Libro e balón: os históricos das Letras Galegas que se apaixonaron co fútbol
Pimentel, Celso Emilio, Castelao, Manuel María, Lugrís, Losada Diéguez, Carlos Casares... A revista O Dez descobre o vínculo de moitos literatos co deporte rei, xa for como xogadores, directivos ou afeccionados.
- Entrevista | Marcos Maceira Letras Galegas 2021
- Movementos sociais
"Sorprendeunos gratamente o apoio do PP á 'Iniciativa Xabarín'; esperemos que só sexa o primeiro paso"
A proposición impulsada pola Mesa para aumentar a oferta audiovisual en galego para a infancia e a mocidade e apoiada por máis de 33.000 sinaturas foi aprobada por unanimidade no Parlamento. Falamos co seu presidente.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos persoas hospitalizadas por COVID e descenso estable de casos tras unha semana sen estado de alarma
Galicia ten 20 persoas menos ingresadas por coronavirus e 65 casos activos menos que hai unha semana, cando se puxo fin ao peche perimetral e ao toque de recollida.
A eólica mariña colle pulo en Galicia como alternativa á crise industrial e ao impacto dos parques en terra
A Xunta acompaña o impulso que da 'offshore' fai a patronal do metal, que sinala tres zonas sen impacto coas que o país podería cubrir todo o seu consumo eléctrico e prognostica a creación de ata 5.000 empregos directos.
A Xunta reclama a persoas sen recursos que devolvan varios meses da Risga ao mantela incompatible co Ingreso Mínimo Vital
Solicita a devolución de toda a contía cobrada simultaneamente coa renda estatal ao manterse a incompatibilidade das prestacións e non terse abordado aínda a modificación da lei de inclusión, que as faría compaxinables.
As enfermeiras eventuais albiscan no plan do Estado contra a temporalidade os primeiros froitos tras dous anos de loita
Eventuais en Loita acolle "con esperanza pero sen euforia" a proposta do Goberno central á UE para reducir a precariedade ao cumprirse dous anos da súa 'revolta' e tras a denuncia que "impresionou" en Bruxelas.
A Xunta prevé menos atención presencial no Sergas que antes da pandemia e volve axitar o persoal médico
Sanidade insiste en incentivos económicos para aumentar ao 60% a presencialidade pero advirte de que non volverá ao nivel preCOVID. Profesionais acusan a Consellería de "transmitir unha idea falsa" e sinalar os médicos.
A Serra do Galiñeiro líbrase dos eólicos tras dez anos de "loita titánica contra a desinformación"
A Xunta informa da fin do polémico proxecto logo dunha década de rexeitamento veciñal liderado pola plataforma pola protección do espazo, que considera clave "achegar os datos que a Xunta non dá.
Prazos para declarar unha leira abandonada, banco de terras, eucalipto: as claves da reforma agraria que vén
O Parlamento aprobará a vindeira semana a lei de Recuperación da Terra Agraria, clave para o futuro agrícola, forestal, climático e demográfico de Galicia.
A mellora da COVID permite crear 3.200 empregos en abril, pero aínda hai 27.000 persoas en ERTE
O paro rexistrado descendeu en 9.941 persoas no pasado mes tras o alivio nas restricións.
A Xustiza intervén a antiga Alcoa na Coruña cun auto que "evidencia" o "baleirado" económico da factoría
A Audiencia Nacional relata unha operación de Parter e do Grupo Riesgo para a "descapitalización" da planta e advirte de indicios de presuntos delitos de estafa, apropiación indebida, branqueo ou pertenza a grupo criminal.
Enfermeira, hostaleiro, caixeira, adestrador: o Primeiro de Maio na ollada dos oficios golpeados pola pandemia
No Día da Clase Traballadora, falamos con persoal de catro sectores fortemente afectados pola COVID, ben polas duras restricións sufridas, ben pola sobrecarga que supuxo a súa esencialidade en tempos de coronavirus.