A Coruña reclamará nos tribunais a Casa Cornide por irregularidades e "simulación" na venda aos Franco
O informe xurídico encargado polo Concello á UDC advirte da ilegalidade da permuta, a poxa e a venda posterior do inmoble, que considera de "natureza xurídico-patrimonial pública".
- Entrevista | Carlos Babío Memoria antifranquista
- Política
"Sorpréndenme os que insultaron por defender a devolución de Meirás e agora se atribúen os méritos"
O co-autor da obra clave na investigación sobre o espolio do Pazo e neto dunha familia á que o franquismo expulsou da súa casa repasa o proceso de recuperación das Torres e critica a falta de recoñecemento á sociedade civil no acto de entrega.
A Xunta amaga con seguir a directriz de Casado e adiantar a matrícula escolar para esquivar a reforma educativa
O PP asegura que os gobernos autonómicos onde goberna evitarán así "as limitacións na liberdade de elección das familias" e o conselleiro de Educación advirte que a propia lei permite facelo.
A declaración BIC xa advirte a relevancia de Meirás como "lugar de memoria" por ter sido residencia de Franco
A Xunta insiste en diluír o espazo para a memoria histórica e priorizar o legado de Pardo Bazán. O documento de 2008 destaca a importancia das Torres polo seu pasado "indubidablemente asociado" coa escritora e co ditador.
A Xunta prioriza Pardo Bazán no futuro de Meirás e reserva aos xardíns o espazo para a memoria histórica
Aposta por "profundizar" na figura da escritora. "Para Galicia é máis interesante falar do Pazo de Pardo Bazán que do Pazo de Franco", di o conselleiro Román Rodríguez, tras presentar as bases do plan de usos das Torres.
Feijóo completa a súa viraxe sobre Meirás cun plan centrado en Pardo Bazán que dilúe a memoria histórica
Reclama a xestión para a Xunta do inmoble para basear os seus usos no legado da escritora, minimizando a recuperación da memoria democrática que tamén demandan o resto de administracións.
- Crónica Memoria antifranquista
- Política
O Estado oficializa a expulsión dos Franco de Meirás nun día de "xustiza histórica"
A avogada xeral do Estado, Consuelo Castro, recibe as chaves do Pazo que, di, "volve ás mans dos cidadáns galegos" nun "día histórico" en Sada ao que non asistiu ningún representante da familia do ditador.
Os herdeiros de Franco deixan Meirás tras manter a propiedade durante 42 anos de democracia
Entregan provisionalmente o inmoble por orde xudicial 82 anos despois da 'doazón' ao xeneral fascista e logo de décadas ostentando as Torres tras a morte do ditador. Feijóo reclama a xestión para Galicia e confirma a súa viraxe tras achegarse durante anos á postura da familia.
- Entrevista | Benito Portela Memoria antifranquista
- Política
"Tardamos moito en presentar a demanda para recuperar Meirás. Quizais houbo omisión do Goberno central"
O alcalde de Sada pide "decidir canto antes" que bens forman parte do BIC na previa ao "momento histórico" que suporá a entrega do Pazo ao Estado por parte dos Franco. "Penso agora no que tería sido Galicia sen aquel golpe militar", reflexiona.
- Interactivo Memoria antifranquista
- Acontece
O inventario do Pazo de Meirás inclúe 700 bens, entre eles as esculturas do Mestre Mateo
Consulta aquí a lista íntegra dos bens inventariados polos técnicos de Patrimonio da Xunta no inmoble que será entregado ao Estado o vindeiro xoves. Inclúe varios mobles e obxectos da familia real.
Outro temporal evidencia un problema endémico en Galicia: mil casas sen luz durante case tres días
Ata 6.000 vivendas quedaron sen subministro eléctrico na provincia de Lugo esta fin de semana tras o paso da borrasca 'Dora', moitas delas tamén incomunicadas durante horas polos cortes na rede de telefonía.
Da vacina obrigada ás multas por saltar a corentena: as claves da reforma sanitaria que o PP tramita de urxencia no Parlamento
O PP impulsa a modificación exprés da Lei de Saúde para blindar a facultade da Xunta para ditar confinamentos, peches ou cribados pola COVID e incorporar novas medidas sancionadoras, con multas de ata 600.000 euros, ou prohibir o 'botellón'.