Galicia chegou ao Nadal coa incidencia da COVID estabilizada e récord de probas
As cifras mánteñense estables tras o aumento de contaxios da pasada semana. O pasado 23 de decembro o Sergas realizaou case 10.700 PCR nunha soa xornada.
- Obituario
- Cultura
Adeus a Lino Braxe, artista polifacético e figura clave da cultura galega
O actor, dramaturgo e escritor faleceu no día de Nadal na Coruña aos 58 anos.
A xustiza deita luz sobre as artimañas de Alcoa para desmantelar as súas factorías en Galicia a prezo de saldo
A sentenza do TSXG, o auto da Audiencia Nacional e testemuños de letrados advirten dunha estratexia global da compañía para pechar, eliminar competencia e despedir do xeito máis rendible a través de ERE ou polémicos procesos de venda, atrancados adrede ou facilitados a "empresas pantalla".
A incidencia da COVID no ensino é semellante á global de Galicia polo "comportamento exemplar" de docentes e alumnado
Os 216 casos activos por 100.000 persoas nos centros educativos sitúanse no nivel dos 207 na cidadanía, un impacto moderado malia as críticas de sindicatos e anpas á "improvisación" ou falta de medidas por parte da Xunta.
A porteira Irene, a historia dunha muller pioneira hai un século
Rubén Ventureira e Juan Luis R. Cudeiro debullan nun libro a historia desta moza coruñesa, a primeira futbolista profesional no Estado, fundadora do seu propio equipo e referente feminino e feminista xa hai cen anos.
Alcoa asume que a sentenza do TSXG frustra e paraliza os seus plans de recorte na Mariña
A multinacional asegura que "actuou de boa fe e cumprindo plenamente a lei", en contraposición ao duro ditame xudicial, e insisnte na "necesidade de reestruturación" polos "problemas estruturais significativos e permanentes".
A xustiza anula o ERE de Alcoa pola súa "mala fe" e acúsaa de buscar só o peche da fábrica na Mariña
O TSXG ordena reincorporar o persoal afectado e advirte que a empresa só quixo "apagar as cubas e pechar a fábrica da maneira máis rendible posible” e que o número de despedidos permitíalle non ter que devolver axudas públicas.
- Documento Memoria antifranquista
- Política
O plan de usos da Xunta para Meirás dedica apenas seis liñas á memoria e obvia como caeu nas mans de Franco
O documento ratifica a intención inicial do Goberno galego de "revitalizar o espazo arredor da figura da xenial escritora" Emilia Pardo Bazán, en contra das propostas do resto de administracións para o futuro do Pazo.
A Xunta recúa e xa non esixe priorizar Pardo Bazán sobre a memoria histórica en Meirás
O Goberno galego celebra a "coincidencia xeral" das administracións no futuro proxecto tras acatar o impulso á memoria democrática para as Torres, que atrasarán a súa apertura pola importante deterioración do seu interior.
Menos do 5% da poboación galega pasou o coronavirus e foron detectados case a metade dos casos
O estudo de seroprevalencia do Ministerio de Sanidade estima que unhas 121.000 persoas foron contaxiadas en Galicia, onde o impacto da COVID é dos menores no conxunto do Estado, só por riba das Illas Canarias.
A Coruña reclamará nos tribunais a Casa Cornide por irregularidades e "simulación" na venda aos Franco
O informe xurídico encargado polo Concello á UDC advirte da ilegalidade da permuta, a poxa e a venda posterior do inmoble, que considera de "natureza xurídico-patrimonial pública".
- Entrevista | Carlos Babío Memoria antifranquista
- Política
"Sorpréndenme os que insultaron por defender a devolución de Meirás e agora se atribúen os méritos"
O co-autor da obra clave na investigación sobre o espolio do Pazo e neto dunha familia á que o franquismo expulsou da súa casa repasa o proceso de recuperación das Torres e critica a falta de recoñecemento á sociedade civil no acto de entrega.