Endesa, lista para queimar nas Pontes carbón importado de Asia ata final de ano e despois pechar a central
Transportistas trasladan xa o material procedente de Indonesia e Casaquistán desde o porto de Ferrol ao complexo pontés, onde regresaron 30 operarios que foran enviados a outras plantas da empresa, que agarda o requirimento de Red Eléctrica para unha reactivación temporal antes do peche definitivo.
SOS Ourense: máis de 50 colectivos únense na protesta contra a "desfeita" de Jácome e o PP
Convocan unha manifestación o vindeiro día 18 para "virar o estado das cousas" e contra o "esmorecemento da cidade nunha fonda crise social, ambiental e cultural" da que culpan o goberno local: "O que acontece en Ourense é de vergoña allea".
Á xestoría para dar pedido cita en Atención Primaria do Sergas: a fenda dixital xa impacta na saúde
Persoas de idade avanzada recorren a xestorías para conseguir cita pola imposibilidade de contactar directamente e as limitacións de acceso aos centros de saúde. "As dificultades para acceder á asistencia favorecen o crecemento do sector privado e a saturación das urxencias", denuncia SOS Sanidade Pública.
Un informe encargado polo Concello da Coruña ínstao a retirar honores a Barrié, Peñamaría ou Alfonso Molina
O goberno local ten no seu poder desde hai máis de ano e medio un estudo que pide eliminar as distincións e nomes das rúas a 14 persoeiros, entre eles varios alcaldes franquistas ou o herdeiro do Banco Pastor.
A suba dos custos de produción afoga o sector gandeiro, que volve ás protestas
Tractoradas e mobilizacións ante as industrias lácteas únense ás protestas dos produtores de carne vacún, todas elas na demanda de prezos xustos no campo galego.
A Xunta auditou o hospital de Conxo xusto tras a visita do Defensor del Pueblo que revelou novas eivas
O PP vota por terceira vez desde 2018 a favor de instar o Goberno galego a "resolver as graves deficiencias" do centro e recoñece que o Sergas levou a cabo en agosto a auditoría que a Cámara reclamara en marzo.
Mil bombeiros forestais volven ao paro tras seis meses e piden traballar todo o ano pola ameaza de graves incendios
Brigadistas de Vigo e Baixo Miño reclaman estender os seus contratos, que veñen de rematar, para ampliar os traballos de prevención ante o lume "de gran perigosidade" que trae o cambio climático e o abandono no rural. Únense así ás demandas de sindicatos e colectivos profesionais.
O xulgado arquiva a causa contra as persoas que ocuparon simbolicamente o Pazo de Meirás
Os autodenominados '19 de Meirás' cualifican como "vitoria" o arquivo da causa, que non é firme e pode ser recorrido polos Franco á Audiencia Provincial.
A dirección do PSOE dá o mando do Congreso Nacional do PSdeG ao equipo de Formoso e destitúe o que nomeara Caballero
Ferraz nomea unha comisión organizadora proposta polo novo secretario xeral que se encargará tamén da "xestión ordinaria" do partido ata a celebración do cónclave.
Galicia sae da crise laboral da COVID afondando nun modelo baseado no turismo e o sector servizos
Desde a chegada da pandemia, creáronse 11.000 empregos no sector servizos e perdéronse 1.400 na industria; a hostalaría ten uns 2.000 asalariados máis agora que no mes anterior ao confinamento.
"Sen resposta" da Xunta ás eivas do psiquiátrico de Conxo malia as denuncias do Defensor e o compromiso co Parlamento
O último informe do Alto Comisionado advirte da falta de actuación e volve denunciar as graves irregularidades que xa advertira catro anos antes e que a Cámara instou a arranxar o pasado marzo. O Goberno galego encargou unha auditoría que xa se levou a cabo e o Sergas abordará a situación con familiares de pacientes e profesionais.
O paro sobe en outubro en Galicia, que volve rachar coa evolución positiva do mercado laboral no Estado
As inscricións nas oficinas de emprego aumentan en 991 persoas e a afiliación media á Seguridade Social descende en 1.578. Baixa o persoal en ERTE vinculados á pandemia pero aumentan os expedientes por causas económicas, técnicas, organizativas e de producción.