O Sergas mantén ocultos un ano despois os informes técnicos que esgrimiu para pechar o paridoiro de Verín
"Non nolos proporcionan porque, sinxelamente, non existen nin nunca existiron", din desde o Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do hospital comarcal, que reclamou hai nove meses por carta a documentación.
- Investigación
- Política
A Xustiza investiga cobros irregulares a usuarias dos Servizos Sociais do Concello de Noia
As denuncias de varias mulleres vulnerables provocaron a apertura dun expediente municipal, que acabou cunha investigación da Fiscalía, a cal trasladou o caso aos xulgados ante os indicios de delito
Así foi o rescate do 'Blue Star' , o barco que fixo tremer a costa de Ares hai un ano
SMIT Salvage, a empresa contratada pola armadora, explica nun detallado vídeo a operación de reflotamento do quimiqueiro que pasou 18 días encallado.
O hospital de Verín supera os cen partos tras reabrir o paridoiro e apunta ás maiores cifras dos últimos anos
Alcanza os 103 nacementos malia que aínda queda un mes para rematar 2020 e que o Sergas pechou a sala de partos en xaneiro. O número de pequenos nados no centro comarcal aumenta máis dun 60% con respecto a 2019.
Cargos do PP de Ourense, BNG e PSdeG rexeitan o expediente do Sergas ao xinecólogo de Verín
Alcaldes e portavoces populares nas comarcas do sur de Ourense piden á Xunta a retirada da acción disciplinaria e únense ás protestas da oposición e colectivos sociais e veciñais.
- Entrevista | Javier Castrillo Pola sanidade pública
- Acontece Ourense
"Foi unha vinganza; xa me advertiran de que gardase ben as costas"
A Xunta abriu expediente ao xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, que foi un das caras visibles na loita contra o peche do paridoiro. "Houbo quen non asimilou que a xente acabase torcendo a súa vontade", asegura.
A Xunta evidencia a necesidade de máis rastrexadores da COVID con 2,5 millóns para novos teleoperadores
Sanidade volve recorrer ao fondo de imprevistos para a "contratación dun servizo de 'call center' para o rastrexo" tras considerar suficiente o persoal dedicado a este labor, que xa aumentou na empresa de telemárketing subcontratada.
Feijóo cesa o director xeral de Minas, un veterano pendente de varias denuncias e investigacións xudiciais
O Consello da Xunta decreta o cesamento de Ángel Bernardo Tahoces como director xeral de Planificación Enerxética, investigado polo seu proceder na reapertura de proxectos mineiros en Lousame e Santa Comba.
Nove concellos afectados pola couza poden volver plantar pataca, cuxa produción sobe tras catro anos
A Xunta levanta a prohibición á plantación do tubérculo en Cariño, Ortigueira, Neda, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro.
Greenpeace advirte "acoso" de Coren ao labrego da Limia ao que demanda 1 millón de euros
O grupo ourensán interpuxo unha demanda a Manuel García por unhas declaracións nas que denunciaba a contaminación dos acuíferos na Limia. A asociación ecoloxista elabora un detallado informe sobre o seu caso.
A patronal galega busca quen ocupe a cadeira presidencial tras case tres anos baleira
Pedro Rey e José Manuel Díaz Barreiros disputaranse a dirección da Confederación de Empresarios de Galicia, logo dun lustro sen contenda electoral, desgoberno e graves crises internas.
O conflito recrúa no Sáhara: de gozar os veráns en Galicia a adestrarse para a guerra
O Frente Polisario decreta a ruptura do alto o fogo tras acusar a Marrocos de incumprir o acordo cunha intervención en El Guerguerat. Mozos que pasaron meses de acollida con familias galegas prepáranse agora para un conflito armado activo case 30 anos despois. Falamos con Salamu, un deles, que se adestra en campamentos militares e explica: "Se me chaman á guerra, irei"