Os incendios deste verán en Galicia obrigaron a desaloxar das súas casas máis de 1.800 persoas
Nove fogos requiriron de evacuacións que afectaron un total de 1.852 persoas, a maioría delas na vaga do pasado mes de xullo. En 18 deles houbo consecuencias para a poboación e os seus bens.
- Entrevista | Carmen Lence Mans da Galicia que vén
- Economía
"Galicia non debe deixar o seu sector produtivo en mans de empresas con intereses fóra"
O grupo Lence inclúe, entre as súas marcas, Leche Río, Leyma ou Solar, ademais doutras compañías. Con varias décadas de historia e máis de 300 millóns de litros de leite comercializados por ano, nel confórmase principal grupo lácteo galego. Á fronte, unha muller que asumiu a responsabilidade en 2019.
- Vídeos
- Acontece
A seca baleira os encoros de Galicia pero os investigados hai un ano teñen máis auga agora
A auga encorada en Galicia está no seu nivel máis baixo dende 1990 e a seca segue a empeorar a situación, pero as presas que Iberdrola e Naturgy baleiraron bruscamente hai doce meses están a maior capacidade.
A Xustiza investiga a morte nun PAC de Sanxenxo dunha muller que non puido conseguir unha ambulancia
O marido da falecida denunciou o 061 por non terlle facilitado o transporte sanitario. O Sergas aclara que o médico determinou "a ausencia de criterios de gravidade" e recomendoulle o traslado da paciente polos seus medios.
- Datos Crise de prezos
- Economía
A gasolina en Galicia xa custa nas estacións de servizo o mesmo que antes da guerra de Ucraína
O importe da gasolina, aplicado o desconto, é de 1,62 euros, o mesmo que o día antes de que Rusia iniciase a invasión e se disparasen os prezos dos carburantes. O prezo do gasóleo é semellante pero aínda maior ao que marcaba antes do conflito.
- Datos
- Acontece
O primeiro semestre de 2022 afonda na caída da natalidade en Galicia: 2.000 nacementos menos que hai cinco anos
Nos primeiros seis meses do pasado ano houbo 6.941 nacementos en Galicia, un descenso do 2%, segundo os datos publicados polo INE.
- Entrevista | Xosé Lois Lamazares Mans da Galicia que vén
- Economía
"Falta unha cultura empresarial que aposte máis polo local e pola economía social"
Lugar da Veiga produce desde Chantada as famosas galletas mariñeiras. Conta con máis de 80 traballadores e máis da metade son tamén socios dunha empresa que factura máis de 6 millóns de euros ao ano cun proxecto baseado no compromiso co medio e co local e na calidade dun produto plenamente natural.
- Entrevista | Cristina Fernández-Armesto Mans da Galicia que vén
- Economía
"No rural de Galicia témolo todo, o que faltan son modelos máis cooperativistas, máis colaboración"
Casa Grande de Xanceda é o segundo maior produtor ecolóxico do Estado e o primeiro de Galicia. Nas súas 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos pacen máis de 300 vacas e co seu leite elabóranse todo tipo de produtos lácteos dunha gandería que, en 2002, foi unha das primeiras en certificarse oficialmente como ecolóxica.
Así mudaron os incendios a paisaxe do Courel ou Valdeorras
As imaxes ofrecidas polo satélite Sentinel-2 amosan con claridade a destrución causada polas lapas e a magnitude das superficies afectadas.
Escotet critica o imposto á banca e Sánchez confírmao: "Imos na boa dirección se os bancos protestan"
O presidente do Goberno central que dirixentes de bancos "xa protestaron pola suba do SMI ou a reforma laboral". O presidente de Abanca cre que o imposto á banca sería "daniño para todos os sectores da sociedade": "Non ten nada de positivo; agardemos que non se aprobe".
Arquivada unha sanción "grave" imposta ao abeiro da lei mordaza por tratar de "ti" a un policía
A Subdelegación do Goberno arquiva unha multa de 600 euros imposta a un home de Lugo por terse negado supostamente a identificarse e actuar de forma "desafiante", feitos que desmente un vídeo achegado polo afectado.
- Datos
- Economía
Galicia bate marcas en contratación indefinida e redución da temporalidade mentres aumenta o peso do sector servizos
O efecto da reforma laboral provoca que se superen por primeira vez as 700.000 persoas asalariadas con contrato fixo e sitúa a taxa de temporalidade no seu nivel máis baixo (20,1%).