A porcentaxe de alumnado galego que cursa Relixión en Primaria caeu case 30 puntos en 15 anos
A materia relixiosa perde forza no currículo escolar coa nova lei educativa despois de que a 'lei Wert' detivese a constante caída no número de escolares que optaban por ela na ESO e no Bacharelato. Terá menos carga lectiva e e a súa nota non será tida en conta na cualificación media. A proporción de estudantes que a escolle en Galicia está un chisco por riba da media do Estado en todas as etapas e rolda do 60% en global
O legado de Narciso Luaces: o Ortegal busca recuperar o seu museo etnográfico
Este labrego, falecido hai xa tres anos, xuntou na súa casa arredor de 4.000 pezas de todo tipo nunha colección de gran valor, visitada durante anos por centos de persoas e que busca agora a implicación das administracións para volver ser posta en valor.
O comité acusa a CRTVG de "rebentar" o acordo para estabilizar emprego ao esixirlle asinar louvanzas á empresa
O pacto para a estabilización de 270 prazas agora temporais salta polos aires ao incluír a empresa no preámbulo gabanzas á Corporación
Vento, sol e gas innecesario: o prezo da luz baixa ao nivel máis baixo en medio ano tras bater marcas en marzo
A forte produción eólica e fotovoltaica logrou expulsar o gas da conformación de prezos e reducir o custo da luz. O maior peso das renovables tamén implica menos contaminación e a baixada dos custos dos dereitos de emisión de CO2. Analizámolo coa axuda da experta Rosa Regueiro, que tamén advirte de que medidas coma o posible tope temporal ao prezo do gas supoñen "continuar a poñer parches ante unhas distorsións que, aínda que agora acentuadas, xa ocorrían antes da guerra"
Vinte barcos 'pantasma', cerco xudicial e un estaleiro quebrado: dez anos da "alianza" da Xunta con Pemex
Unha controvertida viaxe de Feijóo a México hai unha década deu inicio aos negocios da petroleira en Galicia, investigados pola Fiscalía, sinalados polo Goberno do país americano como clave na súa crise con España e con moreas de promesas incumpridas.
A metade dos concellos con caixeiros subvencionados pola Xunta rexeitaron a atención presencial á veciñanza
Dos 38 municipios que solicitaran adherirse ao convenio entre Xunta e Fegamp, dous desistiron finalmente. Para acceder á asistencia e formación os concellos tiñan que ceder un local "sen custo" para Abanca
A Xustiza anula o nomeamento da ex-edil de Ciudadanos como membro do goberno local da Coruña
Mónica Martínez deberá abandonar o executivo e reintegrar as cantidades que cobrou como concelleira de Deportes, aínda que a sentenza é recorrible.
A inflación supera o 10% en Galicia impulsada pola luz e os carburantes, que subiron un 83% nun ano
O IPC dispárase cun incremento do 10,5% en marzo con respecto ao pasado ano, sete décimas máis que a suba media estatal.
O abuso da temporalidade na CRTVG ergue o persoal: cesións ilegais, fraude e 200 sentenzas en contra
Ducias de sentenzas recoñecen a irregularidade contractual e a indefinidade de traballadores e traballadoras dos medios públicos, onde o 40% son temporais, moitos deles encadeando diferentes tipos de contratos durante anos.
- Entrevista | Antía Domínguez Coronavirus
- Acontece
O impacto da pandemia dous anos despois: "Temos máis medos sociais que económicos"
A socióloga da UDC investiga o influxo da COVID nos comportamentos sociais, máis aló da saúde, e destaca os temores xurdidos polo coronavirus: "Hai un cambio na forma de vivir e de pensar".
A Xunta retruca que hai máis colexios plurilingües públicos ca concertados e que co bipartito non había
Educación responde ao estudo que denuncia eivas e sinala os centros privados como beneficiados polo plurilingüismo con novos datos que insisten en que a porcentaxe de públicos incluídos no modelo é moito menor.
- Análise Escola pública
- Política
O plurilingüismo da 'era Feijóo' só chega a un cuarto dos centros públicos pero ao 66% dos privados
Un estudo que avalía a política da Xunta para o impulso das linguas estranxeiras conclúe que beneficia o ensino privado e concertado. O alumnado do público incluído na rede plurilingüe pasou en dez anos do 3,2% ao 21,6%; no privado, do 0% a case o 80%.