A empresa da Xunta e Abanca elixe un competidor de Ence para a fábrica téxtil que quere financiar con fondos da UE
Impulsa Galicia, firma público-privada encabezada polo Goberno galego e Abanca xunto a Reganosa e Sogama , elixiu a portuguesa Altri para a fabricación de 200.000 toneladas anuais de fibra téxtil a partir da madeira. O proxecto non ten emprazamento definido nin, polo momento, tampouco datas previstas
A concesionaria do bus na Coruña consegue frear no xulgado a baixada das tarifas tras anos de beneficios millonarios
O TSXG anula a redución que avalara antes o xulgado tras advertir do beneficio “extraordinario ou excepcional por excesivo” da Compañía de Tranvías, que repartiu 2,6 millóns en dividendos en 2019 e recoñece que paralizou investimentos durante anos.
Os contactos estreitos de positivos COVID poderán acudir a clase se están vacinados
A Xunta actualiza e relaxa as medidas do protocolo para o ensino, que aclara que un convivente dun contaxiado por coronavirus poderá ir ás aulas se está inmunizado ou pasou a doenza nos últimos seis meses.
5.400 empregos menos e máis paro coa fin do verán en Galicia, que racha a tendencia positiva no Estado
As inscricións nas oficinas de emprego descenderon na agricultura, na industria e na construción pero aumentaron en case 2.000 no sector servizos. A sinatura de máis de 96.000 contratos non impide a destrución de milleiros de postos de traballo.
O director xeral da CRTVG acusa traballadores de alegar persecución ideolóxica por "intereses persoais"
Sánchez Izquierdo nega represalias a profesionais polo seu posicionamento político ou reivindicacións, como denuncia a oposición.
As denuncias por violencia machista aumentan un 10% no segundo trimestre do ano
Un total de 1.469 mulleres denunciaron seren vítimas de violencia de xénero en Galicia no segundo trimestre do ano, un 10,4 % máis que no mesmo período do ano pasado.
O Banco de España alerta da exclusión financeira en Galicia, con 300.000 persoas con difícil acceso a efectivo
Advirte que máis do 32% da poboación da provincia de Ourense e o 27% da de Lugo é vulnerable aos atrancos para acceder a caixeiros ou sucursais, nun informe que ten en conta, sobre todo, a distancia ao banco e a idade media.
Dous terzos dos pequenos concellos consultados pola Fegamp perderon sucursais bancarias neste ano
O informe da entidade para "radiografar" o nivel de exclusión financeira en Galicia alerta da "preocupante" situación, agravada polas "características sociodemográficas e de dispersión da poboación". O inquérito ás administracións locais constata a perda dun cento de oficinas máis nos últimos meses.
Ence cre que marchar da ría lle custaría uns 200 millóns e prevé ter que facelo en dous anos se fracasa o seu recurso
A pasteira gañou 11 millóns no segundo trimestre do ano pero aclara que o impacto das sentenzas contrarias á prórroga supóñenlle unha deterioración de activos e provisión de gastos ante o posible desmantelamento por máis de 190 millóns.
A empresa que rastrexou ata agora a COVID para o Sergas despídese do servizo en pleno conflito laboral
Persoal doutra campaña de Universal Support leva a cabo paros e protestas polo seu traslado sen compensación a outro centro. A empresa encargada do rastrexo perdeu o servizo que veu realizando para o Sergas, que llo adxudicou a outra compañía cunha oferta máis barata.
A Fiscalía cre que a CRTVG sancionou un traballador en represalia por mobilizarse nos 'venres negros'
Visto para sentenza o xuízo no que o locutor Carlos Jiménez reclama a revogación da sanción imposta e a condena á canle pública por vulneración de dereitos fundamentais.
- Entrevista | Manel Pazo Sector eólico
- Economía
"En Galicia estase intentando demonizar o sector eólico, que é o futuro da economía europea"
O presidente da patronal eólica galega asegura que a criticada "avalancha" de muíños non é tal, advirte da paralización na construción de parques e pon deberes ás administracións. "En Galicia hai presentados proxectos eólicos por 15.000 MW , pero o sector pide 500 MW ao ano", mantén