O 'modelo Muras' na xestión eólica: "É un exemplo de como reconducir unha situación desfavorable"
Un informe de Ecodes, apoiado por Transición Ecolóxica, destaca o concello por medidas como o pago da factura eléctrica á veciñanza para "mellorar a súa calidade de vida" malia o "contexto negativo que herdou" pola planificación dos parques eólicos. Falamos co seu alcalde, Manuel Requeixo.
- Datos
- Economía
Galicia acada os mellores datos de emprego e paro nun mes de marzo desde a crise de 2008
As inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 2.245 ata quedar nas 141.847 e a afiliación media á Seguridade Social alcanzou os 1,044 millóns de cotizantes. Máis do 38% das contratacións no mesmo período foron indefinidas.
O goberno local de Valga di que seguirá cobrando as dietas que censurou o Consello de Contas
O PSOE local pide a dimisión do alcalde e dos edís que as cobraron e a devolución de todos os cartos; o BNG leva ao Parlamento o caso, que vai camiño do Tribunal de Cuentas. O alcalde reclama ao ente fiscalizador que "corrixa o seu erro" e á oposición que "pida perdón".
- Crónica
- Política
A volta de Besteiro electriza o PSdeG
Ninguén afirma, pero ninguén nega xa que que o novo delegado do Goberno de España vaia ser candidato á Xunta mentres agroman as cábalas sobre as primarias que o terían que ratificar: a máis tardar, xusto á volta do verán. Mentres, da contorna da dirección do PSdeG choven os eloxios polo seu retorno sete anos despois: dende o seu perfil electoral ao seu bo entendemento co BNG
A CRTVG atribúe a folga a motivos electorais e cualifica os 'venres negros' de "movementos minoritarios"
O director xeral minusvalorou o paro, que cre vinculado ás próximas eleccións municipais, e pediu a "relaxación da conflitividade" que considera "artificial"
O conflito na CRTVG apunta á campaña das municipais tras unha folga "histórica": "Perdeuse o medo"
O comité prepara novas mobilizacións logo duns paros que alteraron a programación dos medios públicos e obrigaron a suspender espazos emblemáticos como o 'Luar': "O persoal díxolle á dirección que xa abonda de abusos e de represión".
- Datos
- Economía
Un ano de reforma laboral en Galicia: o triplo de contratos infefinidos e a metade de temporais
Un informe de CCOO destaca os "efectos positivos" da nova regulación, "un bo instrumento para afrontar o cambio da cultura da temporalidade", pero di que hai que esperar para ver se produce "cambios estruturais".
Un estudo sobre o alumnado de Secundaria en Galicia alerta do "elevado nivel de machismo e racismo" nas aulas
O informe impulsado por Agareso a raíz de preguntas a máis de 300 rapaces e rapazas advirte da importante presenza de estereotipos nos institutos. O profesorado ratifica o aumento e radicalización dos discursos de odio e sinala o auxe das mensaxes de partidos de ultradereita como unha das causas.
Outra folga na CRTVG provoca a suspensión de importantes programas na radio e na televisión
A primeira das dúas xornadas consecutivas de paro "contra a manipulación e represión" e un "clima laboral asfixiante" apaga espazos, como o emblemático 'Luar', e modifica outros. "Esta situación é o máis grave que ten sucedido na historia dos medios públicos nos seus 38 anos de historia", denuncia o persoal.
As augas residuais debullan o consumo de drogas en Compostela: auxe da cocaína e repunta do MDMA
Un estudo do Observatorio Europeo de Drogas, con datos de máis dun cento de cidades, revela que a capital galega consome o dobre de cocaína que hai unha década e que a presenza de éxtase é seis veces maior.
O Goberno do PP recúa e ábrese á participación pública na eólica trece anos despois de renegar dela
Alfonso Rueda anuncia a creación dunha empresa público-privada para "promover proxectos de enerxía renovables" logo de que a Xunta de Feijóo as vetase e basease a anulación do concurso do Goberno de PSdeG e BNG no "atentado contra a liberdade de empresa" que supoñía a entrada da Administración no capital dos parques eólicos.
O Consello de Contas ratifica que o goberno local do PP en Valga cobrou durante 30 anos dietas ilegais
O órgano fiscalizador aclara nun contundente informe que a comisión de coordinación instaurada polos populares en 1991 para edís do executivo e os cobros por asistencia "non se adecúan á legalidade" nin teñen "soporte regulamentario". O gasto anual ascende aos 20.000 euros.