- EPA Coronavirus
- Economía
A COVID deixa en Galicia 60.000 persoas sen traballo ou en ERTE nun ano e agrava a crise industrial
O paro aumenta en 15.700 persoas no primeiro trimestre, a maior suba en termos absolutos do Estado respecto ao trimestre anterior segundo a EPA, que reflicte a destrución de 22.400 empregos industriais no último ano.
O ditame de Inspección contra as subcontratas de Amazon no Porriño abre a vía para acoutar a temporalidade no sector do transporte
A resolución recoñece como fixos os 200 repartidores subcontratados pola multinacional no seu centro loxístico de Galicia tras unha denuncia de UGT, que advirte de que esta decisión pioneira pode pór freo á eventualidade en moitas empresas.
O estudo da RAG constata que o galego é "residual" nas aulas da ESO na escola privada
O informe da Academia sobre o uso da lingua no final do ensino obrigatorio certifica a súa escasa presenza nos centros privados, onde o 95% do alumnado declara que o castelán é maioritario ou exclusivo nas clases.
A baixa competencia en galego do alumnado na fin da ESO acentúase no ensino privado
Máis dun 35% do alumnado castelanfalante que remata o ensino obrigatorio ten escasa capacidade para a lingua galega, segundo un estudo da RAG, que advirte que "a titularidade do centro si discrimina nas competencias" no idioma.
A Xunta prevé ter o plan de atención á soidade dous anos despois de que o Parlamento pedise aprobalo "de maneira urxente"
Feijóo presenta unha mesa de traballo cos concellos para elaborar unha estratexia para os 126.000 maiores que viven sós en Galicia que Política Social anunciara xa para marzo e que agora prevé aprobarse entre xuño e xullo.
Máis do 25% do profesorado fixo en Galicia ten máis de 55 anos e xubilarase en apenas media década
Os datos da Consellería de Educación debullados pola CIG amosan como case 8.000 docentes afronta xa os últimos anos da profesión.
A crise da COVID fragmenta de vez o sector hostaleiro, cunha nova federación á que a Xunta nega diálogo
Trece asociacións fundan Hostalaría Federada Galega ao non sentirse representadas polas vellas federacións provinciais. Supón 4.000 negocios, o 20% do sector, pero Feijóo négase a recibila.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera os 3.000 casos activos da COVID tras a xornada con máis PCR desde hai dous meses e medio
O Sergas detecta 211 contaxios novos nunha xornada con máis de 9.000 probas. A presión asistencial aumenta con 15 persoas máis hospitalizadas por coronavirus.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID mantense estable en Galicia, que reduce a presión hospitalaria
Descende en dez o número de persoas ingresadas por coronavirus, ata as 189. O Sergas detectou 204 contaxios novos na última xornada, dez máis que hai unha semana.
Goberno galego e PP consolidan coas deputacións a xestión pública dos parques de bombeiros que eles mesmos privatizaran
O Goberno galego e o organismo provincial de Pontevedra aproban a reversión que xa se aplica en Lugo desde maio de 2019 e na Coruña desde o 1 de xaneiro de 2020. Ourense iniciou os trámites para mudar un modelo privatizado impulsado polos populares.
O persoal da refinería de Repsol clama na Coruña contra o ERTE
Arredor dun milleiro de persoas mobilízanse contra o expediente proposto pola empresa, á que exixen investimentos na planta coruñesa.
Unha década despois das caixas, o recorte bancario restrinxe servizos e ameaza miles de empregos en Galicia
Os ERE en marcha no Santander, o BBVA ou o Caixabank afondan na perda de emprego e na exclusión financeira en centos de municipios. Abanca únese á limitación dos horarios de caixa aplicada polas tres grandes entidades.