Dez anos despois da fin das caixas arrecian as protestas por peches de Abanca, que porá caixeiros coa subvención da Xunta
As mobilizacións pola exclusión financeira --a última o venres en Portas-- continúan ao cumprirse unha década da bancarización dos restos das caixas tras un rescate público de 9.000 millóns de euros.
Cargos locais do PP póñense á fronte das mobilizacións contra o peche de sucursais de Abanca
Impulsan mobilizacións, recriminan a "deslealdade" da entidade co rural ou propoñen declarar 'persoa non grata' a Escotet, presidente do banco. Os alcaldes populares de Portas, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro lideraron este venres outra marcha.
A Xunta confirma que Abanca gañou a súa subvención para instalar caixeiros onde xa non hai sucursais
A Consellería de Facenda corrobora o que a entidade xa comunicara ao seu persoal hai máis dun mes. O banco 'herdeiro' das antigas caixas faise coa axuda de ata 2,8 millóns para os próximos catro anos.
Réquiem polas sucursais perdidas e pola "dignidade do rural galego"
As protestas polo peche de oficinas de Abanca continúan, desta vez cun velorio en Campo Lameiro que vira nunha alerta polo abandono do rural. Portas convoca unha concentración para o venres tras a marcha que varios municipios impulsaron na Coruña a pasada semana.
Orografía escarpada, fume estancado e comunicacións caídas na Ribeira Sacra: "Foi coma meterse nun volcán"
Membros dos equipos de extinción advirten que o de Ribas de Sil foi "un dos incendios máis complexos" que afrontaran nunca. Ás duras condicións climatolóxicas sumouse un terreo abrupto ou horas de incomunicación.
O BNG reclama unha comisión de investigación no Parlamento sobre o baleirado dos encoros
O Bloque pretende aclarar por que a Xunta non impediu a brusca baixada de nivel dos encoros malia coñecer as intencións das eléctricas e por que reduciu un 90% as posibles sancións ás empresas.
Abanca dá por feito que gañou a subvención da Xunta para instalar caixeiros onde xa non hai sucursais
A entidade comunicou ao seu persoal que se fará coa axuda da Administración: 16.000 euros por máquina ata 2,8 millóns en catro anos. O banco pecha este mércores varias sucursais entre as protestas de veciñanza e Concellos.
Adiaratou Iglesias e Susana Rodríguez fan voar a Galicia nos Xogos Paralímpicos
A expedición galega remata con catro medallas e nove diplomas olímpicos en Toquio, onde se ergueron as figuras da lucense, con ouro nos 100 metros e prata nos 400, e da viguesa, campioa en tríatlon.
A nova definición da UE das zonas en declive demográfico constata o problema de Galicia e ábrelle a porta aos fondos para palialo
O investigador galego Serafín Pazos impulsou a inclusión do concepto de áreas en crise demográfica no regulamento, que permitirá a máis de 180 concellos optar a fondos específicos da UE para afrontar a perda de poboación.
A fin da temporada alta de verán destrúe 12.000 empregos nos últimos días de agosto en Galicia
A afiliación media á Seguridade Social sobe en 3.200 persoas pero cae bruscamente no último día de mes. O paro rexistrado descende en 670 persoas.
- Entrevista | Manuel Muíño, alcalde de Zas Exclusión financeira
- Economía
"Non é un simple peche dunha sucursal de Abanca, é outra agresión, outra forma de despoboar o rural"
Os Concellos de Zas, A Baña e Vimianzo convocan para este xoves unha manifestación contra a clausura das oficinas do banco nas súas localidades e ás que xa se uniron outros gobernos locais. "A Xunta mira para outro lado", di o rexedor zaseiro.
Veciñanza e gobernos municipais rebélanse por toda Galicia contra Abanca polo peche de sucursais
Varios executivos locais impulsan este xoves unha manifestación ante a sede do banco para rexeitar o peche de oficinas e outros amosan a súa indignación coa entidade. En Galicia xa hai medio cento de municipios sen sucursal bancaria ningunha.