Noriega "acelera" a súa marcha do Concello de Santiago tras o fracaso electoral de Galicia en Común
O ex-alcalde de Santiago deixa a súa acta de concelleiro e recoñece que o espazo rupturista, do que foi un dos principais referentes, "cometeu moitos erros", e que "as "liortas internas pasaron factura".
- Análise Galegas 2020
- Política
O rupturismo en Galicia: dos ecos de Syriza ao esmorecemento
O espazo de Podemos, Anova e as mareas municipalistas, impulsado pola irrupción de AGE en 2012, queda sen representación no Parlamento tras atraer un cuarto do electorado galego hai tan só cinco anos.
Galicia queda tras o 12X como unha das dúas autonomías sen representación institucional de Vox
A extrema dereita obtén só o 2% dos votos e queda lonxe do seu obxectivo de entrar no Parlamento. Coa súa irrupción na Cámara vasca, só no país e no territorio navarro queda sen representantes públicos.
Galicia en Común fracasa e desaparece do Parlamento
A coalición de Podemos, Anova, EU e as mareas municipalistas vive a súa noite máis negra. A esquerda rupturista, que chegou a ser segunda forza cos 14 escanos de En Marea, non acada nin o 5% dos votos.
O PSdeG fica estancado e lonxe do obxectivo de recuperar o liderado da esquerda
Os socialistas obteñen uns resultados semellantes aos de hai catro anos e volven sufrir o 'sorpasso' do BNG, como xa lles ocorrera en 2016 con En Marea. Gonzalo Caballero asegura seguirá liderando o partido.
Galicia en Común apela a loitas sociais como a de Verín, onde sitúa "o principio da fin de Feijóo"
Gómez Reino volve facer un chamamento para que PSdeG, a súa formación e BNG se xunten "para dar unha mensaxe clara de cooperación".
Pontón chama a concentrar o voto do "cambio galego" no BNG, que mide a lonxitude do seu salto o 12X
A candidata do Bloque á presidencia da Xunta reclama mobilización, en especial á xente nova e aos indecisos, para "enterrar a incompetencia de Feijóo".
Persoal sanitario e concellos da Mariña alertan de que non cadran as cifras do brote e a Xunta retruca que son "reais"
Profesionais do Sergas na comarca critican o confinamento de só cinco días, acusan a Sanidade de "maquillar" datos e denuncian que se manteñan as eleccións e que se "banalice" a repunta de casos de coronavirus.
- Alén do 1 | Noelia Otero Galegas 2020
- Política
"O cambio na Xunta é agora tanto ou máis necesario que en marzo"
A xornalista viguesa deu o salto á política da man do PSdeG. Implicada activamente na loita pola sanidade pública, fala tamén desde a súa experiencia da situación da CRTVG: "Hai control, censura e manipulación; é unha vergoña".
O Estado reitera a "fraude" de Franco para facerse co Pazo de Meirás e reivindica a súa propiedade pública
O avogado do Estado defende nas conclusións do xuízo a existencia dun "título simulado" en 1941 para dar "aparencia" de que o ditador adquiriu o inmoble e agochar a doazón de 1938.
- Con vídeo Pola sanidade pública Galegas 2020
- Política
A enfermería eventual chama a un cambio o 12X para mudar as políticas do Sergas: "Que pase o seguinte"
O colectivo, que representa milleiros de profesionais, lembra a perda de camas, a diminución do gasto sanitario ou a elevada temporalidade na última década con Feijóo e pide mobilización nas urnas: "Se non cambias nada, nada cambiará".
- Reportaxe Coronavirus Galegas 2020
- Acontece Lugo
A Mariña, entre a incerteza, o temor e o enfado: "Non penso ir votar; e coma min, moitos máis"
Veciñanza da comarca mariñá amosa a súa "indignación" polo illamento de tan só cinco días e a preocupación polo impacto económico do brote e advirte da posibilidade dunha elevada abstención o 12X.