este agosto, como cada verán, a bañarse na praia do Osmo. Neto dun mestre republicano represaliado, fillo da emigración dos 60 e membro dos Verdes, ocupará a alcaldía de Xenebra ata maio de 2024
- Datos Crise de prezos
- Economía
A inflación en Galicia situouse en maio no seu nivel máis baixo desde hai dous anos
O IPC colocouse no 2,9% interanual, unha cifra 1,2 puntos inferior á taxa rexistrada en abril. O prezo dos alimentos modera o seu incremento pero é aínda superior ao 11% con respecto a hai un ano.
- Perfil Cara ao 23X
- Economía
Francisco Conde, a sombra económica de Feijóo de Pemex aos fondos europeos
Man dereita do actual líder do PP estatal desde a súa chegada á Xunta, o aínda vicepresidente económico foi gañando peso político e institucional en Galicia, o mesmo que agora queren concederlle en Madrid se os populares acadan a Moncloa.
A xustiza investiga a dirección da CRTVG por posible acoso laboral a unha traballadora
Un xulgado santiagués abre dilixencias previas tras a querela dunha profesional na que aprecia "indicios de posible comisión" dese delito e doutro contra os dereitos dos traballadores. Oito directivos, entre eles o director xeral, son investigados noutro proceso xudicial no conflito nos medios públicos galegos.
O aumento de incentivos económicos non frea a rebelión da enfermería no Sergas pola sobrecarga e a falta de persoal
O incremento da retribución por horas extras non impide a protesta de traballadoras, que rexeitan ampliar a súa xornada para cubrir a falta de profesionais e critican que Sanidade non aborde a mellora das condicións laborais e da estabilidade.
O proxecto da fábrica de Altri queda fóra dos fondos Next Generation e a Xunta culpa o Goberno de España
A ministra Calviño aclara que non ten encaixe en ningún PERTE por non cumprir cos criterios da UE para as axudas públicas e lembra que os fondos europeos "non se poden dar a dedo".
A CRTVG discriminou unha traballadora por denegarlle o dereito a conciliar e o Supremo confirma que terá que indemnizala
A muller xustificou as necesidades familiares adecuadamente pero o ente público non negociou con ela, como obriga a lei, polo que vulnerou "o principio de igualdade" e "o dereito a non ser discriminada por razón de sexo"
A xustiza europea obriga o Estado a indemnizar un sindicalista da CIG condenado por "aldraxe" á bandeira española
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos considera que a condena imposta a Pablo Fragoso, confirmada polo Constitucional, vulnerou o seu dereito á liberdade de expresión.
A enfermería eventual volverá tinguir de negro as oposicións tras catro anos de 'revolta' contra o Sergas
Eventuais en Loita chama a ennegrecer Silleda como en 2019 "en sinal de loito e loita" polos seus dereitos na masiva proba do vindeiro 25 de xuño: "Seguimos igual ou aínda peor que daquela".
Portugal aposta polas grandes minas de litio ao pé da fronteira con Galicia
O Goberno portugués dá o visto e prace ao enorme proxecto en Covas do Barroso, a 25 quilómetros de Ourense, entre as críticas de autoridades, ecoloxistas e veciñanza. Outra iniciativa, a 15 km, agarda pola avaliación ambiental positiva.
O quebracabezas electoral de Ortigueira: a nulidade de catro votos impugnados mantén o dilema
A Xunta Electoral declara nulos catro papeletas riscadas e mantén a incógnita sobre o futuro goberno local. A aceptación de dous dos votos tería dado un concelleiro máis ao PP, que tería encarreirada a alcaldía.