A Xustiza anula o nomeamento da ex-edil de Ciudadanos como membro do goberno local da Coruña
Mónica Martínez deberá abandonar o executivo e reintegrar as cantidades que cobrou como concelleira de Deportes, aínda que a sentenza é recorrible.
A inflación supera o 10% en Galicia impulsada pola luz e os carburantes, que subiron un 83% nun ano
O IPC dispárase cun incremento do 10,5% en marzo con respecto ao pasado ano, sete décimas máis que a suba media estatal.
O abuso da temporalidade na CRTVG ergue o persoal: cesións ilegais, fraude e 200 sentenzas en contra
Ducias de sentenzas recoñecen a irregularidade contractual e a indefinidade de traballadores e traballadoras dos medios públicos, onde o 40% son temporais, moitos deles encadeando diferentes tipos de contratos durante anos.
- Entrevista | Antía Domínguez Coronavirus
- Acontece
O impacto da pandemia dous anos despois: "Temos máis medos sociais que económicos"
A socióloga da UDC investiga o influxo da COVID nos comportamentos sociais, máis aló da saúde, e destaca os temores xurdidos polo coronavirus: "Hai un cambio na forma de vivir e de pensar".
A Xunta retruca que hai máis colexios plurilingües públicos ca concertados e que co bipartito non había
Educación responde ao estudo que denuncia eivas e sinala os centros privados como beneficiados polo plurilingüismo con novos datos que insisten en que a porcentaxe de públicos incluídos no modelo é moito menor.
- Análise Escola pública
- Política
O plurilingüismo da 'era Feijóo' só chega a un cuarto dos centros públicos pero ao 66% dos privados
Un estudo que avalía a política da Xunta para o impulso das linguas estranxeiras conclúe que beneficia o ensino privado e concertado. O alumnado do público incluído na rede plurilingüe pasou en dez anos do 3,2% ao 21,6%; no privado, do 0% a case o 80%.
Protesta na CRTVG previa á folga e pola remuda do director xeral, que botará máis no cargo que Feijóo de presidente
Persoal dos medios públicos comeza as mobilizacións pola consolidación do emprego temporal que rematarán en varias xornadas de folga. Defende A Galega reclama no 203º venres negro a substitución de Alfonso Sánchez Izquierdo.
Persoal da CRTVG volve á folga para evitar 40 despedimentos e esixir que se consolide o emprego temporal
Prevé mobilizacións os días 8 e 12 de abril, folgas de media xornada o 20 e 27 e folgas de 24 horas o 1 e 2 de maio. Denuncia que a empresa non prevé estabilizar todos os traballadores en fraude e alertan da perda de decenas de postos de traballo.
As residencias privadas seguirán co persoal ao bordo do salario mínimo e lonxe dos minoritarios centros públicos
O novo convenio, asinado por CCOO e UGT e rexeitado pola CIG, mellora un chisco as condicións laborais pero mantén soldos mileuristas e rebaixa a xornada a un persoal que aínda traballará dez horas máis ao mes que o do sector público.
- Datos
- Economía
O peso da contratación indefinida aumentou dez puntos no primeiro trimestre do ano e xa supuxo o 30% en marzo
En Galicia asináronse en marzo máis de 20.500 contratos fixos, o 29% do total e 11.300 máis que hai un ano, o que supón un aumento do 122,7%. O paro baixou en 1.173 persoas e o número de persoas afectadas por ERTE non COVID subiu un 86%.
- Datos Feijóo en Madrid
- Economía
O mercado laboral que deixa Feijóo: menos paro e moita menos xente a traballar
Galicia ten menos persoas paradas que cando o líder do PP accedeu á presidencia da Xunta, pero polo camiño deixou 65.000 ocupadas e 3.500 postos de traballo. A terciarización da economía acentuouse: o sector servizos gañou 80.000 empregos en trece anos, case os mesmos que perderon industria, construción e sector primario.
O falecemento dun mozo tras o sinistro na refinería da Coruña eleva a sete as mortes por accidente laboral en Galicia no que vai de ano
Un home de 35 anos falece tras o accidente do pasado sábado no complexo de Repsol. Os sindicatos piden máis medidas de prevención e formación para o persoal das auxiliares que, denuncian, traballan en situación "precaria".