A proliferación de macroparques multiplica as plataformas veciñais contra o modelo eólico en Galicia
Veciñanza de numerosas localidades organízase creando asociacións para intentar deter polémicos proxectos eólicos por todo o territorio galego.
A loita contra a "invasión" eólica chega á misa: Monfero invoca a San Lourenzo contra os macroparques
O cura de Xestoso oficia unha cerimonia relixiosa na que pide axuda divina contra a proliferación de megaparques eólicos, que provocou a creación de máis de 30 plataformas veciñais contra o modelo eólico en Galicia.
- Reportaxe
- Movementos sociais Lugo
A mobilización veciñal impulsa en Abadín unha residencia de maiores nun centro educativo en desuso
A veciñanza impulsora da residencia lembra o "sufrimento" da xente que é afastada da súa contorna e a "revitalización" que a instalación suporá no concello. "Neste municipio, ata para envellecer hai que emigrar e iso é moi doloroso", di Manuel Regal, un dos impulsores
Da Mariña á historia: Adrián Ben acada o quinto posto nos 800 metros en Toquio
O atleta viveirense supera a sexta posición dos Mundiais de Doha con tan só 23 anos, é o segundo mellor europeo da proba e obtén un diploma olímpico na súa estrea nuns Xogos.
O conflito non cesa en Verín: persoal do hospital mantén a batalla xudicial contra a xerencia tras o peche frustrado do paridoiro
O equipo de xinecoloxía e mais catro matronas recorren o arquivo da súa denuncia contra o xerente da área sanitaria, Félix Rubial, por inxurias graves.
- Datos
- Economía
Galicia recupera os niveis de paro e emprego do verán pre-COVID a base de contratación masiva no sector servizos
Suma máis de 100.000 contratos para crear 14.500 empregos en xullo, mes onde o número de persoas paradas baixa en case 6.000 e o persoal en ERTE descende un 30%.
A comunidade educativa advirte dun "drástico" recorte de profesorado que a Xunta nega: "Haberá máis docentes que antes da pandemia"
Varios centros e as súas ANPAs denuncian a perda de docentes que CIG-Ensino sitúa xa en 435 menos que o curso pasado e 190 menos que hai dous en Secundaria. Educación nega con rotundidade os datos: "Non existen recortes".
Teresa Portela tórnase en lenda cunha prata nos seus sextos Xogos Olímpicos
O piragüismo galego volve entrar na historia coa medalla da deportista de 39 anos. Cangas e o club de remo de Aldán suman un novo metal olímpico aos cinco de David Cal e ao que acadou 'Perucho'.
Ana Peleteiro salta á gloria e trae o bronce olímpico para Galicia
A atleta ribeirense conságrase en Toquio co terceiro posto nunha histórica final de triplo salto na que bateu o récord de España cunha marca de 14,87 metros. O viveirense Adrián Ben, á final dos 800 metros.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Outros 1.300 novos casos manteñen a presión hospitalaria da COVID en Galicia
Un total de 316 persoas permanecen hospitalizadas no país por coronavirus, 44 delas en coidados intensivos.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia mantense por riba do milleiro de novos casos rexistrados ao día e suma 40 persoas nas UCI por COVID
O número de doentes en coidados intensivos é o maior cifra desde hai dous meses e medio.
Galicia terá 4.000 matrículas menos en Infantil e Primaria tras confirmar a peor cifra de nacementos dende que hai datos
Os datos demográficos actualizados polo IGE reflicten que en Galicia morreron 17.561 persoas máis das que naceron durante 2020, no que tan só houbo 15.261 nacementos, 457 menos que un ano antes.