- 📺 Reportaxe
- Deportes
"Aghora vai o ghol!": 25 anos desde que as estrelas do fútbol galego cantaron pola selección
Nacho, Míchel Salgado, Fran e José Ramón colaboraron con Xenreira, Korosi Dansas e Os Diplomáticos nun disco que reivindicaba a selección galega. 'Lume de Biqueira', cos irmáns ribeirenses, virou en himno: "A intención era reivindicar o fútbol modesto e a paixón das bancada",
O TSXG confirma que a Xunta discriminou as pequenas granxas ao excluílas das axudas COVID
Medio Rural deixou fóra as explotacións de carne de menos de dez vacas, maioritarias en Galicia. O Superior admite o recurso do SLG, ordena anular este requisito e recoñece o dereito dos titulares destas granxas a ser beneficiarios.
- Datos
- Economía
O traballo temporal cae ao 22,5% en Galicia, mentres construción e servizos compensan a perda de emprego industrial
O emprego mantense plano no primeiro trimestre deste ano segundo os datos da EPA, que sinalan un aumento do paro en case 6.000 persoas.
O auxe do gas sitúa as centrais de ciclo combinado entre as industrias con maior impacto climático en Galicia
A substitución do carbón fai que a planta de gas fósil que Endesa ten nas Pontes sexa xa a segunda instalación galega con maiores emisións de CO2, só por debaixo do complexo de Alcoa na Mariña.
A Xunta suprime Xeografía e Historia de Galicia no Bacharelato pero di que sae "reforzada" cunha nova materia
Docentes recollen sinaturas e protestan pola substitución desta optativa por Patrimonio e Sociedade de Galicia e alertan dos "prexuízos" na "aprendizaxe sobre a identidade territorial e histórica de Galicia". "Son coñecementos troncais que non poden substituírse por sucedáneos", advirten
A fábrica de fibras téxtiles instalarase en Palas de Rei tras pedir a Xunta que fose á Mariña
Altri decide erguer na Ulloa a planta que opta a fondos europeos Next Generation menos de tres meses despois de que o Goberno galego e o Parlamento instasen a que se emprazase "preferentemente" no norte da provincia. A Mancomunidade mariñá amosa a súa "profunda indignación" e acusa o Executivo de "desprezo".
A porcentaxe de alumnado galego que cursa Relixión en Primaria caeu case 30 puntos en 15 anos
A materia relixiosa perde forza no currículo escolar coa nova lei educativa despois de que a 'lei Wert' detivese a constante caída no número de escolares que optaban por ela na ESO e no Bacharelato. Terá menos carga lectiva e e a súa nota non será tida en conta na cualificación media. A proporción de estudantes que a escolle en Galicia está un chisco por riba da media do Estado en todas as etapas e rolda do 60% en global
O legado de Narciso Luaces: o Ortegal busca recuperar o seu museo etnográfico
Este labrego, falecido hai xa tres anos, xuntou na súa casa arredor de 4.000 pezas de todo tipo nunha colección de gran valor, visitada durante anos por centos de persoas e que busca agora a implicación das administracións para volver ser posta en valor.
O comité acusa a CRTVG de "rebentar" o acordo para estabilizar emprego ao esixirlle asinar louvanzas á empresa
O pacto para a estabilización de 270 prazas agora temporais salta polos aires ao incluír a empresa no preámbulo gabanzas á Corporación
Vento, sol e gas innecesario: o prezo da luz baixa ao nivel máis baixo en medio ano tras bater marcas en marzo
A forte produción eólica e fotovoltaica logrou expulsar o gas da conformación de prezos e reducir o custo da luz. O maior peso das renovables tamén implica menos contaminación e a baixada dos custos dos dereitos de emisión de CO2. Analizámolo coa axuda da experta Rosa Regueiro, que tamén advirte de que medidas coma o posible tope temporal ao prezo do gas supoñen "continuar a poñer parches ante unhas distorsións que, aínda que agora acentuadas, xa ocorrían antes da guerra"
Vinte barcos 'pantasma', cerco xudicial e un estaleiro quebrado: dez anos da "alianza" da Xunta con Pemex
Unha controvertida viaxe de Feijóo a México hai unha década deu inicio aos negocios da petroleira en Galicia, investigados pola Fiscalía, sinalados polo Goberno do país americano como clave na súa crise con España e con moreas de promesas incumpridas.
A metade dos concellos con caixeiros subvencionados pola Xunta rexeitaron a atención presencial á veciñanza
Dos 38 municipios que solicitaran adherirse ao convenio entre Xunta e Fegamp, dous desistiron finalmente. Para acceder á asistencia e formación os concellos tiñan que ceder un local "sen custo" para Abanca