Valentín González Formoso, elixido novo secretario xeral do PSdeG con case o 60% dos votos
O presidente da Deputación da Coruña supera en case 1.400 votos a Gonzalo Caballero, impulsado polo importante apoio na maioría das cidades e unha ampla vitoria nas provincias do norte.
Os médicos rebélanse contra o plan do Sergas para retirarlles competencias na Atención Primaria
Os colexios médicos advirten de que recorrerán mesmo "pola vía xudicial" as medidas que prevén que persoal administrativo poida derivar pacientes ou que os farmacéuticos prescriban medicamentos. Acusan a Xunta de querer "transferir" parte das súas competencias para "compensar a falta de profesionais".
O conflito que non cesa na CRTVG: folga, 180 'venres negros' e reivindicación da información local
O persoal mobilizado de TVG e Radio Galega cumpre 180 semanas demandando o cumprimento da lei de medios e denunciando "manipulación". O paro de persoal interino provocou o xoves cambios na programación.
- EPA Coronavirus
- Economía
O emprego volve en Galicia a niveis previos á COVID e o sector servizos segue gañando peso fronte ao devalo industrial
O impulso do verán deixa atrás o impacto da pandemia no mercado laboral galego, que afonda na terciarización: a ocupación aumenta en 44.500 persoas nun ano nos servizos mentres cae en 15.000 no resto de sectores.
A Mariña vai á folga xeral farta do "abandono" e pola "supervivencia" da comarca
CIG, CCOO e UGT convocan o paro o 17 de novembro en demanda de resposta á crise industrial, pero tamén á continua perda de servizos e falta de investimentos e infraestruturas. Falamos coa alcaldesa de Viveiro (PSdeG), a de Barreiros (BNG) e o de Cervo (PP).
O Sergas disponse a desbotar o groso do persoal contratado pola COVID: "Volve a precariedade"
Máis de 730 profesionais contratados de emerxencia rematan o seu contrato nos vindeiros días coa única alternativa de seren contratados de novo pero en peores condicións e por menos tempo. Sanidade di que "está a analizar a continuidade dos contratos activos para garantir a continuidade da xestión da pandemia".
Reganosa reclama seis millóns de euros ao Concello de Mugardos
A planta de gas demanda nos xulgados un suposto cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas e provoca a indignación do alcalde popular, que amosa a súa "decepción, sorpresa e desacordo" coa compañía.
O movemento veciñal tamén se ergue contra o peche de sucursais: "Alguén debe frear o abuso dos bancos"
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais convoca mobilizacións a partir de novembro contra a clausura de oficinas ou a limitación de horarios, reclama unha banca pública e pide a devolución do rescate financeiro.
- Entrevista | Paul Ríos
- Política
"As palabras de Otegi supoñen que no País Vasco, agora si, teñamos un consenso sobre o noso pasado"
O activista pola paz e ex-coordinador de Lokarri cre que as últimas declaracións da esquerda abertzale aos dez anos do final de ETA supoñen chegar ás dúas ideas que son "mínimo común denominador" desde o que "afrontar a convivencia" en Euskadi: "O que pasou nunca debería ter pasado e non pode volver pasar".
Un gromo en Carral eleva a 15 os focos do coronavirus detectados en granxas de visóns en Galicia
Máis de 50 positivos foron rexistrados en diferentes instalacións desde que comezara a pandemia no país, que conta con 25 das 37 granxas de todo o Estado.
A Xunta suprime a limitación de mandatos das presidencias dos consellos sociais das universidades que xa se incumpría
A Xunta tira da lei de acompañamento dos orzamentos para excluír este cargo do límite de oito anos que teñen os membros destes órganos e que xa superaban os presidentes dos consellos sociais da UDC e da UVigo.
O Estado pide a Feijóo "terreos viables" para trasladar Ence tras anular a Xustiza o seu permiso de ocupación da ría
Feijóo indicou que entregou á ministra Ribera un informe sobre a eventual adscrición dos actuais terreos de Ence ao porto de Marín, posibilidade que o propio Ministerio xa desbotou e que a papeleira nin menciona na información aos accionistas sobre os seus plans de futuro