- Entrevista | Manuel Muíño, alcalde de Zas Exclusión financeira
- Economía
"Non é un simple peche dunha sucursal de Abanca, é outra agresión, outra forma de despoboar o rural"
Os Concellos de Zas, A Baña e Vimianzo convocan para este xoves unha manifestación contra a clausura das oficinas do banco nas súas localidades e ás que xa se uniron outros gobernos locais. "A Xunta mira para outro lado", di o rexedor zaseiro.
Veciñanza e gobernos municipais rebélanse por toda Galicia contra Abanca polo peche de sucursais
Varios executivos locais impulsan este xoves unha manifestación ante a sede do banco para rexeitar o peche de oficinas e outros amosan a súa indignación coa entidade. En Galicia xa hai medio cento de municipios sen sucursal bancaria ningunha.
"Que o fútbol feminino estea en auxe tapa o machismo; agora é máis sutil"
Bibiana Santiso, aborda nunha investigación a "invisibilización" das mulleres traballadoras no ámbito futbolístico. Máis do 80% das consultadas para o informe di ter padecido ou presenciado machismo no seu posto de traballo; o 15% di ter sufrido acoso sexual.
A negativa do Reino Unido a aceptar test de antíxenos en galego impide voar a numerosos emigrantes
Varias familias quedan en terra ao intentaren viaxar a Londres, onde a lexislación británica esixe a proba en inglés, castelán ou francés. Afectados demandan máis información e tino coa validación dos documentos por parte de compañías e farmacias.
Medio cento de persoas traballan para o rastrexo de COVID do Sergas desde fóra de Galicia
Das 650 persoas que fan o rastrexo da COVID para o Sergas, 50 traballan desde fóra de Galicia, logo de que a empresa non cubrise as vacantes ofrecidas. Universal Support, que aínda presta o servizo de rastrexo, impugnou a adxudicación do novo sistema a Extel, que presentou unha oferta máis barata
Unha de cada seis inspeccións descobre fraude nos ERTE en Galicia: 414 sancións e 2 millóns en multas
Manter a actividade da empresa estando en ERTE ou ter empregados traballando máis horas das permitidas polo expediente parcial son as prácticas irregulares máis comúns.
- Vídeos
- Economía
Así descendeu en menos de dous meses o nivel de auga nos encoros investigados en Galicia
As imaxes do satélite Sentinel-2 amosan o brusco baleirado nas Portas, Cenza, Salas e Belesar nas últimas semanas, o que levou o Goberno central a abrir unha investigación pola xestión de Iberdrola e Naturgy.
O TSXG acusa a Xunta de "demonizar" a hostalaría co certificado COVID: "Non é idóneo nin eficaz"
Nun contundente auto, o Superior argumenta que a medida que o Goberno galego implantou durante semanas sen aval xudicial non é "idónea", xa que non impide o contaxio, nin "necesaria".
Persoal advirte de recortes na adxudicación do rastrexo da COVID, que foi impugnada pola empresa que aínda presta o servizo
Universal Support impugna a adxudicación do novo sistema estable de seguimento do coronavirus a Extel. CCOO advirte que a empresa adxudicataria pretende recortar en 400 traballadores o cadro de persoal.
O Goberno central abre expediente a Naturgy e Iberdrola polo baleirado de varios encoros en Galicia
O Ministerio para a Transición Ecolóxica investiga a xestión das compañías nas presas de Belesar, Salas, As Portas e Cenza, na conca do Miño-Sil, tras a abrupta baixada do nivel da auga en poucas semanas e a afectación aos ecosistemas.
As ANPAs alertan dos recortes no profesorado: "Nunca recibíramos tantas queixas"
Confapa-Galicia e Anpas Galegas advirten das numerosas denuncias das familias pola redución de docentes ou o peche de aulas no ensino galego de cara ao vindeiro curso: "A motivación da Xunta é puramente económica".
- Datos
- Economía
O impulso do verán saca 2.000 persoas do ERTE en Galicia nas dúas primeiras semanas de agosto
O número de traballadores en ERTE sitúase en pouco máis de 11.000 pola contratación na hostalaría e no turismo na temporada estival.