Sanxenxo e Xunta acordan ofrecer pisos gratis polo verán para atraer médicos de familia de fóra de Galicia
O Concello dará aloxamento gratuíto ao persoal facultativo que decida traballar entre xuño e setembro na localidade, que pode multiplicar ata por cinco a súa poboación, logo dun convenio asinado co Sergas.
A Deputación da Coruña impulsa un congreso pioneiro sobre o "silenciado" reino medieval de Galicia
O congreso, pioneiro en Galicia, pretende deitar luz sobre o Reino de Galicia, "unha realidade calada, silenciada e relegada pola historiografía oficial". Celebrarase do 19 e o 22 de setembro no Museo do Pobo Galego
Galicia, á cola do gasto en atención á dependencia: destina a metade de cartos por persoa que Euskadi
É a terceira autonomía que menos dedica por cada persoa dependente beneficiaria de prestacións con menos de 7.000 euros, uns 1.400 por baixo da media estatal. É tamén onde menor é o peso do financiamento autonómico a respecto do estatal
O Sergas xa non dá cuberto todas as prazas de formación para medicina de familia
Das 142 vacantes MIR dispoñibles, nove delas quedaron desertas, todas na área de Lugo. No conxunto do Estado son 200 sen cubrir. Agrávase así o déficit de persoal nesta especialidade mentres profesionais alertan dunha "sobrecarga crónica, insostible e inaceptable" na Atención Primaria. "Que agardaban que pasase?", pregúntanse
- Interactivo Letras 2022
- Acontece
As dúas Galicias da lingua galega: entre a "fortaleza" e a "caída en picado"
Henrique Monteagudo, vicesecretario da RAG, advirte das "dinámicas diverxentes" do idioma e dunha situación cada vez máis semellante "á do País Vasco". A recuperación nalgunhas zonas contrasta co gran retroceso noutras e a Academia aposta por unha política lingüística e normalizadora por áreas, con implicación local e obxectivos diferentes segundo o territorio. Repasamos os datos neste Día das Letras Galegas
A escalada de comisións bancarias non cesa: seis euros mínimo por unha transferencia na oficina
Os cargos extras por operacións frecuentes nos bancos son cada vez máis frecuentes, á vez que se endurecen os requisitos e as esixencias de vinculación ás entidades para poder evitalos.
"O mar está mal": SOS da ría de Arousa ante o "dramático" declive do marisqueo, con caídas de ata o 75%
As capturas da ameixa ou do berberecho descenderon máis do 70% en dez anos, unha caída acentuada nos últimos anos. O sector sinala os vertidos contaminantes e acusa a Xunta de "desleixo" e "abandono". Falamos con varios dos seus representantes.
- Datos
- Economía
A crise demográfica impide a Galicia recuperar o emprego previo á crise de 2008 mentres España bate récords
O Estado superou os 20 millóns de afiliacións á Seguridade Social por primeira vez na historia, pero no país aínda hai 60.000 menos que no pico de hai 14 anos. Desde aquela, a poboación activa caeu en case 95.000 persoas.
A enfermería eventual devece pola súa 'reforma laboral': a metade dos contratos asinados en 2022 rematan en maio
Os datos de Eventuais en Loita revelan que case a metade das contratacións teñen unha duración de menos dun mes. O colectivo alerta dunha "importante fuga de profesionais" e de problemas por falta de persoal no verán.
- Datos
- Economía
Máis do 40% dos contratos asinados en abril en Galicia foron indefinidos
O 27% da contratación no primeiro cuadrimestre do ano foi indefinida, fronte ao 10% de media habitual ata a aplicación da nova reforma laboral.
Novas normas COVID para persoal do Sergas: os positivos leves non collerán a baixa na Atención Primaria
O novo protocolo de Sanidade para os seus profesionais aclara que os casos de coronavirus confirmados non graves deberán acudir a traballar agás que o fagan en "ámbitos vulnerables", que non inclúen a Atención Primaria ou as Urxencias, como demandaron varios sindicatos.
Os sindicatos reclaman neste 1º de Maio máis medidas e intervención pública ante a crise de prezos
CIG, CCOO e UGT coinciden en considerar "insuficientes" as iniciativas das administracións ante a inflación e a carestía da vida acentuada pola guerra e piden subas nos salarios e cambios profundos nas políticas fiscais "para que a clase obreira non pague os pratos rotos" desta nova crise. Explícannolo os líderes das tres centrais sindicais.