A Xunta aumenta as restricións en comercio e hostalería nas áreas de Ferrol e Santiago e en Vimianzo
O Goberno galego incrementa as limitacións nalgúns dos municipios que xa están confinados perimetralmente: Ferrol, Narón, Fene, Neda, Santiago, Ames, Teo e Vimianzo. Lugo, A Coruña, Vigo e a área de Pontevedra manteñen as anunciadas o venres.
Contas insta o Sergas a "regular" os concertos coa sanidade privada e detecta unha suba do gasto, que encabeza Povisa
O órgano fiscalizador censura que haxa servizos "sen ningunha fórmula contractual" e que se recorra retiradamente ás "autorizacións de uso" e destaca o incremento nun 3% do gasto nos concertos, ata 208 millóns.
Cen anos da revista 'Nós': "Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos"
O 30 de outubro de 1920, hai un século, saía do prelo o primeiro número dunha publicación símbolo da xeración do mesmo nome e fundamental na reivindicación nacional e cultural de Galicia ata hoxe en día.
A Xunta reserva 230.000 euros para persoal de "seguimento" da orixe dos contaxios da COVID, que ignora no 65% dos casos
A Consellería de Sanidade tira do fondo de imprevistos para un novo programa de control do coronavirus que afonda nunha das súas eivas contra a pandemia: o achado dos "casos orfos".
O Goberno central pide que se execute xa a sentenza que ordena devolver o Pazo de Meirás ao Estado
O ministro de Xustiza anuncia que o Executivo solicitará a execución provisional do ditame para evitar que o recurso da familia do ditador dilate a devolución das Torres "un ou dous anos".
Alcoa acusa os gobernos no xulgado de "presionar" para unha venda da planta da Mariña que "non é a panacea"
A multinacional carga contra Xunta e Goberno central por actuar de maneira "parcial" e impulsar unha venda que non ve unha solución ás "perdas severas e recorrentes". Acusa a Liberty de non estar interesada realmente na planta de aluminio, senón na de alúmina, e de pedir 170 millóns para culminar a adquisición.
Máis do 80% da poboación ocupada en Galicia non puido traballar desde a casa durante o confinamento
Algo máis do 17% traballou no seu domicilio nalgún momento durante o segundo trimestre do ano e só o 14% fíxoo máis da metade dos días en activo.
A poboación con emprego en Galicia volve a niveis previos á pandemia, pero pendente dos ERTE
O número de persoas ocupadas no terceiro trimestre situouse en cifras case exactas ás do primeiro, con aínda unhas 20.000 persoas en ERTE por forza maior. O paro aumenta en 2.300 e a poboación activa sobe en 34.500.
Os brotes de Pontevedra volven pór o foco nos contaxios por COVID entre persoal sanitario, cuns 2.500 casos en Galicia
O último gromo no Hospital Provincial pontevedrés suma 27 afectados tras outros dous rexistrados en Montecelo nesta segunda vaga do coronavirus. Desde o inicio da pandemia, un mínimo de 2.458 profesionais foron afectados no país.
México volve poñer o foco nos negocios de Pemex en Galicia e sinala o descontrol en Barreras
A ASF, equivalente ao Tribunal de Contas en México, advirte da falta de supervisión por parte da petroleira no estaleiro vigués. A Fiscalía e a Unidad de Intelixencia Financeira ultiman o resultado das súas pescudas sobre a compra da firma galega por parte da empresa estatal.
Os cribados da COVID fóra do Sergas e con voluntariado erguen as críticas de persoal sanitario e oposición
BNG e PSdeG critican as probas masivas en farmacias e universidades por saír do sistema público de saúde ou por "utilizar estudantes en lugar de persoal titulado". Profesionais médicos e de enfermaría denuncian tamén ambas iniciativas.
As universidades botan man do voluntariado para organizar o cribado masivo da COVID que impulsa a Xunta
A Xunta enviou 50.000 tests rápidos de dobre banda ás tres universidades, que se encargan da loxística e tiran de estudantado e profesorado de Enfermaría para realizar as probas.