Outra morte dun paciente agardando no Hospital Clínico de Santiago pon o foco na saturación das Urxencias
O sindicato O'Mega denuncia o falecemento dun home que esperaba a ser atendido, di que é o sexto caso nestas circunstancias nos últimos anos e advirte da falta "recursos loxísticos e humanos" no servizo.
- Datos
- Economía
O paro de xaneiro confirma o freo á recuperación en Galicia, que destrúe 13.700 empregos
O desemprego rexistrado aumenta en case 2.500 persoas no primeiro mes do ano pola fin da campaña de Nadal no sector servizos, que acumula toda a suba.
O paridoiro de Verín reabre pendente de "captar outro pediatra" para completar o servizo
Tras meses de peche e protestas, o hospital recupera a atención aos partos tras cubrir o Sergas unha das dúas prazas convocadas. O xefe de Xinecoloxía amosa a súa "satisfacción" pero acusa a Xunta de colocarlle "un estigma" aos profesionais: "Fixéronnos moito dano".
Os colexios médicos galegos cren "inadmisible" o consentimento reforzado que a Xunta impón en Verín
O Consello Galego de Colexios Médicos carga contra o Sergas por unha "inédita variante" de permiso que "retorce o obxectivo para o que foi creado" e que "traslada ás nais a decisión de parir en Verín".
O desembarco de Pemex en Barreras avalado por Feijóo acaba na Fiscalía e co estaleiro galego ao bordo da quebra
O director xeral da petroleira ratifica as sombras e dúbidas sobre o acordo entre a Xunta e a empresa mexicana, critica con dureza a xestión do estaleiro vigués e advirte da ruinosa compra dos floteis, os dos únicos encargos para Galicia tras moreas de promesas incumpridas.
A Costa da Morte rebélase contra a falta de pediatras logo de que a da "saturada" área de Cee marche a Verín
Veciñanza maniféstase en Fisterra "contra os recortes en pediatría" ao quedar sen o especialista durante o seu período de vacacións. A doutora que atendía en Cee e Corcubión foi contratada polo Sergas para Verín.
- Documento Pola sanidade pública
- Política
A Xunta tenta frear as protestas sanitarias cun veto aos carteis críticos en centros do Sergas
Sanidade envía unha circular para "regular" a colocación de carteis e anuncios tras "detectar prácticas que non se axustan ás condicións de limpeza ou resultan inxuriosas ou ofensivas" e veta mensaxes que "favorecen determinadas formacións políticas ou ideolóxicas".
Feijóo ratifica a reapertura do paridoiro de Verín en febreiro e implica agora tamén no peche ao bipartito
O presidente da Xunta anuncia que o hospital comarcal recuperará a atención aos partos a vindeira semana, xusto dous meses despois de que a Xunta suprimise ese servizo e as urxencias pediátricas.
Fiscalía e afectados pola hepatite C volven recorrer para levar a xuízo os cargos da Xunta que foran acusados de homicidio
Plataforma e Ministerio Público presentan recurso despois de que o xuíz desestimase o de reforma presentado polos afectados e insisten en que hai indicios dabondo para que se abra xuízo oral.
A vitoria contra a mina de Touro: "Tamén é un aviso aos gobernos; hai que contar con quen habita a terra"
A plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non lidera e impulsa as protestas contra o proxecto desde hai dous anos e medio: "A mobilización e a unidade tamén poden parar empresas depredadoras".
- Datos
- Economía
Galicia frea na recuperación do emprego: 8.000 máis en 2019, 100.000 menos que antes da crise
O paro diminúe en 3.100 persoas e o número de ocupadas aumenta en 7.900 nun ano que asenta a febleza do mercado laboral galego, aínda con máis desemprego, menos traballo e menos poboación activa que antes do estoupido da recesión.
- Entrevista | Pere Mayans
- Acontece
"O peso da escola na normalización lingüística xa non é o de antes; é importante pero fai falta moito máis"
Xefe de Servizo de apoios e recursos lingüísticos da Conselleria d'Ensenyament en Catalunya, este experto en política lingüística participou en Santiago nun debate sobre o futuro do galego e advirte da "grande oportunidade" de futuro que a lingua ten pola súa "intercomprensión co portugués".