Abanca recupera só parte do servizo bancario nalgúns concellos tras as protestas polo peche de sucursais
En Portas abrirá martes e xoves a oficina e en Campo Lameiro trasladará unha unidade móbil tres días por semana. Outros municipios afectados advirten de que manterán as mobilizacións mentres aumenta a retirada de cartos da entidade ou a imposición de novas taxas aos bancos
O desmantelamento da industria eólica afonda na crise industrial do norte de Galicia
O anunciado peche de Vestas en Viveiro únese ao de hai meses de Gamesa nas Somozas, dúas empresas que deixan Galicia ao tempo que invisten en Portugal. Eume, Ortegal, Ferrolterra e A Mariña engaden estes despedimentos á incerteza por Alcoa e á clausura da central de Endesa.
Feijóo suxire negocios do naval galego con Colombia unha década despois de aferrarse a Pemex
Inclúe os estaleiros entre os posibles beneficiarios de futuros acordos co goberno colombiano aos dez anos da negociación da "alianza estratéxica" coa petroleira estatal mexicana, que acabou con ducias de promesas incumpridas, a venda de Barreras e a investigación dos negocios en Galicia por parte da Fiscalía e o propio Estado mexicano.
Vestas suma a súa fábrica de Viveiro á vaga de peches da industria eólica en Galicia
A multinacional danesa, que hai apenas dous anos proclamaba o seu "compromiso con Galicia" tras celebrar o seu vixésimo aniversario en Viveiro, alega razóns de "competitividade" e de integración dos seus negocios de eólica terrestre e mariña para pechar a factoría mariñá, onde traballan máis de cen persoas. O peche chegará menos dun ano despois da fin da fabricación de pas eólicas na factoría de Siemens-Gamesa nas Somozas
A cita presencial ordinaria volve á Atención Primaria, que segue "saturada" e co persoal "desbordado"
O Sergas permite desde este xoves solicitar unha cita para ser atendido nos centros de saúde, onde o persoal mantén as críticas polas longas listas de espera, a excesiva carga de traballo ou a falta de medios e investimentos.
40 anos da odisea do 'Xurelo': "Debería figurar no calendario de vitorias de Galicia e da humanidade"
Hai catro décadas, un palangreiro de Ribeira liderou en solitario as protestas que acabarían cos vertidos radioactivos na Foxa Atlántica. Falamos co escritor e xornalista Manuel Rivas, un dos membros da tripulación daquela xa emblemática embarcación.
O Estado dá máis tempo para o pago da débeda do Porto da Coruña se Concello e Xunta mercan peiraos do centro da cidade
O goberno local desbota a condonación. Batería e Calvo Sotelo pasarán a pertencer nun 75% ao Concello, nun 20% á Administración autonómica e nun 5% a Autoridade Portuaria, que pagarán a compra ata 2035.
O PP cre "complicado explicar" a subvención da Xunta a Abanca polos caixeiros no rural e pídelle "responsabilidade social"
Pedro Puy, portavoz parlamentario do PPdeG, asume que é difícil entender "que se dea unha axuda a unha entidade privada que ten os seus beneficios por unha decisión para poder seguir manténdoos". A oposición insta a Feijóo a "evitar a exclusión financeira" e acúsao de "submisión" ao banco.
Atrasos de ata cinco meses na facturación da luz xeran "alarma" en particulares e empresas en Galicia
Importantes demoras na emisión da factura por parte das eléctricas. UUAA advirte da "incerteza" entre os gandeiros polo seu alto consumo enerxético e a posibilidade de "desembolsos inasumibles" de golpe en plena alza dos prezos da electricidade.
Abanca di que instalar caixeiros no rural coa subvención da Xunta non lle é rendible: "É compromiso social"
"Non abandonamos ningún municipio galego; se pechamos a oficina, queda un caixeiro", afirma González Eiroa, director da Rede Comercial de Abanca. A entidade asegura que, aínda coa subvención, a colocación de caixeiros no rural "é deficitaria" e "un esforzo económico" para a Xunta e para o banco 'herdeiro' das desaparecidas Caixanova e Caixa Galicia, que é "máis parte da solución que do problema"
Case 8.000 persoas vacinadas nun día sen cita previa contra a COVID, que segue a reducir os contaxios
Máis do 75% das doses postas este pasado sábado en Galicia foron para persoas sen cita, na primeira xornada na que se abriu esta posibilidade. Os casos activos baixan dos 4.000 e as novas infeccións detectadas quedan en 146.
Voltou o Xerión: o misterio das caveiras que invaden A Coruña
Paredes e muros aparecen decoradas cun teselado que representa a caveira do xigante, símbolo da cidade. O Concello aposta por retiralas entre polémica polo apoio de moita veciñanza a unha acción artística anónima.