"Inclusivo dende o galego" e cunha visión menos instrumental: o novo modelo da RAG para o plurilingüismo
A Academia edita unha guía para o profesorado a partir do Mapa Sociolingüístico escolar de Ames na que aposta por poñer en valor a diversidade lingüística, facer unha "axeitada avaliación" sobre o impacto do Decreto 79/2010 na percepción dos idiomas e implicar todo o profesorado na actitude respectuosa cara a todos eles.
Ampliado o permiso para a explotación da mina de coltán de Viana do Bolo
A empresa que xestiona a única explotación mineira deste cobizado material en Europa obtén o visto e prace da Xunta para a extracción de recursos da zona, da que ata agora só aproveitaba os restos da antiga explotación.
A falta de ambulancias volve pór o foco nun modelo de transporte sanitario "perverso"
O traslado dun home grave en padiola e pola rúa ata un helicóptero por falta de vehículo sanitario no Rosal volveu situar no foco un sistema criticado pola oposición, que pide a súa xestión pública, e polo seu persoal.
Rueda secunda a Feijóo acusando o Estado de "maquillar" os datos do paro pero atribúe a súa baixada á Xunta
O presidente da Xunta coincide co líder do PP en acusar o Goberno central de "maquillaxe" ao non contar os fixos discontinuos como parados, algo que sempre figurou así nas estatísticas, tamén cos executivos populares.
A condena por represalias que nin inmuta a CRTVG: "Hai unha impunidade total"
Olalla Rodil (BNG) e Noelia Otero (PSdeG), xornalistas e membros da comisión de control dos medios públicos, reflexionan sobre a falta de medidas e o "silencio" ante a "manipulación perversa" ou a sentenza do TSXG que confirma que un traballador foi sancionado por se mobilizar contra a Corporación.
- Datos
- Economía
Galicia chega ao verán con menos paro que antes da crise de 2008 e máis emprego que antes da COVID
O 38% dos contratos asinados foron indefinidos en maio, mes no que o paro rexistrado caeu en 4.482 persoas e no que a afiliación media á Seguridade Social incrementouse en 6.751.
A CRTVG cualifica de "cuestión laboral" a condena por represalias a un traballador mobilizado nos 'venres negros'
O director xeral considera unha máis a sentenza do TSXG que acusa a Corporación de sancionar un xornalista por apoiar os 'venres negros' e asegura que "non cuestiona o bo facer" dos medios públicos.
O TSXG ratifica que a CRTVG sancionou un traballador en represalia por mobilizarse nos 'venres negros'
O Tribunal Superior desestima o recurso da Corporación, confirma "integramente" o ditame dun xulgado compostelán e insiste en que a sanción a Carlos Jiménez debeuse á súa protesta contra a manipulación nos medios públicos.
- Entrevista | Erika Brenlla Pola sanidade pública
- Acontece
"A falta de médicos ten a sanidade coa soga ao pescozo; hai que mellorar xa as condicións e non poñer parches"
A sanitaria compostelá, presidenta da Asociación MIR España, advirte de que "a precariedade é o principal motivo polo que o persoal se afasta da Atención Primaria", logo de que España e Galicia non desen cuberto todas as prazas de formación para Medicina Familiar este ano.
A ría volve ser só "de Ribadeo" por irregularidades no ditame que a nomeou tamén como "del Eo"
O Ministerio de Transportes estima parcialmente o recurso de varias administracións e impón a denominación ría de Ribadeo tras advertir da falta de motivación do informe no que o Instituto Xeográfico Nacional baseou a súa resolución e a imposibilidade de coñecer os argumentos e razóns desta.
Produtoras independentes advirten da súa "sentenza de morte" pola lei audiovisual do Estado, salvada coa abstención do PP
O PSOE saca adiante a norma grazas á abstención dos populares logo de introducir unha emenda que permite ás produtoras vinculadas a grandes grupos acceder aos beneficios das independentes, o que provocou o rexeitamento de Unidas Podemos, ERC ou BNG.
A Xunta rectifica e mantén Xeografía e Historia de Galicia no currículo do Bacharelato
Educación confirma a inclusión de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia como materia optativa en 2º curso logo de propoñer Patrimonio e Sociedade de Galicia como alternativa e tras as críticas de sindicatos, docentes e ámbito universitario.