- Entrevista | Lara Graña
- Economía
"En Galicia o poder estaba nun empresariado que era como unha estirpe. O silencio político con Pescanova non tiña explicación"
Case oito anos pasaron entre a creba de Pescanova e a recente sentenza que condenou o presidente da compañía, Manuel Fernández de Sousa, por falsear as contas. O Faro de Vigo adiantou a nova da creba en febreiro de 2013 e unha xornalista, Lara Graña, seguiu desde aquel día todo o proceso, incluído un xuízo, hai menos dun ano, no que foi a única periodista presente durante semanas.
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Relato dun rastrexador contra a pandemia: "Teño chorado ao chegar á casa"
Un traballador que atendeu o teléfono de información no peor da primeira onda da covid e pasou logo a rastrexar os contactos dos positivos relata un labor complexo e soportado por teleoperadores 'mileuristas' e sen formación sanitaria.
O Goberno de España confirma que prevé anular o xuízo e a condena dos golpistas a Alexandre Bóveda
O Executivo advirte nunha resposta ao BNG que a nova Lei de Memoria Democrática declarará "radicalmente nulas" as condenas por razóns políticas ou ideolóxicas durante a guerra civil, así como a "ilexitimidade e nulidade" dos tribunais impulsados polo fascismo daquela.
A turbidez do río Eume volve apuntar a Endesa e á contaminación da antiga mina
A situación das augas, turbias e con restos de óxido, mantén desde o sábado a prohibición de beber auga da billa en Pontedeume. A Xunta abre expediente e declara a situación de emerxencia.
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
Cando o instituto detecta o coronavirus antes de que entre nas aulas
Un brote en Tomiño sinalou nun inicio o instituto, malia que tivo lugar nun encontro de alumnos fóra del e as probas comprobaron que ningún contaxio se produciu no centro. Pese ás eivas, o labor e a concienciación da comunidade escolar está a conter a covid no ensino.
A Xunta mantén oculto o resultado do seu segundo estudo do coronavirus dende hai catro meses
O Sergas segue sen facilitar os resultados malia que asegurou que o faría en xuño. O Parlamento insta o Goberno a que os publique e o PP di que se non se fixo porque as conclusións son "bastante parecidas" ás da primeira fase.
O suceso dun neno esquecido nun bus escolar vira en 'rebelión' contra a Consellería de Educación en Oleiros
A "dimisión obrigada" da directora polo incidente no bus escolar indigna profesorado e familias do colexio Luís Seoane. A Xunta de Persoal Docente da Coruña esixe o cesamento do xefe territorial de Educación e sinala a Inspección.
O Sergas decidiu pechar Ourense para deter a "expansión" do virus: "bomba vírica non estaba controlada"
O conselleiro Comesaña e o comité clínico que asesora á Xunta advirten dunha alta incidencia do coronavirus, con epicentro na capital e Barbadás, "que se ía estendendo a concellos limítrofes" sen control.
A Xustiza reaviva a pantasma da fusión das caixas e Feijóo vólvese desentender
O auto da Audiencia Nacional volve poñer o foco sobre o impulso do Goberno galego un proceso escuro que acabou cunha entidade quebrada que virou nun banco venezolano e 9.000 millóns de euros públicos perdidos
BNG e PSdeG esixen reabrir a paralizada investigación das caixas tras o sinalamento da Audiencia Nacional
Nacionalistas e socialistas coinciden en destacar a "gravidade" do sinalado polo tribunal e piden "explicacións" inmediatas a Feijóo. "Aquí investiga todo o mundo menos a Cámara galega polo veto do PP", destaca Noa Presas.
A Liga corta unha retransmisión do Burela noutro conflito aguilloado pola patronal do fútbol en Galicia
Unha denuncia da asociación de clubs, da que se deu de baixa o club mariñao, provocou a suspensión da emisión en directo do primeiro partido da División de Honra a través das súas redes, outro capítulo dunha batalla máis longa.
As Percebeiras: o proxecto herdado do antigo urbanismo que ergue o barrio coruñés de Labañou
Un plan avalado polo Concello, con doce edificios e ata 13 alturas ao pé do mar, provoca o rexeitamento da asociación veciñal, que pide zona verde e advirte do innecesario da iniciativa nunha cidade con alta densidade de poboación e 20.000 vivendas baleiras.