Xunta, deputacións e concellos rachan a negociación de axudas conxuntas á hostalería, que se reorganiza contra a crise da COVID
O Goberno galego seguirá adiante en solitario coas súas subvencións e o sector, dividido, salienta que cando menos logrouse aumentar o seu importe dos compromisos de todas as administracións
Feijóo engade o confinamento local ás súas demandas a Sánchez, que defende o actual estado de alarma
O presidente da Xunta dixo ver "receptividade" ás súas peticións tras a xuntanza na Moncloa, pero o presidente do Goberno central insiste en derrotar o virus "coas ferramentas legais avaladas polo estado de alarma".
A alcaldesa de Boimorto vacínase contra a COVID na residencia municipal de maiores
A Xunta di que "comprobará a listaxe que enviou á residencia" coas persoas que debían vacinarse. Feijóo asegurou a semana pasada que o "responsable e proporcional" para os alcaldes que se vacinan antes de tempo sería "presentar a renuncia ao cargo".
- EPA Coronavirus
- Economía
A pandemia deixou sen emprego ou nun ERTE a 50.000 persoas en Galicia en 2020
O ano da COVID destruíu máis de 15.000 empregos no país, ao que se suman as case 34.000 persoas en suspensión temporal.
A ampliación do hospital da Coruña, aprobada cos votos de PSOE e PP e entre críticas da veciñanza afectada
O convenio pactado entre o Concello e a Xunta prevé ampliar o CHUAC cara á zona habitada, o que ergue as protestas dos veciños, da Marea e do BNG, que denuncian o cambio de postura municipal.
Bruxelas asume a precariedade das enfermeiras do Sergas e mantén a investigación, que tamén apoia o PP europeo
A Comisión Europea mantén aberta as pescudas sobre os "abusos" da temporalidade, recoñece as "impactantes cifras" de suma de contratos e insta a acabar coas "prácticas abusivas". Millán Mon, eurodeputado galego do PP, defende a Xunta e desmárcase do seu partido no apoio ás demandas das Eventuais en Loita.
As administracións debaten como "rescatar" a hostalería, que perdeu 8.000 empregos en Galicia e mantén milleiros en ERTE
As tres deputacións gobernadas por PSdeG e BNG propoñen que cada administración achegue o 1% do seu orzamento a un fondo de rescate que chegaría aos 140 millóns, unha medida que apoia a Fegamp pero que rexeita a Xunta.
A pandemia rebenta as costuras da Atención Primaria entre a "frustración" do persoal
Profesionais advirten da elevada "carga burocrática" que supón o seguimento dos casos de COVID nuns centros de saúde que sofren a falta de recursos e o incremento na atención de problemas psicolóxicos entre os pacientes.
Pequenos clubs deportivos e empresas temen pola supervivencia por mor da parálise do deporte federado galego
As novas restricións, que limitan horarios e grupos, afectan máis de 282.000 persoas con licenza en Galicia, pero cébanse con negocios e autónomos que viven de impartir clases e adestramentos.
A fin da central das Pontes evidencia a falta de alternativas a un peche previsto: "Endesa vendeu tempo, a Xunta comprouno"
A Xunta denuncia a "improvisación" da empresa, que anunciou hai máis dun ano a súa intención de peche a expensas dunhas probas que nunca foron consideradas viables.
Mesía, vinte anos despois: a desfeita das vacas tolas que bateu na política local e fixo tremer o fraguismo
A Xunta soterrou centos de vacas sacrificadas por mor da doenza nunha antiga canteira entre a indignación da veciñanza. Cástor Gago, conselleiro de Agricultura, dimitiu, e o conflito impulsou na localidade un cambio político que aínda dura.
Endesa ratifica o peche da térmica das Pontes ao non ver viable a queima de lodos e biomasa
Alén dos "graves inconvenientes de carácter ambiental", Endesa esgrime que o alto custo da electricidade xerada co método probado deixaría a central pontesa "fóra do mercado eléctrico" e subliña que a fin da térmica non "foi un proceso sobrevido". O desmantelamento da factoría durará uns catro anos e a eléctrica asegura que se dispón a "activar" o seu plan para buscar proxectos empresariais que se instalen nas Pontes