O 20% das prazas de formación para medicina familiar quedan sen cubrir no Sergas, que culpa o Estado
Por segundo ano consecutivo, Galicia non deu cuberto todas as prazas MIR para médicos de familia: quedaron desertas 39 das 207 ofertadas, cos ocos concentrados nas áreas de Lugo, Ourense e Ferrol. É a segunda autonomía con máis vacantes nun contexto no que as prazas dispoñibles aumentaron un 111% nos últimos cinco anos
Adeus a Arsenio, mito do deportivismo e do fútbol galego
Falece o Bruxo de Arteixo, símbolo do Deportivo como xogador e como técnico, forxador do Superdépor pero tamén dunha filosofía de vida na que recoñecerse: sabio, retranqueiro, humilde e orgulloso das súas orixes aldeás.
- Datos Escola pública
- Acontece
O alumnado que cursa Relixión en Galicia descende a mínimos históricos
Os datos da Igrexa sinalan que pouco máis da metade do estudantado (53,5%) cursa a materia de relixión católica, unha cifra inferior á media estatal e en liña coas achegadas polas administracións. En Primaria, a porcentaxe caeu máis de vinte puntos en só dez anos.
- Datos
- Economía
Galicia gaña estabilidade laboral: 6.300 contratos menos para case 7.000 empregos máis en abril
A cifra do paro rexistrado é a menor da serie histórica, desde 1996, e a de emprego supón o mellor mes de abril en máis de dúas décadas. Case o 38% das contratacións foron indefinidas.
A Xunta prevé prohibir por lei a información falsa sobre incendios mentres limita os datos do impacto do lume
O anteproxecto da nova lei de incendios prohibe "a creación ou difusión de feitos ou datos falsos por calquera medio, incluídas as redes sociais" e prevé multas de ata 100.000 euros. O Colexio de Xornalistas teme que o veto "poida ser interpretado como unha limitación á liberdade de información". O Goberno tamén contempla ampliar a súa capacidade para prohibir o acceso aos montes no caso de que considere que hai perigo de incendio neles
Subir soldos ante a perda adquisitiva da clase traballadora: Primeiro de Maio contra a inflación
CIG, CCOO e UGT coinciden en reclamar o incremento dos salarios ante a "deterioración nas condicións de vida e rendas reais" da maioría da cidadanía en Galicia. Falamos con traballadores e traballadoras que explican como afrontan a carestía da vida.
Extracción masiva e falta de calcio nas rías: o conflito da mexilla alén da 'guerra' entre bateeiros e percebeiros
A disputa entre o sector mexilloeiro e o do percebe pola recollida da cría do molusco recrúa pola súa escaseza. O biólogo Pelayo Míguez sinala a ausencia de carbonato cálcico como a orixe da pugna e reclama "medidas urxentes" por parte da Xunta. "Chegamos xa tarde pero a situación non é irreversible", aclara.
A CRTVG volve minimizar a folga e dá por "confirmado" o seu "carácter político"
A Corporación rebaixa a menos do 30% do persoal o seguimento do paro, que provocou a cancelación de numerosos programas. A repercusión do conflito nos medios públicos aumenta e preocupa xa no PP estatal.
A folga da CRTVG volve alterar a programación e chega ao Senado: "Feijóo é responsable da manipulación"
Persoal dos medios públicos recibe o apoio da vicepresidenta do Goberno de España Yolanda Díaz, do deputado do BNG Néstor Rego, da eurodeputada nacionalista Ana Miranda e do PSOE ás portas da Cámara Alta. Dentro, Pedro Sánchez saudou os traballadores que "denuncian a manipulación e o sectarismo ao que están sendo sometidos".
A CRTVG afronta outra folga tras rexeitar a dirección a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais
Persoal dos medios públicos está convocado hoxe a outro novo paro contra os "abusos". Profesionais da TVG e da Radio Galega mobilízanse ante o Senado en Madrid para amplificar a protesta e sinalar a Feijóo como "responsable" a situación durante os seus mandatos como presidente da Xunta
- Datos
- Economía
Fixos descontinuos: menos peso que polémica no mercado laboral
O peso dos fixos descontinuos en Galicia é do 4,2% entre os traballadores por conta allea e sobre o 3% do total de afiliados á Seguridade Social. Desde 1985 non se inclúen como parados nas estatísticas do desemprego rexistrado porque teñen un contrato e están inactivos entre chamamento e chamamento.
A folga médica de CESM e o seu pacto indignan colectivos a prol da sanidade pública: "Foi corporativa e clasista"
A AGDSP ou SOS Sanidade Pública censuran que o acordo para desconvocar o paro se basee no aumento das retribucións e na ampliación a todo o persoal do plus por traballar só no Sergas e esqueza melloras asistenciais ou estruturais. Advirten dunha "estratexia electoral" de cara aos comicios sindicais.