Un terzo dos concellos galegos non ten biblioteca pública
Os últimos datos do Ministerio de Cultura e da Xunta sitúan xa en arredor dun cento os municipios sen este servizo, sobre todo no interior de Lugo e Ourense, onde a Administración autonómica impulsará as bibliotecas móbiles.
Aldán, Sarela, Catuxa... pero tamén María e Manuel: a RAG pon en liña a guía dos máis de 1.500 nomes galegos
O recurso da Academia inclúe as formas estándares dos antropónimos de tradición galega, as correspondencias noutros idiomas e as historias ou lendas de personaxes que os popularizaron.
Ata 216.000 pitas e 4.000 toneladas de esterco: a macrogranxa en Curtis que xa pasou o primeiro filtro da Xunta
O proxecto conta coa declaración de impacto ambiental favorable pero con condicións por parte do Goberno galego. O PSdeG, entidades ecoloxistas e sindicatos advirten dos riscos dunha "bomba de reloxería" que pretende situarse na conca do río Mandeo. O alcalde da vila di non saber "nada máis aló do que publicou a prensa"
Os impagos de nóminas abocan á folga ao persoal das bibliotecas da Coruña xestionadas mediante concesión privada
O persoal denuncia "a falta de previsión económica da adxudicataria, que asumiu un contrato sen viabilidade concursando á baixa e esixe solucións ao Concello, co que se reuniu este venres e que se compromete a procurar "solucións". Marea Atlántica lembra a súa aposta por unificar todas as bibliotecas cun modelo público e o BNG apela á "responsabilidade" do goberno local para que o persoal cobre
A primeira sentenza contra a CRTVG por represalias a un traballador crítico xa é firme
A corporación non recorre ante o Supremo a sentenza do Superior que ratificou que sancionou o xornalista Carlos Jiménez en represalia por mobilizarse nos 'venres negros' contra a manipulación informativa.
A COVID e a parálise de térmicas e grandes industrias permiten manter a mellora da calidade do aire en Galicia
Malia que toda a poboación galega volveu respirar aire insalubre, 2021 supuxo un importante descenso da contaminación atmosférica, favorecido polas restricións da pandemia, a escasa queima de carbón ou a paralización doutras actividades industriais.
A pobreza aumenta un 10% en Vigo e un 8% en Santiago ao ter en conta o custo da vida
As persoas en risco de pobreza aumentan en 5.000 e un milleiro, respectivamente, e arredor de en 1.700 na Coruña, segundo un estudo que compara a renda cos prezos. O custo da vida en Galicia e no resto das cidades é menor que o da media do Estado, destacando sobre todo Ferrol.
Endesa esgota o carbón nas Pontes, disponse a apagar a central e aprema o Estado para pechar de vez
A térmica queimou esta semana a última provisión e os restos que había na central. A empresa descarta mercar máis combustible e realizar os investimentos necesarios para seguir operando e prepara xa o desmantelamento á espera do permiso do Goberno central.
A realidade desmente o soldo de 65.000 euros atribuído por Rueda aos médicos de familia
Profesionais, sindicatos e organizacións médicas acusan o presidente da Xunta de "mentir" sobre o salario para "botar a poboación enriba" do persoal ante a falta de efectivos. Testemuños e datos oficiais do propio Sergas sitúan a retribución moi por baixo do afirmado polo xefe do Executivo galego
- Entrevista | Carlos Callón
- Cultura
"A represión contra o galego vai moito máis aló do franquismo, ten unhas raíces moi profundas"
O historiador e filólogo Carlos Callón, antigo presidente d'A Mesa Pola Normalización Lingüística, presenta estes días O libro negro da lingua galega, editado por Xerais. A través de 700 páxinas amosa e debulla multitude de documentos -moitos descoñecidos- que evidencian a represión contra a lingua galega durante séculos
O peche da conserveira Albo destrúe 45 empregos e dá outro golpe ao futuro industrial da Mariña
O grupo chinés Shanghai Keichuang traslada toda a súa actividade en Galicia a Salvaterra e pon fin á produción en Celeiro, nunha comarca pendente de Alcoa e que vén de asistir aos despedimentos en Vestas e á marcha atrás da fábrica de fibras téxtiles de Altri.
O Liceo toca a gloria cun novo título de Liga
O equipo máis laureado de Galicia celebra o seu 50º aniversario acadando o seu oitavo campionato ligueiro tras vencer o Reus (2-5) no terceiro partido da final e romper a hexemonía do Barcelona, que gañara as oito anteriores edicións.