- Análise Feijóo en Madrid
- Política
A sanidade pública na 'era Feijóo': 13 anos de conflitos, obras novas e protestas contra a deterioración
As mobilizacións de persoal e cidadanía contra a falta de recursos e o empeoramento da asistencia no Sergas son constantes desde que o actual presidente chegou á Xunta, período inzado de recortes, conflitos e reivindicacións de melloras, tanto desde dentro do sistema sanitario como na rúa.
O heteroxéneo paro no transporte recrúa: das peticións de axuda á esixencia de dimisión de Sánchez con raíces en Galicia
A organización convocante ten a súa sede social nunha área de servizo de Baamonde e existe dende hai máis dunha década, pero foi case descoñecida para a opinión pública ata hai semanas, agora baixo a denominación Plataforma Nacional. Co paso dos días, a mobilización reborda os marcos da plataforma no contexto de alza xeral dos prezos e o seu impacto multiplícase co bloqueo de diversos sectores económicos
O agravamento da alza de prezos e o bloqueo do transporte conducen o campo galego ao "peor momento da historia"
As consecuencias da guerra na Ucraína engaden máis dificultades a un sector que reclama solucións urxentes á protesta do transporte e o cumprimento da lei da cadea alimentaria. Falamos cun gandeiro sobre o día a día na súa explotación e mais con Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego) e Roberto García (Unións Agrarias)
- Análise Feijóo en Madrid
- Política
E Feijóo decidiu non alcanzar a Fraga: 13 anos, 13 fitos e un adeus
Pouco se parece a Galicia de 2009 á deste 2022 no que o quinto presidente da Xunta deixa o cargo cando aínda lle faltan dous anos para superar os do seu antecesor e despois de aplicar con éxito dispar a súa axenda liberal-conservadora
O paro nos transportes xa bloquea sectores clave da economía galega e o Goberno central vincúlao coa extrema dereita
A mobilización paraliza importantes empresas e sectores no quinto día da protesta impulsada por unha plataforma minoritaria pero á que se unen moitos transportistas autónomos.
Douscentos 'venres negros': "Feijóo deixa Galicia cuns medios públicos ao servizo do PP"
O persoal mobilizado no movemento 'Defende a Galega' contra o "control político" cumpre 200 semanas de protesta, advirte que "a CRTVG non deu paso ningún cara a unha Radio Galega e TVG plurais, imparciais e neutrais" e acúsaa de "represaliar" ou condenar ao "ostracismo" aos traballadores que protestan.
Outra condena á Xunta por negar a unha traballadora modificar o horario para poder coidar de familiares
O TSXG condena o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por negar un cambio de quenda para atender os pais a unha educadora á que deberá indemnizar con 3.000 euros. A sentenza únese ao aluvión que nos últimos meses ratifican o dereito a modificar a xornada laboral para conciliar.
A guerra na Ucraína tamén bloquea o gran celeiro de pensos da gandaría galega e reabre o debate da soberanía alimentaria
O 40% do millo importado, esencial para a alimentación do gando, provén do país agora invadido por Rusia. A flexibilización para comprar o cereal na Arxentina ou o Brasil suaviza a situación do sector gandeiro, xa afogado pola suba dos custos de produción.
O prezo da bombona de butano volve subir o máximo permitido e xa roza os 19 euros
O importe sitúase nos 18,63 euros, cinco máis que hai un ano e o seu máximo histórico. Milleiros de fogares vense afectados polo incremento en Galicia, unha das comunidades onde máis gas butano se usa aínda.
O gas que dispara o prezo da luz é a quinta parte da enerxía da que dispón Galicia e xera o 14% da electricidade
A invasión rusa de Ucraína dispara os prezos do gas natural, que impacta no recibo da luz e incrementou o seu peso no balance enerxético galego nos últimos anos malia que a electricidade que xera no país é minoritaria.
Da cafetaría da TVG a Varsovia e volta: 7.000 quilómetros de solidariedade coas persoas refuxiadas pola guerra
Dous traballadores da televisión pública, o xornalista Alfonso Pérez e o produtor Ramón Castaño, viaxan a Polonia para entregar material humanitario e recoller unha familia de seis mulleres que escapa da invasión rusa.
Luz, gas e combustibles encarecen máis do 60% nun ano en Galicia e disparan o IPC a máximos históricos
O IPC rexistra un incremento do 8%, catro décimas máis que a media estatal, pola importante suba nos prezos da gasolina e a electricidade, que arrastran a alimentación e o transporte coa guerra en Ucraína como pano de fondo.