O influxo dos brotes vinculados ás viaxes estudantís mantén o cambio de tendencia da COVID en Galicia
O número de persoas hospitalizadas por coronavirus aumenta en seis e os novos contaxios detectados seguen incrementándose a un ritmo de máis dun cento diarios.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A presión hospitalaria pola COVID segue á baixa malia o brote polas viaxes a Mallorca, que suma 70 contaxios en Galicia
O número de persoas hospitalizadas por coronavirus, 42, é o máis baixo desde o pasado 14 de agosto. A cifra de contaxios detectados sitúase agora nunha media dun cento diarios.
Meirás abre por primeira vez como propiedade do Estado, que pide un relato "fidedigno" da súa historia
Os xardíns do Pazo abrirán á cidadanía o vindeiro xoves 1 de xullo tras o acto solemne deste sábado, onde a vicepresidenta do Goberno de España, Carmen Calvo, advirte que "queda moito traballo por facer" nas Torres e agradece o traballo das entidades pola memoria histórica, que piden "menos fotos e máis feitos".
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Os centros de día albiscan a normalidade tras 15 meses de peche e restricións pola COVID: "Empezamos a respirar"
Recuperan as saídas, as visitas e as actividades en grupo e ven reducidas as limitacións polo coronavirus. Falamos coas directoras de tres centros de atención diúrna que recoñecen o "alivio" e a "alegría" tras tanto tempo de angustia e temor.
A comunidade educativa reclama manter o profesorado de reforzo pola COVID e a Xunta advirte de que foi "extraordinario"
Sindicatos, docentes e anpas piden que se renoven os contratos dos docentes incorporados para reforzar o ensino durante a pandemia, que permitiu desdobrar aulas e baixar os ratios. A Consellería de Educación advirte de que a medida foi excepcional.
A caída do tráfico pola COVID en 2020 reduce a contaminación atmosférica en Galicia ao nivel máis baixo da década
Malia a mellora "sen precedentes", o 30% da poboación galega respirou aire prexudicial o pasado ano, case toda ela residente nas áreas da Coruña e Vigo.
O BNG sinala Casa Grande de Xanceda como mostra de proxecto "exemplar" no rural ameazado polo modelo eólico da Xunta
Ana Pontón visita a gandería ecolóxica e apoia a batalla que os seus propietarios levan a cabo contra macroparques eólicos que, segundo di, poñen en risco "un proxecto emblemático, dos que constrúen país".
O Breogán volve á elite: o final máis feliz na temporada "máis dura"
O equipo lucense regresa á ACB logo dun espectacular partido en Granada. Volve o derbi galego na máxima categoría do baloncesto.
Forte demanda, altos prezos de gas e CO2 e impostos por reducir: a tormenta perfecta que dispara a factura da luz
O Goberno central anunciou varias opcións para rebaixar o importe: baixar o IVE ao 10% ou suspender o tributo de xeración eléctrica ante un recibo que bate récords en plena crise pola COVID. "Se non se cambia o sistema de fixación de prezos, o importe seguirá alto; é como ir mercar sardiña e percebes e pagar todo ao prezo do percebe", ilustra a profesora Rosa Regueiro
O "litixio" gañado por Pemex a Barreras: México "finiquita" o episodio final da fracasada alianza da Xunta coa petroleira
A empresa estatal mexicana recupera máis de 13 millóns do seu investimento tras porfiar co estaleiro logo dun negocio que "resultou ser un fracaso" e que a segue a ser investigado no país azteca.
A familia dun dos mariñeiros falecidos no naufraxio de Cedeira lamenta as "dificultades para atopar un lugar en Galicia onde poder darlle sepultura"
A ausencia dun cemiterio musulmán impide que o home sexa enterrado en territorio galego.
O pedrazo cébase na Ribeira Sacra e arruína a colleita dos viñedos en San Fiz
A forte sarabiada deste mércores impacta nesta parroquia de Chantada, onde se perdeu o 100% da colleita dunhas 70 hectáreas, segundo o Consello Regulador, unha afectación que adegueiros elevan a 150: "Estamos desolados".