Feijóo insiste en reactivar a térmica das Pontes e Transición Ecolóxica advírteo de que pide cousas inviables
O presidente da Xunta reúnese con Endesa sen propor alternativas á central nin diversificación. A ministra Ribera lembra que as vantaxes fiscais que pide non arranxan o problema, van contra o marcado pola UE e "só favorecen os máis privilexiados"
Os datos da enfermería volven desmentir a Xunta: máis dun terzo do persoal é eventual
Un estudo realizado por Eventuais en Loita conclúe que o 36% das enfermeiras do Sergas son eventuais, fronte aos datos que achega Sanidade, que fala de case un 90% de estabilidade entre o persoal sanitario
"A Xunta debe impulsar unha transición sustentable e non a reconversión encuberta de Endesa"
Rodríguez Añón é coordinador do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable da USC, desde onde se analizan alternativas sostibles ao peche das térmicas e advirten da "oportunidade única" que afronta Galicia
A Xunta pecha a aula de Infantil en Trabada mentres o Concello tenta atraer familias con fillos para evitalo
Educación suprime a unidade malia a iniciativa municipal que cedeu de balde vivendas ás que finalmente só chegou unha parella con dous pequenos. A alcaldesa mantén o proxecto e pide "colaboración e empatía" contra o despoboamento no rural
Preconcurso de acredores no emblema das promesas de Feijóo sobre Pemex
Os acordos solemnizados por Feijóo con Pemex no ano electoral de 2012 chegaron a roldar a vintena de barcos; finalmente a encarga de dous buques e a entrada no accionariado de Barreras foron as consecuencias máis tanxibles
- Entrevista | Xosé Veiras A fin do carbón
- Economía
"O negacionismo e actitudes ilusas leváronnos a situacións como a das Pontes"
Advirte de "responsabilidades repartidas" dunha transición, tras o peche da central térmica, que será "brusca e acelerada". "Durante vinte anos, partidos, sindicatos e administracións negaron a necesidade de que cerrase", di
A biomasa, unha alternativa inviable para remudar o carbón nas Pontes
Malia as demandas políticas e sindicais, Endesa, Xunta e expertos advirten da inviabilidade deste combustible para a central térmica, cunha potencia que requiriría uns 15 millóns de toneladas ao ano de restos forestais
Galicia destrúe máis de 7.000 empregos en setembro malia asinarse case 107.000 contratos
O paro rexistrado sobe en 3.164 persoas, o maior incremento neste mes desde 2011. Os fogares galegos que chegan con dificultade a fin de mes aumentaron en 9,28 puntos e supoñen xa o 37,1%
Por que agora? Respostas para a inevitable fin da térmica de carbón nas Pontes
Endesa anunciou de súpeto e antes do previsto o futuro peche da planta, a empresa máis contaminante de todo o Estado, nunha decisión empresarial con múltiples causas pero cun final tan esperado como falto de alternativas
A corrupción e fraude millonaria na patronal galega: un xuízo que chega 20 anos tarde
Os xulgados de Santiago volveron adiar o xuízo polo burato de máis de 6 millóns de euros en cursos de formación desvelado a principios de século na patronal galega, que segue en crise, descabezada e envolta en polémica
A dura volta á escola en tíckets: 200 euros polos libros de Primaria
O PSdeG lanza unha campaña nas redes sociais reclamando a gratuidade do material escolar e anima ás familias a difundir os seus elevados gastos malia un sistema de préstamo que non chega a toda a rapazada
- Datos As cifras do galego
- Acontece
Un cuarto da infancia en Galicia non sabe falar galego e case a metade só usa o castelán
Tan só o 26% dos nenos e nenas falan na lingua propia sempre ou acotío, dez puntos menos que hai dez anos. Tras unha década do decreto do plurilingüismo, a rapazada fala e sabe menos galego