O lume cébase en Oímbra: "Os incendios xa non son coma antes; son horribles, arrasan con todo"
O pequeno concello do sur ourensán sufriu xa seis fogos importantes este verán que afectaron seis das súas sete parroquias e queimaron 3.600 hectáreas, a metade da superficie do territorio municipal. Falamos coa súa alcalde, Ana María Villarino.
- Datos
- Economía
A fin do verán aumenta o paro e destrúe 2.862 empregos en Galicia, en liña coa época previa á pandemia
O número de persoas apuntadas no paro sobe, en liña co que acontecía antes da COVID, aínda que a contratación indefinida pasa de supor menos do 8% a roldar o 30%.
A Xunta difunde como propia a rebaixa do 50% nos buses interurbanos que financia na súa maioría o Estado
A bonificación do 30% dos bonos transporte será financiada polo Goberno central, tal e como establece o real decreto, malia que Rueda advirte de "propaganda". O Executivo galego aclara que podería suspender a súa achega adicional, ata a metade do importe, se considera "insuficiente" a asignación estatal.
O peor verán dos últimos quince anos: os incendios queiman máis de 43.000 hectáreas en mes e medio
Os últimos fogos elevan a superficie arrasada en agosto a máis de 9.000, tras quedar extinguido o que calcinou 625 no Xurés. Dez dos focos viraron en Grandes Incendios Forestais (GIF), dous deles os maiores da historia en Galicia.
- Entrevista | Andrés Rodríguez Mans da Galicia que vén
- Economía
"Se as administracións non se poñen xa mans á obra, o rural acabará sendo un parque temático"
Preside e dirixe Viña Costeira, cooperativa nada en 1968 e á que xa pertencera o seu avó. Cuns 500 socios na actualidade, medio cento de traballadores fixos e 3,5 millóns de botellas ao ano, a empresa afronta novos desafíos.
O prezo dos combustibles repunta en Galicia no final de agosto logo de dous meses de descenso
O gasóleo é un 31% máis caro que hai un ano e a gasolina, un 13%, aínda tendo en conta o desconto estatal.
Áreas de 25 concellos accederán ás axudas que supón a declaración de zona catastrófica polos incendios
A declaración da zona catastrófica e a posibilidade de acceder ás axudas inclúe todas as persoas e negocios que se visen afectados por eses 20 incendios, estean no concello que estean
Un só médico para atender un concello rural e avellentado: a falta de persoal non só se agrava nas vilas turísticas
Abadín leva todo o verán cun único profesional no seu centro de saúde en lugar dos tres habituais. A veciñanza organízase para denunciar o "serio perigo" que corre a atención nun municipio onde máis do 40% da poboación pasa dos 65 anos.
A zona catastrófica abrangue todo o territorio galego que sufriu incendios que afectaron bens ou vivendas
O Goberno central inclúe os concellos afectados por vinte fogos neste verán: a maioría dos que superaron as 500 hectáreas ardidas, pero tamén os que obrigaron a declarar a situación de emerxencia 1 ou 2.
A tregua dos incendios remata e o lume volveu ameazar vivendas en Moaña e Ponteareas
Un fogo en Meira obrigou a cortar a autovía do Morrazo e puxo en perigo varias vivendas, ao igual que outro declarado en Ponteareas, logo de tres xornadas sen que a Xunta comunicase incendio ningún.
Os incendios deste verán en Galicia obrigaron a desaloxar das súas casas máis de 1.800 persoas
Nove fogos requiriron de evacuacións que afectaron un total de 1.852 persoas, a maioría delas na vaga do pasado mes de xullo. En 18 deles houbo consecuencias para a poboación e os seus bens.
- Entrevista | Carmen Lence Mans da Galicia que vén
- Economía
"Galicia non debe deixar o seu sector produtivo en mans de empresas con intereses fóra"
O grupo Lence inclúe, entre as súas marcas, Leche Río, Leyma ou Solar, ademais doutras compañías. Con varias décadas de historia e máis de 300 millóns de litros de leite comercializados por ano, nel confórmase principal grupo lácteo galego. Á fronte, unha muller que asumiu a responsabilidade en 2019.